DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 10 de abril de 2025 Páx. 21882

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN de 17 de marzo de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Oleiros (expediente IN407A/2024/000310-1).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Titular: Flogram Properties, S.L. (B05379870).

Enderezo social: avenida de Madrid, 187, 27002 Lugo.

Denominación do proxecto: LMTS, RBTS e CT prefabricado de 250 kVA para Flogram Properties, S.L.

Situación: rúa Concepción Arenal, nº 54, 15179 Oleiros (A Coruña).

Características técnicas:

Instalación eléctrica de alta tensión:

• Liña de alta tensión soterrada RHZ1-2OL 12/20 3×(1×240)Al mm² con orixe e final en empalmes que se realizarán en arqueta proxectada na liña de distribución LMTS SAD709, no tramo comprendido entre o CT 15CWX6 e o CT 15SGVS e entrada/saída no CT proxectado, cunha lonxitude de 170 m (ida máis volta).

• Centro de transformación prefabricado compacto de manobra exterior tipo 2L+1P con celas prefabricadas: 2 celas de liña e 1 cela de protección con fusible (24 kV, 400A,16 kA) e transformador de 250 kVA, refrixeración natural, aceite mineral e relación de transformación 15 kV/420 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), este departamento territorial

RESOLVE:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da referida instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

O prazo de vixencia da autorización é de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Esta autorización entenderase outorgada, salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo de terceiro, e non poderá ser invocada para excluír ou diminuír a responsabilidade civil ou penal en que poida incorrer o beneficiario no exercicio da actividade ou na explotación da instalación autorizada.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra este acordo, que non é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 112, 115, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 17 de marzo de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña