
Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo III do Regulamento de execución (UE) nº 2022/129 da Comisión, do 21 de decembro de 2021, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 2021/2115, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indica, por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:
1. Poder adxudicador:
1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.
1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.
1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.
1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
1.5. Código NUTS: ES111.
1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
1.7. Fax: 981 95 74 03.
1.8. Teléfono: 981 95 74 01.
1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/
1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216
Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas, e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/
2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:
2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.
2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.
3. Códigos CPV: 71311100-2 (servizos de asistencia en enxeñaría civil).
4. Código NUTS do lugar principal do servizo: ES114 Ponteareas (Pontevedra).
5. Descrición do obxecto da licitación: servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra de rede de saneamento nos núcleos da Freixa, O Souto e O Eido. Parroquia de Ribadetea. Fase I. Ponteareas (Pontevedra), obra con referencia de expediente AUG-2024-0020 (expediente AUG-2024-0066).
6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.
7. Orzamento base de licitación: importe neto: 34.959,75 €. Importe total: 42.301,30 €.
8. Valor estimado do contrato: 44.945,33 €. Inclúe o orzamento base de licitación (34.959,75 €) e a/as posible/s prórroga/s contractual/is ordinaria/s prevista/s (9.985,58 €).
9. Prazo de execución do contrato: 7 meses. Previsión de prórrogas contractuais ata un máximo de 2 meses.
10. Criterios de adxudicación:
10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.
10.2. Criterios de adxudicación (en orde decrecente por puntuación e ponderación): proposición económica (41), análise do documento técnico da obra (20), metodoloxía para a execución dos traballos de control de materiais, equipamentos e unidades de obra (17), metodoloxía para a execución dos traballos de elaboración dos informes de inspección da obra e/ou implantación dos programas de seguimento e control establecidos para a obra (12) e medidas para o impulso demográfico (10).
11. Data da adxudicación do contrato: 27 de decembro de 2024.
12. Número de ofertas recibidas:
12.1. Ofertas totais: 5.
12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 5.
12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.
12.4. Ofertas por vía electrónica: si.
13. Data de formalización ou celebración do contrato: 20 de xaneiro de 2025.
14. Empresa contratista:
14.1. Nome da empresa ou, de ser o caso, UTE: Aquática Ingeniería Civil, S.L.
14.2. NIF: B36962314.
14.3. Enderezo: r/ Areal, 42-2º D, 36201 Vigo (Pontevedra).
14.4. Código NUTS: ES114.
14.5. Correo electrónico: info@aquaticaingenieria.com
14.6. Fax: 986 11 62 06.
14.7. Teléfono: 659 85 09 67.
14.8. Pequena ou mediana empresa: si.
15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 29.764,73 €. Importe total: 36.015,32 €.
16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:
Actuación cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 60 % do gasto elixible, no marco do Plan estratéxico da PAC 2023_2027 (PEPAC) en Galicia.
A actuación encádrase dentro do PEPAC na intervención 6872_ Investimentos non produtivos en servizos básicos en zonas rurais e subintervención 68720_05_ Augas. Abastecemento e saneamento.
17. Servizo do que se pode obter información sobre o contrato formalizado:
17.1. Nome: Contratación de Augas de Galicia.
17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.
17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
17.4. Código postal: 15781.
17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
17.6. Fax: 981 95 74 03.
17.7. Teléfonos: 981 95 74 01.
Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.
19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.
20. Outras informacións:
Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 7 de maio de 2024.
Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 30 de decembro de 2024.
Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 26 de xaneiro de 2025.
Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2025
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia
