DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 10 de abril de 2025 Páx. 21925

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Illa de Arousa

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de reforma interior da área de repartición número 35 do Plan xeral de ordenación municipal.

Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local, do 20 de febreiro de 2025, aprobouse inicialmente o Plan especial de reforma interior da área de repartición nº 35 do Plan xeral de ordenación municipal, promovido por instancia de Manuel Barbeito Hernández en representación da citada área e redactado polo arquitecto Antonio Hernández Crespo.

En cumprimento do disposto no artigo 75 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública por un prazo de dous meses mediante a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no periódico Faro de Vigo, no taboleiro de edictos do concello, así como no taboleiro de anuncios da sede electrónica. Durante ese prazo, que se computará a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, poderán presentarse alegacións, suxestións ou documentos que se coiden oportunos en relación co instrumento ou co expediente sometido a información pública.

O expediente completo estará ao dispor dos interesados no Departamento de Urbanismo do concello, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

A Illa de Arousa, 20 de marzo de 2025

Luis Arosa García
Alcalde presidente