En sesión que tivo lugar o día 31 de marzo de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 18 de decembro de 2023 (DOG núm. 240, do 20 de decembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual,
ACORDOU:
Primeiro. Mediante a Resolución do 8 de outubro de 2024 (DOG núm. 204, do 22 de outubro), este tribunal acordou elevar á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, para os efectos de que as persoas que figuran nela fosen propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.
Con data do 25 de marzo de 2025, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal requírelle a este tribunal que propoña unha nova persoa aspirante, xa que a persoa proposta como número 27, Saúl Álvarez Rodríguez (NIF ***9040**), non cumpre os requisitos exixidos na convocatoria e, polo tanto, perdeu o seu dereito a adquirir a condición de persoal funcionario de carreira da agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
De acordo coa base 2.2 da convocatoria, a orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma da puntuación dos exercicios da oposición. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior ao de prazas convocadas.
Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, de se produciren renuncias das persoas que superaron o proceso selectivo, antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano que convoca poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación as propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deduza que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira.
Por todo isto, este tribunal acorda modificar a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, establecida na Resolución do 8 de outubro de 2024 (DOG núm. 204, do 22 de outubro), e facer pública, como anexo a esta resolución, a relación que inclúe unha nova persoa aspirante que superou o proceso selectivo, coas puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitación previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal), que ocupa a posición que se reflicte no anexo na orde de persoas aspirantes propostas para o seu nomeamento como funcionarios de carreira, polo que se procede a renumerar a orde a partir do posto número 27.
Segundo. De conformidade coa base 4.2 da convocatoria, a persoa aspirante disporá dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución, para presentar a documentación prevista na citada base.
Terceiro. Elevar esta resolución á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para os efectos de que a persoa que figura nela sexa proposta para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.
Cuarto. De conformidade co disposto na base 3.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante a persoa titular da consellería competente en materia de emprego público, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2025
Constantino Piñeiro Cajete
Presidente do tribunal
ANEXO
|
Nº de orde |
Apelidos e nome |
NIF |
1º exercicio |
2º exercicio |
Total |
|||
|
Acertos parte xeral |
Acertos parte especial |
Total |
Puntuación |
|||||
|
28 |
Gómez Grande, Pablo |
***9933** |
18 |
25 |
43 |
75,00 |
10,00 (exento) |
85,00 |
