O prego de bases polo que se fixan os criterios de venda ou constitución de dereito de superficie e demais documentación poderá ser examinado na páxina web www.vivendapublica.gal e na oficina central de Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, S.A. das 9.00 ás 14.00 horas, sita en Área Central, local 25-Z-1º andar, CP 15707, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela. Teléfono 981 54 19 63.
As solicitudes presentaranse en sobre pechado, indicando o nome do concurso, o nome e enderezo do solicitante, así como referencia de solicitude en compravenda ou dereito de superficie.
O prazo de presentación de proposicións para participar no concurso será de catro meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) e ata as 14.00 horas do último día do prazo.
A presentación pode facerse no Rexistro da sede central ou por correo certificado, dirixido a Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, S.A., ao enderezo da oficina central. Neste caso, a persoa licitadora deberá xustificar o envío da oferta o mesmo día da remisión ou, como moi tarde, antes do vencemento do prazo de presentación indicado no anuncio, e para os ditos efectos deberá enviar un correo electrónico a vipugal@vivendapublica.gal, en que indique a data do envío e os datos identificativos da persoa ou entidade que remite a proposición e documentación.
Apertura de proposicións: a apertura de proposicións realizarase o día 2 de setembro de 2025, ás 11.00 horas, na oficina da sede central.
Santiago de Compostela, 2 de abril de 2025
María Doporto Santos
Xerente da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, S.A.
