Alberto Romero Pazos, en calidade de presidente da Comunidade de Usuarios de Augas de Fontefría, por medio deste anuncio convocamos a asemblea xeral que terá lugar o 16 de maio de 2025, ás 19.30 horas en primeira convocatoria e ás 20.00 horas en segunda convocatoria, no local social de Salgueiros, coa seguinte orde do día:
1. Relación e inventariado de usuarios e análise para a constitución da comunidade.
2. Nomeamento dos membros para a constitución da Xunta Directiva e Xurado.
3. Tramitar a solicitude do CIF na Axencia Tributaria.
4. Encargo e redacción de estatutos.
5. Outros puntos de interese.
6. Rogos e preguntas.
Dumbría, 19 de marzo de 2025
Alberto Romero Pazos
Presidente da Comunidade de Usuarios de Augas de Fontefría
