DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 10 de abril de 2025 Páx. 21500

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2025 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 16 de decembro de 2024, pola que se adxudican as axudas da Orde do 18 de setembro de 2024 na que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a formación de doutores e doutoras das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) en empresas e centros de innovación e tecnoloxía, Programa de doutoramentos industriais, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2024 (código de procedemento IN606D).

A Orde do 18 de setembro de 2024 (DOG núm. 189, do 1 de outubro) establece as bases reguladoras e a convocatoria de axudas para a formación de doutores e doutoras das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) en empresas e centros de innovación e tecnoloxía, programa de doutoramentos industriais, e procedeu á súa convocatoria para o exercicio 2024.

A Resolución do 16 de decembro de 2024 (DOG núm. 247, do 24 de decembro) adxudicou as axudas para a formación de doutores e doutoras das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) en empresas e centros de innovación e tecnoloxía ás entidades que contraten as persoas seleccionadas que se relacionan no seu anexo I.

O artigo 26 das bases da convocatoria establece que, no caso de que se produza algunha renuncia ou outra causa de extinción da relación laboral, a entidade beneficiaria deberá comunicala, mediante escrito motivado da persoa seleccionada, dirixido á Secretaría Xeral de Universidades ou á Axencia Galega de Innovación, segundo corresponda, dentro do prazo máximo de quince (15) días desde que se produza, e que se poderá adxudicar unha nova axuda de acordo coa prelación sinalada na lista de espera, sempre e cando a renuncia se produza antes do 1 de marzo de 2025.

De acordo co antedito,

RESOLVO:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada pola entidade beneficiaria das axudas para a formación de doutores e doutoras das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) en empresas e centros de innovación e tecnoloxía, programa de doutoramentos industriais para o ano 2024, correspondente á entidade que se relaciona no anexo I.

Segundo. Adxudicar a axuda á entidade candidata situada no primeiro lugar da lista de espera desta convocatoria que se relaciona no anexo II.

Terceiro. A disposición dos créditos das partidas orzamentarias 07.02.561B.744.0, 07.A2.561A.470.0, 07.A2.561A.770.0, 07.A2.561A.480.0 e 07.A2.561A.781.0 quedan distribuída, de acordo coa renuncia indicada e a nova axuda procedente da lista de espera, tal como se indica nas táboas que se relacionan no anexo III.

Cuarto. O artigo 8 das bases da convocatoria establece que as axudas serán para un período máximo de tres anos, que se contarán a partir da data da resolución de adxudicación das axudas ou da data do contrato, se esta é posterior.

Quinto. A entidade beneficiaria deberá enviar un escrito de aceptación da axuda segundo o establecido no artigo 18 da convocatoria.

Sexto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Presidencia da Axencia Galega de Innovación ou ante a persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2025

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
P.D. (Artigo 26, Orde do 18.9.2024)
Carmen Cotelo Queijo
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Renuncia á axuda concedida

Nº de

expediente

NIF da

entidade

Entidade

NIF persoa investigadora doutoranda candidada

Persoa

investigadora

doutoranda

Universidade

Aplicación

orzamentaria

Importe (en euros)

Réxime de minimis

(Regulamento (UE) 2023/2831

2024

2025

2026

2027

2028

Total

01_IN606D_2024_3056515

A15031727

Empresa Municipal de Aguas de La Coruña, S.A.

***3144**

Alejandro Vidal Bralo

Universidade da Coruña

07.A2.561A.470.0

1000

21.000,00

29.000,00

24.000,00

4.000,00

79.000,00

Si

07.A2.561A.770.0

0,00

5.000,00

5.000,00

5.000,00

0,00

15.000,00

07.02.561B.744.0

0,00

10.000,00

10.000,00

10.000,00

0,00

30.000,00

Total

1.000,00

36.000,00

44.000,00

39.000,00

4.000,00

124000,00

ANEXO II

Axuda da lista de espera concedida

Nº de

expediente

NIF da

entidade

Entidade

NIF persoa investigadora doutoranda candidata

Persoa investigadora doutoranda

Universidade

Aplicación

orzamentaria

Importe (en euros)

Réxime de minimis

(Regulamento

(UE)2023/2831

2025

2026

2027

2028

Total

10_IN606D_2024_3124899

B94153178

Biopranaworld, S.L.

***9364**

Camila Rey Díaz

Universidade de Vigo

07.A2.561A.470.0

22.000,00

27.000,00

24.000,00

4.000,00

77.000,00

Si

07.A2.561A.770.0

5.000,00

5.000,00

5.000,00

0,00

15.000,00

07.02.561B.744.0

10.000,00

10.000,00

10.000,00

0,00

30.000,00

Total

37.000,00

42.000,00

39.000,00

4.000,00

122.000,00

ANEXO III

Disposición dos créditos das partidas orzamentarias

Entidade

beneficiaria

Nº de axudas

Aplicación orzamentaria (código de proxecto)

Crédito (en euros)

2024

2025

2026

2027

2028

Total

Empresas

11

07.A2.561A.470.0 (2016 00004)

10.000,00 €

232.000,00 €

319.000,00€

264.000,00 €

44.000,00 €

869.000,00 €

11

07.A2.561A.770.0 (2016 00004)

0,00 €

55.000,00 €

55.000,00 €

55.000,00 €

0,00 €

165.000,00 €

1

07.A2.561A.480.0 (2016 00004)

1.000,00 €

21.000,00 €

29.000,00 €

24.000,00€

4.000,00€

79.000,00 €

1

07.A2.561A.781.0 (2016 00004)

0,00 €

3.879,00 €

3.879,00 €

3.879,00 €

0,00 €

11.637,00 €

Centros de innovación e tecnoloxía

3

07.A2.561A.480.0 (2016 00004)

3.000,00 €

63.000,00 €

83.000,00 €

72.000,00 €

12.000,00 €

233.000,00 €

07.A2.561A.781.0 (2016 00004)

0,00 €

15.000,00 €

15.000,00 €

15.000,00 €

0,00 €

45.000,00 €

Total convocatoria

14.000,00 €

389.879,00 €

504.879,00 €

433.879,00 €

60.000,00 €

1.402.637,00 €

Universidades

Nº de axudas

Aplicación orzamentaria (código de proxecto)

Crédito (en euros)

2024

2025

2026

2027

2028

Total

UDC

1

07.02.561B.744.0 ( 2016 00129)

0,00 €

10.000,00 €

10.000,00 €

10.000,00 €

0,00 €

30.000,00 €

USC

9

0,00 €

90.000,00 €

90.000,00 €

90.000,00 €

0,00 €

270.000,00 €

Uvigo

5

0,00 €

50.000,00 €

50.000,00 €

50.000,00 €

0,00 €

150.000,00 €

Total

15

0,00 €

150.000,00 €

150.000,00 €

150.000,00 €

0,00 €

450.000,00 €