DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 10 de abril de 2025 Páx. 21508

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Promoción da Igualdade, pola que se procede á publicación do requirimento de emenda de documentación das solicitudes presentadas no procedemento SI436C, ao abeiro da Orde do 20 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia para financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e para o desenvolvemento das actuacións do Plan Corresponsables, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento SI449B e SI436C).

No Diario Oficial de Galicia número 30, do 13 de febreiro de 2025, publícase a Orde do 20 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia para financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e para o desenvolvemento das actuacións do Plan Corresponsables, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento SI449B e SI436C).

A través da dita orde convócanse as subvencións destinadas ás asociacións de nais e pais de alumnado (ANPA) e ás federacións ou confederacións de ANPA dos centros educativos sustentados con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para as seguintes liñas de actuación: a) Actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres (SI449B) e b) Actuacións orientadas a facilitar a corresponsabilidade nas familias con menores a cargo de ata 16 anos incluídos, mediante a creación de servizos de coidado profesional e a creación de emprego de calidade no ámbito dos coidados, así como accións de formación e sensibilización en corresponsabilidade e coidados destinados ao desenvolvemento do Plan Corresponsables (SI436C).

O prazo e a forma de presentación das solicitudes están regulados no artigo 5 da Orde do 20 de decembro de 2024. Así mesmo, no artigo 6 determínase a documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde no procedemento SI436C pola unidade administrativa tramitadora e encargada da instrución do procedemento, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos, e procedeuse á emisión do requirimento da correspondente emenda no prazo de dez días hábiles desde a súa notificación ao abeiro do disposto no artigo 10.1.

O parágrafo segundo do dito artigo 10.1 da Orde do 20 de decembro de 2024 dispón que, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o requirimento de emenda das solicitudes publicarase no Diario Oficial de Galicia, o cal producirá os mesmos efectos da notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do requirimento de emenda das solicitudes presentadas no procedemento SI436C ao abeiro da Orde do 20 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia para financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e para o desenvolvemento das actuacións do Plan Corresponsables, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento SI449B e SI436C), emitido o 27 de marzo de 2025, por non estar debidamente cubertas e/ou non achegar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras e que figura no anexo desta resolución (anexo: requirimento de emenda de documentación-SI436C 2025).

2. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes que figuran no anexo desta resolución de que son requiridas para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece nesta resolución, coa advertencia de que, de non o facer, se darán por desistidas da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que se dite a oportuna resolución ao abeiro do artigo 21 da dita lei.

3. Informar as persoas interesadas de que, de acordo co establecido no artigo 10 das bases reguladoras, a presentación da documentación requirida debe ser realizada electronicamente accedendo á carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Na sede electrónica da Xunta de Galicia están dispoñibles os modelos normalizados dos anexos relativos ao procedemento SI436C https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=SI436C&ano=2025&numpub=1&lang=gl

4. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Dirección Xeral de Promoción da Igualdade a través dos teléfonos indicados no artigo 23 da convocatoria 881 99 59 81, 881 99 59 47, 881 99 59 96, 881 99 57 65, ou presencialmente.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2025

María Quintiana Pérez
Directora xeral de Promoción da Igualdade

ANEXO

Requirimento de emenda de documentación (SI436C 2025)

Asunto: requirimento de emenda de solicitudes relacionadas a seguir por non estar debidamente cubertas e/ou non achegar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras.

Data do requirimento: 27 de marzo de 2025.

Efectos: no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, cómpre emendar o erro ou achegar os documentos preceptivos que figuran na relación, coa advertencia de que, de non o facer, daranse por desistidas da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que se dite a oportuna resolución ao abeiro do artigo 21 da dita lei.

Órgano instrutor: Subdirección Xeral de Promoción da Igualdade.

Relación de solicitudes suxeitas a emenda de documentación:

Programa do Plan Corresponsables nas ANPA (SI436C).

Nº de expediente

ANPA

Documentación requirida

SI436C-2025-00000001-00

ANPA A Porteliña

Anexo II.2

A data do acordo da Xunta Directiva debe estar dentro do prazo de solicitude da subvención

Punto 4: achegar toda a composición da Xunta Directiva

Anexo III.2

Punto 2.1: desagregar unha fila por cada actuación prevista, e cubrir todas as columnas

Punto 3.1: descrición máis detallada das actuacións previstas

Punto 3.3 (contratación externa): desagregar unha fila por persoa contratada, e cubrir todas as columnas.

SI436C-2025-00000002-00

ANPA A Mimosa

Anexo II.2

Punto 4: achegar toda a composición da Xunta Directiva

Anexo III.2

Punto 3.3 (contratación externa): deberase indicar o perfil profesional da persoa traballadora, a xornada de traballo e o tipo de contrato

SI436C-2025-00000003-00

APA Trastambre

Anexo II.2

Punto 4: especificar o número total de persoas da Xunta Directiva, o número total de mulleres e de homes e, de ser o caso, achegar toda a composición da Xunta Directiva.

Punto 5: indicar o enderezo da páxina web

Anexo III.2

Punto 2: cubrir o punto 2.1 en lugar do 2.2. xa que se trata de servizos de coidados e non accións de formación

Punto 2.1: as datas das actividades deben estar dentro do período subvencionable

Punto 3.3: as datas das contratacións deben estar dentro do período subvencionable e adaptar o orzamento ás novas datas

SI436C-2025-00000004-00

ANPA Outeiro do Sino

Anexo II.2

Cuberto e asinado polo/a secretario/a da ANPA.

Anexo III.2

Cubrir todas as epígrafes correspondentes ás actividades de servizos de coidados

Memoria complementaria: debe estar asinada polo/a representante da entidade

SI436C-2025-00000005-00

ANPA Brea Segade

Anexo I.2 e anexo III.2

Acreditar a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito

Anexo II.2

Cuberto e asinado polo/a secretario/a da ANPA

Anexo III.2

Puntos 2.1 e 2.2: cubrir as actuacións que se van levar a cabo segundo sexan servizos de coidados ou actividades de formación ou sensibilización

Punto 3.1: os contidos das actividades de servizos de coidados ou de formación e sensibilización deben cinguirse ao recollido no artigo 27.2.1 e 27.2.2 e, de ser o caso, adaptar o orzamento e os custos de persoal ás modificacións

Punto 3.2.1: cubrir as persoas participantes no caso de servizo de coidados

Punto 3.3: completar o cadro no caso de contratación externa

SI436C-2025-00000006-00

ANPA Valadares-Sobreira

Anexo II.2

Cuberto e asinado polo/a secretario/a da ANPA

Anexo III.2

Punto 3.3: completar o cadro de contratación externa cos custos de persoal

SI436C-2025-00000008-00

ANPA A Ponte-Lugo

Anexo III.2

Punto 2.2 , 3.1 e 3.3: especificar o número exacto de horas por día de todas actividades que se van desenvolver

Punto 3.1: indicar descrición detallada da/s actuación/s que se van desenvolver

SI436C-2025-00000009-00

ANPA CEIP Rosalía de Castro–Lugo

Anexo III.2

Punto 2.1: indicar a/as instalación/s pública/s onde se desenvolven as actividades

Punto 3.1: indicar descrición detallada da/s actuación/s que se van desenvolver

SI436C-2025-00000010-00

ANPA Sagrado Corazón

Anexo II.2

Punto.4: indicar os datos de todas as persoas da Xunta Directiva

Anexo III.2

Punto 3.3: aclarar datas de campamento de Nadal

Punto 3.1: indicar descrición detallada da/s actuación/s que se van desenvolver

SI436C-2025-00000011-00

ANPA do CEE Santa María de Lugo

Anexo III.2

Punto 2.1: as datas das actividades deben estar dentro do período subvencionable

Punto 3.1: indicar se a/s actividade/s se desenvolven tamén en días ou períodos non lectivos

SI436C-2025-00000012-00

ANPA do CEIP Cruz Budiño Porriño

Anexo II.2

Cuberto e asinado polo/a secretario/a da ANPA

Punto 4: indicar os datos de todas as persoas da Xunta Directiva

Anexo III.2

Punto 1: cubrir a denominación da medida ou programa

Punto 2.1: cubrir todos os datos do punto 2.1

Punto 3.1: cubrir a descrición das actuacións que se van desenvolver

Punto 3.2.1: cubrir os datos das persoas participantes

Punto 3.3: cubrir o cadro de persoal da propia entidade ou/e de persoal contratado externo

SI436C-2025-00000013-00

ANPA do CEIP Rabadeira de Oleiros

Anexo I.2 e anexo III.2

Acreditar a representación por calquera medio válido en dereito

Anexo II.2

Punto 1: a contía solicitada non coincide coa indicada no anexo I.2 nin no punto 3.3 do anexo III.2

Anexo III.2

Punto 2.1 e punto 2.2: as datas das actividades deben estar dentro do período subvencionable

Punto 2.1: cubrir o número de horas/día e se presta servizo en días festivos ou fins de semana

Punto 3.1: especificar os servizos de coidados que vai desenvolver o persoal contratado

Memoria complementaria: debe estar asinada polo/a representante da entidade

SI436C-2025-00000014-00

ANPA do IES Castro Baroncelli

Anexo III.2

Punto 2.2 e 3.1: todos os contidos da actividade Escola de familias deben cinguirse ao recollido no artigo 27.2.2 para seren subvencionables; de ser o caso, adaptar os orzamentos de custos de persoal ás modificacións

Punto 2.2 e 3.3: deberán coincidir as datas de inicio e fin da/das actuacións coas de inicio e fin do contrato para a contratación externa.

Desagregar as horas das actividades das accións de formación e sensibilización especificando a que se dedican

SI436C-2025-00000015-00

ANPA do CEIP Medeiros

Anexo III.2

Punto 2.2. e Punto 3.1: todos os contidos da actividade Escola de familias deben cinguirse ao recollido no artigo 27.2.2. para seren subvencionables; de ser o caso, adaptar o orzamento e os custos de persoal ás modificacións

Punto. 2.2 e 3.3: deberán coincidir o número de horas das actuación/s que se van desenvolver

Desagregar as horas das actividades das accións de formación e sensibilización especificando a que se dedican

SI436C-2025-00000017-00

ANPA Sagrado Corazón-Celanova

Anexo II.2

Punto 4: achegar toda a composición da Xunta Directiva

Anexo III.2:

Nos puntos 2.2 e 3.3: as horas das accións de formación e sensibilización non coinciden

Desagregar as horas das actividades das accións de formación e sensibilización especificando a que se dedican

SI436C-2025-00000019-00

ANPA San Fermín de Caldas de Reis

Memoria complementaria: debe estar asinada polo/a representante da entidade

SI436C-2025-00000020-00

ANPA Altamar

Anexo III.2

Punto 3.3: cubrir o cadro de persoal da propia entidade ou de persoal contratado externo

SI436C-2025-00000021-00

ANPA CEIP Amaro Refojo

Desagregar as horas das actividades das accións de formación e sensibilización especificando a que se dedican

SI436C-2025-00000022-00

ANPA Otero Pedrayo

Anexo III.2

Punto 3.1: concretar o número horas das actuacións e o número de monitores

Punto 3.1: indicar a descrición detallada da/das actuación/s que se van desenvolver.

SI436C-2025-00000023-00

ANPA CEIP Escultor Acuña

Anexo I.2

Medida solicitada: cubrir o cadro correspondente

SI436C-2025-00000024-00

ANPA Vista Alegre

Anexo II.2

Indicar os datos de todas as persoas da Xunta Directiva

Anexo III.2

Concretar qué días non lectivos se desenvolven os coidados

Concretar como se realizará a formación en liña

Memoria complementaria: debe estar asinada polo/a representante da entidade

SI436C-2025-00000026-00

APA Airiña

Desagregar as horas das actividades das accións de formación e sensibilización especificando a que se dedican

SI436C-2025-00000028-00

ANPA Franciscanas

Anexo II.2

Indicar os datos de todas as persoas integrantes da Xunta Directiva

Anexo III.2

Punto 2.1: indicar o inicio e fin das datas reais de todas as actividades de coidados e se son en fins de semana, especificar os días

Puntos 2.2 e 3.1: os contidos das actividades de formación e sensibilización deben cinguirse ao recollido no artigo 27.2.2 e, de ser o caso, adaptar o orzamento e os custos de persoal ás modificacións

SI436C-2025-00000029-00

ANPA As Lavandeiras

Anexo II.2

Punto 4: achegar toda a composición da Xunta Directiva

Anexo III.2.

No punto 2.2 non coincide a data de inicio da actividade Mural de corresponsabilidade coa data de inicio do contrato do punto 3.3.

Anexo III.2

Anexo III.2, punto 3.3: o custo de persoal non pode ser inferior ao custo de persoal solicitado no anexo I

Desagregar as horas das actividades das accións de formación e sensibilización especificando a que se dedican

SI436C-2025-00000031-00

ANPA Colexio Santo Ángel

Anexo II.2

A data do acordo da Xunta Directiva debe estar dentro do prazo de solicitude da subvención

Punto.4: indicar os datos de todas as persoas integrantes que compoñen a Xunta Directiva.

Anexo III.2

Punto 2.2: os contidos das actividades deben cinguirse ao recollido no artigo 27.2.1 e, de ser o caso, adaptar o orzamento ás modificacións.

SI436C-2025-00000033-00

ANPA Os Blancos

Anexo III.2,

Punto 3.2.2: debe estar cuberto.

Punto 3.3: o custo de persoal non pode ser inferior ao custo de persoal solicitado no anexo I

Puntos 2.2 e 3.3: non coinciden as horas dalgunha acción de formación e sensibilización.

Puntos 2.2 e 3.3: non coinciden as datas de inicio dalgunha acción de formación e sensibilización.

Desagregar as horas das actividades das accións de formación e sensibilización especificando a que se dedican

SI436C-2025-00000036-00

ANPA Juan Rey

Memoria complementaria: debe estar asinada polo/a representante da entidade

SI436C-2025-00000037-00

ANPA do Colexio Guillarei

Anexo II.2

A data do acordo da Xunta Directiva debe estar dentro do prazo de solicitude da subvención

Punto 4: especificar o número total de persoas da Xunta Directiva, o número total de mulleres e de homes e, de ser o caso, achegar toda a composición da Xunta Directiva

Anexo III.2

Punto 2.1: as datas das actividades deben estar dentro do período subvencionable e deben coincidir coas datas do punto 3.3.

SI436C-2025-00000038-00

ANPA Divino Salvador

Anexo III.2

Punto 2.2: desagregar as horas das actividades das accións de formación e sensibilización especificando a que se dedican

SI436C-2025-00000042-00

ANPA do Colexio Guillelme Brown

Desagregar as horas das actividades das accións de formación e sensibilización especificando a que se dedican

SI436C-2025-00000043-00

ANPA CEIP Castrelo do Val

Anexo I.2

Medida solicitada: cubrir o cadro correspondente

Anexo II.2

Cuberto e asinado polo/a secretario/a da ANPA

Punto 2.2: os contidos das actividades deben cinguirse ao recollido no artigo 27.2.2. e, de ser o caso, adaptar o orzamento e os custos de persoal ás modificacións

Anexo III.2

Punto 3.3: non coinciden as horas coa memoria anexa

Memoria complementaria: debe estar asinada polo/a representante da entidade

SI436C-2025-00000044-00

ANPA Moraima

Memoria complementaria: debe estar asinada polo/a representante da entidade

SI436C-2025-00000046-00

ANPA CEIP Carlos Casares

Anexo III

Punto 2.1: desagregar as actividades que se van desenvolver do programa de conciliación

SI436C-2025-0000047-00

ANPA do CEIP Illa Verde

Memoria complementaria: debe estar asinada polo/a representante da entidade

SI436C-2025-00000048-00

ANPA de Ares

Anexo III.2

Punto 1: cubrir a denominación da medida ou programa

Punto 2.1: as datas das actividades deben estar dentro do período subvencionable

Punto 2.1: cubrir todas as actividades que se van desenvolver indicando o número de horas/día reais en cada unha delas

Punto 3.2.1: cubrir as persoas participantes no servizo de coidados

Punto 3.3: as datas das contratacións deben estar dentro do período subvencionable e adaptar o orzamento ás novas datas

Punto 3.3: indicar o número de horas/día efectivas de todas as persoas contratadas

Memoria complementaria: debe estar asinada polo/a representante da entidade

SI436C-2025-00000049-00

ANPA Os Muíños

Anexo II.2

A data do acordo da Xunta Directiva debe estar dentro do prazo de solicitude da subvención

SI436C-2025-0000050-00

ANPA Aquam Latam do CEIP de Agolada

Anexo III.2.

Punto 3.3: Cubrir as datas da contratación do derradeiro monitor

SI436C-2025-00000051-00

ANPA Tebra

Anexo II.2

Cuberto e asinado polo/a secretario/a da ANPA

Anexo III.2

Punto 3.3: indicar idade, xornada de traballo, contrato, número de horas, datas de inicio e fin de contrato/s e/ou custos de persoal

SI436C-2025-0000052-00

APA Colexio Luis Vives

Anexo III.2.

Punto 2.2 e 3.3: especificar as datas exactas de todas actividades que se van desenvolver

Desagregar as horas das actividades das accións de formación e sensibilización especificando a que se dedican

Memoria complementaria: debe estar asinada polo/a representante da entidade

SI436C-2025-0000053-00

ANPA do IES Universidade Laboral

Anexo III.2.

Punto 3.2.2: cubrir os datos, unha fila por cada actuación prevista

Punto 2.2 e 3.3: non coinciden as horas indicadas na actividade Educando en igual/correspon

Desagregar as horas das actividades das accións de formación e sensibilización especificando a que se dedican

SI436C-2025-00000054-00

ANPA do CRA Culleredo Cepelin

Anexo II.2

Cuberto e asinado pola secretaria da ANPA

A data do acordo da Xunta Directiva debe estar dentro do prazo de solicitude da subvención

Anexo III.2

Punto 3.3: indicar sexo e idade de todas as persoas contratadas

SI436C-2025-00000056-00

ANPA do CEIP de Oimbra

Anexo III.2

Punto 2.2: os contidos das actividades deben cinguirse ao recollido no artigo 27.2.2. e, de ser o caso, adaptar o orzamento e os custos de persoal ás modificacións

SI436C-2025-00000057-00

ANPA Avilés de Taramancos

Anexo I

Aclarar a procedencia e destino da axuda declarada

Anexo II.2

A data do acordo da Xunta Directiva debe estar dentro do prazo de solicitude da subvención

Anexo III.2

Punto 3.1: indicar que días festivos da Semana Santa se ofrecerá o servizo de coidados e en que horario

Punto 3.2.1: indicar a idade dos menores a atender na actividade Conciliamos no cole

Punto 3.2.1: cubrir os datos das persoas participantes de todas as actuacións que se van desenvolver

SI436C-2025-00000058-00

ANPA Despertar

Anexo I

Aclarar a procedencia e destino da axuda declarada

Anexo II.2

A data do acordo da Xunta Directiva debe estar dentro do prazo de solicitude da subvención

Punto 2: cubrir o número de familias asociadas e o número de familias que constitúen a comunidade educativa do centro no curso 24/25

Anexo III.2

Punto 3.1: indicar que días festivos da Semana Santa se ofrecerá o servizo de coidados e en que horario

Punto 2.1 e punto 3.3: especificar as horas e datas efectivas das contratacións, non coinciden coa realización das actividades

SI436C-2025-00000059-00

APA Troncoso

Anexo II.2

A data do acordo da Xunta Directiva debe estar dentro do prazo de solicitude da subvención

Anexo III.2

Especificar que días festivos e que días de fins de semana se realizarán as actividades de coidados segundo o punto 2.1

Punto 3.3: cubrir o importe total unicamente do período subvencionable da persoa traballadora da propia entidade e adaptar o orzamento

Punto 2.2: os contidos das actividades deben cinguirse ao recollido no artigo 27.2.2. e, de ser o caso, adaptar o orzamento e os custos de persoal ás modificacións.

Especificar os días nos que se imparten os talleres de formación

SI436C-2025-00000060-00

ANPA do Colexio San Clemente

Anexo II.2

A data do acordo da Xunta Directiva debe estar dentro do prazo de solicitude da subvención

Indicar os datos de todas as persoas integrantes da Xunta Directiva

Anexo III.2

Puntos 2.1 , 3.1 e 3.3: especificar o número exacto de horas por día e datas exactas de todas actividades que se van desenvolver

SI436C-2025-00000061-00

ANPA A Galocha

Anexo III.2

Punto 2.1 , 3.1 e 3.3: especificar o número exacto de horas por día e datas exactas de todas as actividades que se van desenvolver así como horas/día e datas das contratacións do persoal

Punto 2.2: os contidos das actividades deben cinguirse ao recollido no artigo 27.2.2. e, de ser o caso, adaptar o orzamento e os custos de persoal ás modificacións

Punto 3.3: indicar sexo, idade, xornada e tipo de contrato das persoas que se vai contratar

SI436C-2025-00000062-00

Asociación Amicos

Anexo II.2

Cuberto e asinado polo/a secretario/a da ANPA

Indicar os datos de todas as persoas integrantes da Xunta Directiva

Anexo III.2

Punto 2.1: indicar a/as instalación/s pública/s onde se desenvolverán cada unha das actividades

Punto 2.1: indicar se presta servizo en festivos e/ou fins de semana e, se é o caso, especificar cales

Punto 3.3: os perfís profesionais das persoas traballadoras non se axustan ao artigo 27.4

Punto 3.3: indicar xornada de traballo, tipo contratos, nº de horas, datas de inicio e fin de contratos e custos de todo o persoal que se vai contratar

SI436C-2025-00000063-00

ANPA de Coira

Anexo II.2

A data do acordo da Xunta Directiva debe estar dentro do prazo de solicitude da subvención

Anexo III.2

Especificar que días festivos e que días de fins de semana se realizarán as actividades de coidados segundo o punto 2.1

SI436C-2025-00000064-00

APA do Campo do CEIP Santa Irene

Anexo II.2

A data do acordo da Xunta Directiva debe estar dentro do prazo de solicitude da subvención

Especificar que días festivos e que días de fins de semana se realizarán as actividades de coidados segundo o punto 2.1

SI436C-2025-00000065-00

ANPA Nebra

Anexo III.2

Especificar que días festivos e que días de fins de semana se realizarán as actividades de coidados segundo o punto 2.1

SI436C-2025-00000066-00

ANPA A Fonsagrada

Anexo II.2

Punto 1: cubrir a contía solicitada, debe ser a mesma que a do anexo I.2

asinado pola secretaria da ANPA

SI436C-2025-00000067-00

ANPA Fornobedo

Anexo III.2

Punto 2.2: os contidos das actividades deben cinguirse ao recollido no artigo 27.2.2 e, de ser o caso, adaptar o orzamento e os custos de persoal ás modificacións.

Punto 2.2: concretar as datas das actividades de formación que se van desenvolver

Punto 3.3: cubrir todo o cadro de persoal da propia entidade ou/e de persoal contratado externo e indicar os custos

Memoria complementaria: debe estar asinada polo/a representante da entidade

SI436C-2025-0000069-00

ANPA CEIP O Corgo

Anexo II.2

Cuberto e asinado polo/a secretario/a da ANPA

Anexo III.2.

Punto 3.1: indicar descrición detallada da/das actuación/s que se van desenvolver.

SI436C-2025-0000070-00

ANPA O Forte do CEIP Nº 1 de Melide

Anexo I.2

Punto 2.2. Non cubrir acción de formación e sensibilización.

SI436C-2025-0000071-00

ANPA San Isidro

Anexo II.2

Cuberto e asinado polo/a secretario/a da ANPA

Anexo I.2

Medida solicitada, deberá estar cuberta.

Anexo III.2

Punto 2.1: as datas de inicio/fin deberán estar dentro do período subvencionable.

Punto 3.3: cubrir a desagregación dos custos directos de persoal.

Memoria complementaria: debe estar asinada polo/a representante da entidade

SI436C-2025-0000072-00

ANPA San Marcos Cartelle

Desagregar as horas das actividades das accións de formación e sensibilización especificando a que se dedican

SI436C-2025-0000073-00

ANPA Baltar

Desagregar as horas das actividades das accións de formación e sensibilización especificando a que se dedican

SI436C-2025-0000074-00

ANPA O Futuro

Anexo III.2

Punto 2.1: indicar número de horas da actuación.

Punto 3.1: indicar descrición detallada da/das actuación/s que se van desenvolver.

Punto 3.3: indicar o perfil profesional dunha da/das persoa/s traballador/as contratadas, axustándose ao artigo 27.4

SI436C-2025-0000075-00

ANPA Andaravía

Anexo II.2

Cuberto e asinado polo/a secretario/a da ANPA

Anexo III.2

Indicar o total dos ingresos en concepto de taxas.

Anexo III.2

Punto 2.1 e punto 3.3: as datas do servizo conciliación tarde non coinciden coas da memoria. Adaptar o orzamento se fora o caso.

Memoria complementaria: debe estar asinada polo/a representante da entidade

SI436C-2025-0000076-00

Federación Provincial Lugo

Anexo III.2

Punto 2.2: cubrir todos os datos da acción de formación e sensibilización

Punto 3.3: cubrir todos os datos da contratación externa

SI436C-2025-0000077-00

ANPA Chans Radulfe

Anexo I.2

No punto medida solicitada cubrir correctamente o servizo de coidados solicitado

Punto 4. Cubrir correctamente a composición da Xunta Directiva

Anexo III.2

Punto 3.1: indicar descrición detallada da/das actuación/s que se van desenvolver

Punto 3.3: cubrir a desagregación dos custos directos de persoal

Memoria complementaria: debe estar asinada polo/a representante da entidade

SI436C-2025-0000079-00

ANPA Salceda de Caselas

Anexo II.2

Cuberto e asinado polo/a secretario/a da ANPA

Anexo III.2

Punto 2.1: especificar as horas e días exactos dalgunhas das actuacións, así como o persoal que se vai contratar

Aclarar as accións de formación e sensibilización

Punto 3.3. Desagregar os custos directos de persoal para cada unha das persoas contratadas

Memoria complementaria: debe estar asinada polo/a representante da entidade

SI436C-2025-0000080-00

ANPA Laredo Penedos

Anexo III.2

Punto 2.1: especificar horas exactas dalgunhas das actuacións que se van desenvolver

Punto. 3.3: desagregar os monitores para cada unha das actuacións que se van desenvolver, así como número de horas/día, datas inicio/fin da contratación e correspondentes custos totais

Memoria complementaria: debe estar asinada polo/a representante da entidade

SI436C-2025-0000081-00

ANPA do Col Nal Gondorán

Anexo III.2

Punto 3.3.1

Especificar os días festivos exactos en que se van que se van desenvolver os dous campamentos.

Memoria complementaria: debe estar asinada polo/a representante da entidade

SI436C-2025-0000082-00

ANPA Pequeniños

Anexo II.2: Indicar razón social da ANPA solicitante

Anexo III.2

Punto 2.1: desagregar cada unha das actuacións de servizos de coidados coas súas horas reais correspondentes

Punto 3.2.1: desagregar persoas participantes de servizos de coidados para cada unha das actuacións

Punto 3.3: aclarar os custos do persoal contratado

SI436C-2025-0000083-00

ANPA Seixalvo

Anexo II.2 e III.2

Non coinciden a contía solicitada.

Anexo III.2

Punto 3.3. Desagregar os monitores para cada unha das actuacións que se van desenvolver, de acordo coas accións subvencionables do artigo 27. Especificar os gastos directos de persoal, retribucións salariais brutas totais do persoal contratado

Memoria complementaria: debe estar asinada polo/a representante da entidade

SI436C-2025-0000084-00

ANPA Pardo Bazán

Anexo III.2

Punto 3.3: especificar os gastos directos de persoal, retribucións salariais brutas totais do persoal contratado

Memoria complementaria: debe estar asinada polo/a representante da entidade

SI436C-2025-00000085-00

ANPA do CEIP Paradai

Anexo I.2

A contía solicitada non coincide coa indicada no anexo II.2

Cubrir os datos bancarios

SI436C-2025-00000086-00

ANPA O Chusquiño de Valeixe

Anexo I.2 e anexo III.2

Acreditar a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito

Anexo II.2

Punto 4: achegar toda a composición da Xunta Directiva

Anexo III.2

Punto 3.1: aclarar os servizos de coidados que se van desenvolver polo persoal contratado no referente á persoa coordinadora

SI436C-2025-00000087-00

ANPA con de Sete Pías

Anexo II.2

A data do acordo da Xunta Directiva debe estar dentro do prazo de solicitude da subvención

Punto 4: achegar toda a composición da Xunta Directiva

Anexo III.2

Punto 3.1: aclarar os servizos de coidados que se van desenvolver polo persoal contratado no referente ao monitor/a coordinador/a

Punto 3.3: o importe total do custo de persoal non pode ser inferior ao importe solicitado no anexo I

SI436C-2025-00000088-00

ANPA do CEIPP de Palmeira

Anexo II.2

Punto 4: achegar toda a composición da Xunta Directiva

Anexo III.2

Especificar en que días festivos e/ou días de fins de semana van levar a cabo as actividades de coidados (Concilia Semana Santa) segundo o punto 2.1

SI436C-2025-00000089-00

ANPA San Cosmeiro

Anexo II.2

Punto 5: indicar correctamente o enderezo da páxina web

SI436C-2025-00000090-00

ANPA do CPI Laureano Prieto

Anexo III.2

Punto 2.2: indicar o número de horas totais efectivas

SI436C-2025-00000091-00

ANPA do CEIP Lansbricae

Anexo II.2

En medida solicitada cubrir o importe para custos de persoal o cal deberá coincidir co importe solicitado no anexo I

Anexo III.2

Cubrir todas as epígrafes correspondentes ás accións de formación e sensibilización

Memoria complementaria: deberá estar asinada polo/a representante da entidade.

SI436C-2025-00000092-00

ANPA Maria Assumpta

Anexo I.2 e anexo III.2

Acreditar a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito

Anexo II.2

Punto 5: indicar correctamente o enderezo da páxina web

Anexo III.2

Especificar en que días festivos e/ou días de fins de semana van levar a cabo as actividades de coidados (Nadal Concilia) segundo o punto 2.1

SI436C-2025-00000093-00

ANPA A Burga

Anexo I.2 e anexo III.2

Cubrir correctamente o nome/razón social.

Anexo III.2

Nos puntos 2.2 e 3.3 as horas das accións de formación e sensibilización non coinciden

SI436C-2025-00000094-00

ANPA Pía da Casca do CEIP As Mercedes

Anexo III.2

Punto 2.1: desagregar unha fila por cada actuación prevista, e cubrir todas as columnas

Punto 2.1: especificar en que días festivos e/ou días de fins de semana van levar a cabo as actividades de coidados segundo o punto 2.1

Anexo III.2

Punto 2.1, punto 3.3 : especificar correctamente o número de horas efectivas

Memoria complementaria: deberá estar asinada polo/a representante da entidade.

SI436C-2025-00000095-00

ANPA Aidon Colexio Público Sequelo de Marín

Anexo III.2

Punto 1: cubrir a denominación da medida ou programa

Punto 2.1: deberá estar cuberto

Punto 3.3 : o número de horas ao día das actividades extraescolares non coinciden coas descritas no punto 3.1

SI436C-2025-00000096-00

ANPA Igrexa Chapela

Anexo II.2

A data do acordo da Xunta Directiva debe estar dentro do prazo de solicitude da subvención

Anexo III.2

Punto 2.2: a data de inicio dalgunha das actuacións non pode ser posterior á data fin.

Punto 3.3: o custo de persoal non pode ser inferior ao custo de persoal solicitado no anexo I.2.

Memoria complementaria: deberá estar asinada polo/a representante da entidade.

SI436C-2025-00000097-00

Asociación de Nais e Pais de Alumnos Val do Ulla do CRA Boqueixón-Vedra

Anexo I.2 e anexo III.2

Acreditar a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito.

Anexo II.2

A data do acordo da Xunta Directiva debe estar dentro do prazo de solicitude da subvención

Anexo III.2

Cubrir todas as epígrafes correspondentes a servizos de coidados

Memoria complementaria: deberá estar asinada polo/a representante da entidade.

SI436C-2025-00000098-00

Asociación de Pais de Alumnos Alecrín CEIP do Foxo

Anexo II.2

En medida solicitada cubrir o importe para custos de persoal o cal deberá coincidir co importe solicitado no anexo I

Anexo III.2

Punto 3.1 : aclarar o número de persoas traballadoras, e se é o caso desagregar unha fila por cada persoa traballadora no punto 3.3

Punto 3.3: o número de horas/día do persoal debe coincidir co número de horas das actuacións ou actividades previstas no punto 2.1

Memoria complementaria: deberá estar asinada polo/a representante da entidade.

SI436C-2025-00000099-00

Asociación de Pais e Nais do Alumnado do CEIP A Ponte

Anexo II.2

Punto 4: achegar toda a composición da Xunta Directiva

Anexo III.2

Punto 3.3: revisar o número de horas da xornada/día das persoas traballadoras

SI436C-2025-00000100-00

ANPA CEIP San Miguel

Anexo I.2 e anexo III.2

Cubrir todas as epígrafes referentes a servizos de coidados

Anexo II.2:

Deberase presentar o anexo II.2 (procedemento SI436C)

SI436C-2025-00000101-00

ANPA O Cruceiro de Vilalonga

Anexo III.2

Punto 3.1: aclarar os servizos de coidados que se van desenvolver polo persoal contratado no referente ao monitor/a coordinador/a e a directora do proxecto

SI436C-2025-00000103-00

ANPA A Lagoa do CEIP Plurilingüe de Monforte de Lemos

Anexo II.2:

Asinado polo/a secretario/a da ANPA

Anexo III.2

Especificar que días festivos e que días de fins de semana van levar a cabo as actividades de servizos de coidados segundo o punto 2.1

SI436C-2025-00000104-00

Asoc. de Nais e Pais de Alumnos do CPI Curros Enríquez

Anexo I.2 e anexo III.2: deberanse cubrir na súa totalidade.

Anexo II.2: cuberto e asinado polo/a secretario/a da ANPA.

SI436C-2025-00000105-00

Asoc. de Nais e Pais de Alumnos do Colexio Público A Escardia

Anexo II.2

Cuberto e asinado polo/a secretario/a da ANPA

Anexo III.2

Punto 2.1: as datas da actividade deben estar dentro do período subvencionable

Punto 2.1: desagregar por actividades

Punto 3.1: concretar número de monitores para cada actuación ou actividade

Punto 3.2.1: debe estar cuberto

punto 3.3: as datas de inicio e fin do contrato deben estar dentro do período subvencionable

Punto 3.3: indicar tipo de xornada de traballo e tipo de contrato

Punto: 3.3 cubrir unha fila por cada persoa contratada para cada actuación ou actividade

Especificar que días festivos e que días de fins de semana se realizarán as actividades de coidados segundo o punto 2.1

Memoria complementaria: debe estar asinada polo/a representante da entidade

SI436C-2025-00000106-00

ANPA Igrexa Valadres Monte do Alba

Anexo II.2

Cuberto e asinado polo/a secretario/a da ANPA

Anexo III.2

Punto 2.1: cubrir denominación da/das actuacións ou actividades que se van desenvolver

Punto 2.1: as datas da actividade deben estar dentro do período subvencionable

Punto 3.1: indicar descrición detallada da/das actuación/s que se van desenvolver.

Punto 3.3: as datas de inicio e fin do contrato en contratación propia deben de coincidir coas datas das actividades e deben estar dentro do período subvencionable.

SI436C-2025-00000107-00

APA do Colexio Estatal de Maciñeira Neda

Anexo I.2 e anexo III.2:

Acreditar a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito.

Anexo III.2

Punto 3.1: indicar descrición detallada da/das actuación/s que se van desenvolver.

Punto 3.3: o total de custo de persoal non pode ser inferior ao custo de persoal solicitado no anexo I.2

SI436C-2025-00000108-00

ANPA CEIP Luis Pimentel Triscos

Anexo II.2

Cuberto e asinado polo/a secretario/a da ANPA

Anexo III.2

Punto 3.1: indicar a descrición detallada da/das actuación/s que se van desenvolver.

SI436C-2025-00000109-00

Asoc. de Nais e Pais de Alumnos do CEIP Porto-Cabeiro de Vilar de Infesta

Anexo II.2

Punto 4: achegar toda a composición da Xunta Directiva

Punto 5: o enlace web non é correcto

Memoria complementaria: debe estar asinada polo/a representante da entidade

SI436C-2025-00000110-00

APA Infesta do CPI Infesta de Pontecesures

Anexo II.2

Cuberto e asinado polo/a secretario/a da ANPA

Anexo III.2

Cubrir a denominación da medida ou programa

Punto 2.1: deberá estar cuberto

Punto 3.1: deberá estar cuberto

Punto 3.2.1: deberá estar cuberto

Punto 3.3: deberá estar cuberto

SI436C-2025-00000111-00

Federación de ANPA de Redondela

Anexo II.2

Punto 5: cubrir se conta ou non con páxina web. O enlace web non é correcto

Anexo III.2

Punto 2.2 e 3.3: deberán coincidir as datas de inicio e fin da/das actuacións coas de inicio e fin do contrato para contratación externa

Memoria complementaria: debe estar asinada polo/a representante da entidade

SI436C-2025-00000112-00

Asoc. de Nais e Pais de Alumnos Anexa 200

Anexo III.2

Punto 3.1: indicar a descrición detallada da/das actuación/s que se van desenvolver

SI436C-2025-00000113-00

ANPA CEIP Castelao

Anexo III.2

Punto 2.1 e 3.3: deberán coincidir as datas de inicio e fin da/das actuacións coas de inicio e fin do contrato para contratación externa

Punto 3.3: indicar número de horas da xornada /día

Punto 3.3: cubrir unha fila por cada persoa contratada para cada actuación ou actividade.

Punto 3.3: perfil profesional das persoas traballadoras non se axustan ao artigo 27.4

SI436C-2025-00000114-00

Asociación Nais e Pais de Alumnos Cernades do CEIP Carballal

Anexo II.2

Cuberto e asinado polo/a secretario/a da ANPA

Anexo III.2

Cubrir o cadro de persoal propio da entidade ou/e de persoal contratado externo

Punto 3.1: indicar a descrición detallada da/das actuación/s que se van desenvolver

Memoria complementaria: debe estar asinada polo/a representante da entidade

SI436C-2025-00000115-00

APA do Colexio Público de Cedeira

Anexo II.2

Cuberto e asinado polo/a secretario/a da ANPA

Anexo III.2

Cubrir a denominación da medida ou programa

Punto 2.1: deberá estar cuberto

Punto 3.1: deberá estar cuberto

Punto 3.2.1: deberá estar cuberto

Punto 3.3: cubrir o cadro de persoal da propia entidade ou/e de persoal contratado externo

SI436C-2025-00000116-00

Asoc. Padres de Alumnos Rosalía de Castro

Anexo II.2

Punto 4: achegar toda a composición da Xunta Directiva

Anexo III.2

Punto 2.1: deberá estar cuberto

Punto 3.3: deberá estar cuberto o cadro de persoal da propia entidade ou/e de persoal contratado externo

SI436C-2025-00000117-00

ANPA Colexio Público Bibei de Viana do Bolo

Anexo III.2

Punto 2.1: deberá estar cuberto

Punto 3.1: aclarar os días exactos e horas das actividades extraescolares

Punto 3.1: indicar se a/as actividade/s se desenvolven en días ou períodos non lectivos

Punto 3.1: indicar se a/as actividade/s se desenvolven nos meses de xullo e agosto

Punto 3.3: o total de custo de persoal non pode ser inferior ao custo de persoal solicitado no anexo I

SI436C-2025-00000118-00

Asociación de Nais e Pais EEI Monte da Guía

Anexo I.2 e anexo III.2

Acreditar a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito.

Anexo II.2

Cubrir a columna subvención solicitada para custos de persoal

Anexo III.2

Punto 3.1: indicar a descrición detallada da/das actuación/s que se van desenvolver

SI436C-2025-00000119-00

Asociación de Padres de Alumnos do CEIP Prácticas Ourense

Anexo III.2

Punto 2.2: aclarar o número de edicións das actuación de formación e sensibilización que se van desenvolver

Punto 3.3: desagregar por persoas contratadas para o desenvolvemento da/das actividade/s

SI436C-2025-00000120-00

Asociación de Nais e Pais Río de Va

Anexo I.2

Cubrir a contía solicitada para custos de persoal en servizos de coidados

Anexo II.2

A data do acordo da Xunta Directiva debe estar dentro do prazo de solicitude da subvención.

SI436C-2025-00000121-00

ANPA Colexio Público de Covas

Anexo I.2 e anexo II.2

Cubrir a contía solicitada para custos de persoal en servizos de coidados

Deberá coincidir a contía solicitada para accións de formación e sensibilización

Anexo III.2

Concretar en que días festivos e que días de fins de semana se realizarán as actividades de coidados segundo o punto 2.1

Punto 2.2: desagregar cada unha das actuación de formación e sensibilización que se van desenvolver.

Punto 2.2 e 3.3: deberán coincidir as datas de inicio e fin da/das actuacións coas de inicio e fin do contrato para contratación propia

Punto 2.1, 3.1 e 3.3: deberán coincidir o número de horas das actuación/s que se van desenvolver.

SI436C-2025-00000122-00

ANPA CEE Terra de Ferrol

Anexo III.2

Punto 2.2: os contidos das actividades das accións de formación deben cinguirse ao recollido no artigo 27.2.2 e de ser o caso adaptar os orzamentos de custos de persoal ás modificacións

Punto 3.1: indicar descrición detallada da/das actuación/s que se van desenvolver

Punto 3.1: concretar o número de días exactos da actividade de coidados segundo o punto 2.1

Punto 3.2.1: a idade dos menores a atender debe estar entre 3 e 16 anos

Punto 3.3: cubrir o cadro de persoal propio da entidade ou/e de persoal contratado externo

SI436C-2025-00000123-00

APA do Colexio Nacional Carrasqeira Coruxo

Anexo II.2

Punto 4: cubrir o número de persoas da Xunta Directiva.

A contía da subvención solicitada para custos de persoal en servizos de coidados deberá coincidir coa do anexo I.2

Concretar que días festivos e que días de fins de semana se realizarán as actividades de coidados segundo o punto 2.1

Memoria complementaria: debe estar asinada polo/a representante da entidade

SI436C-2025-00000124-00

APA Rosalía Castro da Escola Infantil Os Ánxeles-Os Ánxeles Brión

Anexo II.2

A data do acordo da Xunta Directiva debe estar dentro do prazo de solicitude da subvención.

Anexo III.2

Punto 3.3: indicar sexo, idade, xornada e tipo de contrato de todas as persoas traballadoras e fecha inicio e fin do contrato

Memoria complementaria: debe estar asinada polo/a representante da entidade