Con data do 7 de febreiro de 2025 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas ditou Resolución pola que se declara a utilidade pública, en concreto, sobre o predio número 114 da RBDA da infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica correspondente ao incremento dun circuíto na LAT 132 kV Mondoñedo-Meira, entre o apoio 22 e a subestación de Meira, nos concellos de Mondoñedo e A Pastoriza (Lugo), e que promove Begasa.
Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.
De acordo co anterior, este departamento territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar todas as persoas afectadas coas cales non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como anexo a este acordo e que se expón tamén no taboleiro de anuncios do Concello da Pastoriza deducida da que se someteu a información pública no diario El Progreso do 26 de agosto do 2024 e no Diario Oficial de Galicia do 30 de agosto do 2024, para que comparezan o día 29 de maio de 2025 no Concello da Pastoriza, sinalado como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.
Desta convocatoria darase traslado aos interesados mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalarán o día e a hora para o levantamento das actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do Concello da Pastoriza estará exposta a data do levantamento das actas. Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por unha persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, e poden ir acompañados dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).
Así mesmo, advírteselles a todos os interesados que poderán formular alegacións por escrito neste departamento territorial (rolda da Muralla, 70, Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa).
Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar (sen prexuízo da correspondente publicación no BOE) e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.
Lugo, 28 de marzo de 2025
Gustavo J. Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
ANEXO
|
Nº parc. |
Ref. catastral |
Pol. |
Parc. |
Concello |
Titular |
Data actas |
Hora |
|
114 |
27044F00200005 |
2 |
5 |
A Pastoriza |
Fiscal Audiencia Provincial de Lugo (Rpta. Gumersindo Castro Ledo) Olimpia Castro Ledo José Pablo Castro Ledo Fiscal Audiencia Provincial de Lugo (Rpta. hros. Lisardo Castro Ledo) |
29.5.2025 |
10.00 horas |
