No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense tramítase o recurso 52/2025 (procedemento abreviado) interposto por Sandra Rivero Vila, contra a desestimación presunta, por silencio administrativo, do recurso de reposición interposto fronte á Resolución do 6 de novembro de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fai público o acordo do tribunal que xulga o proceso selectivo para o ingreso na categoría de enfermeiro/a, convocado pola Resolución do 15 de marzo de 2022, relativo á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as (DOG núm. 225, do 21 de novembro de 2024).
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2025
María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos
