DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 9 de abril de 2025 Páx. 21415

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 10 de marzo de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Redondela (expediente DH.A36.93102).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Gloria Álvarez Álvarez.

Expediente: DH.A36.93102.

Volume total anual: 946,40 m³/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,083 l/s.

Destino: rega.

Orixe: manancial na parc. 9004, pol. 44.

Lugar: A Igrexa.

Parroquia: Cabeiro.

Concello: Redondela.

Descrición:

A auga cáptase no interior dunha mina con acceso desde SE parc. 158, pol. 44, e condúcese baixo estrada para a rega das parcelas 108 e 364 do polígono 45 de Redondela.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2-4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 10 de marzo de 2025

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur