DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 10 de abril de 2025 Páx. 21793

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios 2025), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG421A).

O Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (en diante, Igape), na súa xuntanza do 26 de marzo de 2025 acordou, por unanimidade dos membros asistentes, aprobar as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios 2025) cofinanciadas pola Unión Europea, no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e facultou a persoa titular da Dirección Xeral do Igape para a súa convocatoria, a aprobación dos créditos e a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios) e convocar para o exercicio 2025 as ditas axudas en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG421A).

A convocatoria de axuda proposta ten unha dotación de 1.500.000 € no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, cunha taxa de cofinanciamento Feder do 60 %, computándose como cofinanciamento nacional polo 40 % restante, parte de cofinanciamento público do Igape e o investimento privado elixible dos beneficiarios.

En particular:

Obxectivo político 1: unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións.

Prioridade P1A: transición dixital e intelixente.

Obxectivo específico 1.3: reforzar o crecemento sustentable e a competitividade das pemes e a creación de emprego nestas empresas, tamén mediante investimentos produtivos.

Actuación 1.3.03: axudas á internacionalización de empresas galegas.

Subtipo de acción 1.3.3.3: axudas ao programa Galicia Exporta Organismos Intermedios.

Ámbito de intervención 021: desenvolvemento empresarial e internacionalización das pemes, incluídos os investimentos produtivos.

Os indicadores do programa Galicia Feder 2021-2027 correspondentes a estas axudas son os seguintes:

– Indicador de realización RCO01-Empresas apoiadas (das cales, micro empresas, pequenas, medianas, grandes).

– Indicador de realización RCO02-Empresas apoiadas a través de subvencións.

– Indicador de resultado RCR02-Investimentos privados que acompañan ao apoio público.

Segundo. O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará a computarse transcorridos cinco días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ás 9.00 horas e rematará o 30 de setembro de 2025, ás 14.00 horas, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito.

Terceiro. Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria, polos seguintes importes e coa seguinte distribución plurianual:

Código de proxecto

Partida orzamentaria

Ano 2025

Ano 2026

Total

2023 00004

09.A1.741A.7810

1.000.000 €

500.000 €

1.500.000 €

A persoa titular da Dirección Xeral do Igape poderá ampliar os créditos, despois da declaración da súa dispoñibilidade, como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Decreto 11/2009), mediante resolución publicada para o efecto.

Cuarto. Prazos de duración do procedemento, de execución do proxecto e para solicitar o cobramento:

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será de tres meses contados desde a data de presentación de solicitude de axuda, transcorrido o cal se poderá entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión de axuda.

O prazo de execución comezará o 1 de xaneiro de 2025. O proxecto obxecto da axuda non poderá estar completamente executado (data da última factura) no momento de presentar a solicitude. Este prazo finalizará na data indicada na resolución de concesión, sen exceder nunca:

• O 30 de novembro de 2025, para solicitudes con accións previstas ata esa data.

• O 31 de xaneiro de 2026, para solicitudes con accións previstas ata ese momento.

Estas datas representan os prazos máximos para a emisión e pagamento das facturas correspondentes. Dentro do período de execución, deberá presentarse a solicitude de cobramento. Ademais, as accións realizadas entre o 1 e o 31 de decembro de 2025 poderán ser imputadas ao exercicio de 2026.

Quinto. De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia. A cesión de datos de carácter persoal que debe efectuarse á Intervención Xeral da Administración do Estado para os efectos de publicar as subvencións concedidas na Base de datos nacional de subvencións, non requirirá o consentimento do beneficiario.

Sexto. Os requisitos das letras c), e), f), h), i), k), m) e n) do artigo 20.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, indícanse nas bases anexas a esta resolución.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2025

Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

Bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios 2025), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027

A internacionalización, como resultado exitoso do impulso colectivo das empresas da nosa rexión, especialmente para as pemes, supón a confirmación do valor engadido do seu modelo de negocio e, polo tanto, é una fonte de mellora continua da competitividade. Ademais, a internacionalización é expoñente e dinamizador dos atributos ligados á marca Galicia Calidade.

A internacionalización achega ás empresas a posibilidade de aumentar o seu tamaño e acadar maiores economías de escala, acceder a recursos, tanto humanos como materiais inaccesibles ou caros no seu mercado de orixe, conseguindo economías de localización, mellorar a notoriedade e diferenciación dos seus produtos e marcas, entrar en contacto con consumidores máis exixentes e competidores máis eficientes que estimulan a súa innovación e desenvolvemento tecnolóxico e, en definitiva, mellorar a súa eficiencia económica e capacidade competitiva.

A internacionalización do tecido empresarial galego ten sido e seguirá sendo un dos eixes prioritarios de actuación dentro da política económica da Xunta de Galicia de cara a mellorar a súa competitividade e acadar o crecemento económico.

O Goberno galego aposta pola internacionalización das empresas galegas, mediante un modelo facilitador de información, servizos directos nos principais mercados internacionais, financiamento ás empresas para a súa entrada neles, captación, formación e especialización de recursos humanos.

Esta convocatoria encádrase no Eixe 3 do Plan estratéxico de Galicia 2022-2030, que establece como prioridade a internacionalización da economía galega para asegurar o crecemento económico e a competitividade global das empresas:

PA 3.3: impulsar o crecemento e competitividade das pemes, a transición industrial e o emprendemento.

OE 3.3.3: atraer investimento produtivo e fomentar e facilitar a internacionalización das empresas galegas, en especial as pemes:

Dentro deste plan, un dos obxectivos clave é fomentar a expansión internacional das empresas galegas, especialmente a través do apoio a proxectos que melloren a súa presenza e competitividade nos mercados internacionais. A convocatoria Galicia Exporta OOII encádrase nesta liña de actuación ao apoiar os organismos intermedios, que representan a varias pemes, co fin de fortalecer a súa capacidade de acción internacional de maneira colectiva.

O Plan estratéxico de Galicia tamén destaca a colaboración público-privada e a cooperación entre empresas galegas como unha das bases para a súa internacionalización exitosa. Neste sentido, a convocatoria favorece o traballo conxunto de varias empresas galegas ou de diferentes sectores, permitindo que melloren a súa competitividade internacional e accedan a novos mercados.

Esta aposta tamén se plasma na proposta da Estratexia da Xunta de Galicia de Internacionalización da Empresa Galega 2021-2025 que inclúe entre os seus obxectivos o de lograr un significativo aumento na cantidade, calidade e impacto efectivo das exportacións da empresa galega: aumento do número de empresas da base exportadora, procura e apertura de novos mercados, apoio na ampliación de cota de mercados con menor presencia e maior potencial de crecemento futuro e consolidación de cota nos mercados maduros. En definitiva, este plan de internacionalización persegue unha fase de consolidación dos distintos esforzos e accións emprendidas ao longo dos últimos anos para estimular, fortalecer, expandir e consolidar a internacionalización das pemes galegas e os seus produtos e servizos.

En concreto, estas bases encaixan nos obxectivos dos seguintes eixes da Estratexia de internacionalización da empresa galega 2021-2025: Eixe 3. Acompañamento e dotación de medios. Medida 3.1: acompañamento nos mercados destino.

A Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica, establece, no seu artigo 4, como funcións do Igape, entre outras, proporcionar información sobre os mercados e favorecer o desenvolvemento das exportacións e acordos con empresas estranxeiras.

Para efectos de conseguir maior coordinación de axentes impulsores, e apoiar a todos dunha maneira equitativa, considérase axeitado unificar nestas bases o apoio a todo tipo de organismos que realizan accións de fomento da internacionalización da empresa galega (clústeres, asociacións empresariais, consellos reguladores e centros tecnolóxicos).

O obxectivo destas bases é facilitar a internacionalización conxunta da empresa galega non exportadora ou con escasa internacionalización e apoiar empresas internacionalizadas para que non só non perdan a súa presenza nos mercados exteriores senón que a incrementen, poñendo ao seu alcance axudas financeiras que apoien a súa presenza exterior, ampliando o número de países e a diversificación dos sectores internacionalizados.

Estas axudas teñen como finalidade apoiar o labor dos organismos intermedios na promoción conxunta de empresas galegas con intereses comúns en determinados mercados. A través do aproveitamento de sinerxías e a cooperación entre elas, facilítase a súa proxección internacional.

Compleméntase ademais, coas liñas de axuda Galicia Exporta Empresas, Plan Foexga, Plan Foexga Grandes Empresas, e cos servizos do Igape á internacionalización.

Segundo o establecido no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, exclúese o réxime de concorrencia competitiva no procedemento de concesión das axudas. As subvencións outorgaránselles a aqueles solicitantes que cumpran os requisitos establecidos nestas bases ata o esgotamento dos créditos habilitados, o cal, de ser o caso, se publicará no Diario Oficial de Galicia. Xustifícase esta excepcionalidade polo interese especial de promover a internacionalización das empresas galegas a través do apoio aos organismos intermedios, sen que sexa necesario comparar proxectos entre si. A concorrencia non competitiva permite atender as solicitudes de xeito continuo, facilitando que as entidades beneficiarias poidan acceder aos recursos dispoñibles en función das súas necesidades e planificacións de internacionalización, garantindo, así, unha maior eficacia na execución das accións subvencionables.

A estas bases reguladoras resúltalles de aplicación o principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» (DNSH, polas súas siglas en inglés); isto é, que ningunha das actuacións promovidas nestas bases incide negativamente en ningún dos seis obxectivos ambientais recollidos no artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2020/852: mitigación ao cambio climático, adaptación ao cambio climático, uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariño, economía circular, prevención e control da contaminación e protección e recuperación da biodiversidade e os ecosistemas.

Nesta convocatoria incorpórase o establecemento de métodos de custos simplificados conforme o disposto no artigo 54 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns, relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e a Política de Visados (en diante, RDC).

A convocatoria desta liña de axudas será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do Igape. A convocatoria incluirá o procedemento de tramitación, o prazo de presentación de solicitudes e os créditos asignados.

Artigo 1. Obxecto

O obxecto destas axudas é impulsar a posta en marcha de proxectos de internacionalización que reforcen a proxección e o posicionamento das empresas galegas nos mercados internacionais. Para iso, fomentarase a realización conxunta de accións de promoción no exterior, promovendo cooperación empresarial e o aproveitamento de sinerxías entre varias empresas.

Artigo 2. Definicións

1. Organismo intermedio empresarial: asociacións empresariais, consellos reguladores de denominacións de orixe protexidas, indicacións xeográficas protexidas e de agricultura ecolóxica, clústeres empresariais (con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro e domiciliados en Galicia), que representen un colectivo de empresas galegas. Tamén se inclúen os centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica domiciliados en Galicia e que estean inscritos con anterioridade ao 31.12.2022 no rexistro establecido para o efecto polo Ministerio de Ciencia e Innovación (Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, polo que se regulan os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal e se crea o rexistro de tales centros, BOE núm. 20, do 23 de xaneiro de 2009).

Enténdese por clúster empresarial para os efectos destas bases as agrupacións empresariais que colaboren e desenvolvan plans de internacionalización en cooperación no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e que teñan creada unha entidade con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro, que xestione a agrupación clúster.

2. Accións de internacionalización: accións promovidas e desenvoltas por organismos intermedios para facilitar a internacionacionalización das empresas ás que representan. Estas accións clasifícanse en:

a) Acción sectorial: acción promovida e desenvolta polo organismo Intermedio representando ás pemes dun sector, sen participación directa das pemes como beneficiarias.

No caso de organismo multisectorial, na acción deberán estar representadas polo menos dúas empresas galegas do mesmo sector ou sectores complementarios con similares intereses nos mercados obxectivo.

b) Acción grupal: acción promovida polo organismo intermedio que pode ser executada exclusivamente por pemes ou polo organismo intermedio en colaboración con unha ou máis pemes.

3. Feiras comerciais: manifestacións comerciais de duración limitada, que teñen por obxecto a exposición de bens e a oferta de servizos para favorecer o seu coñecemento e difusión, promover contactos e intercambios comerciais, lograr maior transparencia no mercado e achegar a oferta á demanda.

4. Feiras comerciais internacionais: as feiras comerciais organizadas por terceiros de carácter internacional e tipo presencial, que se celebran no estranxeiro, así como as que teñen lugar en España sempre que estean incluídas no Calendario oficial de feiras comerciais internacionais aprobado pola Secretaría de Estado de Comercio do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo para os anos 2025 ou 2026 e publicadas no Boletín Oficial del Estado (en edicións que se celebren dentro do prazo de execución destas bases). Inclúense, ademais, as feiras comerciais virtuais de carácter internacional.

5. Outros eventos expositivos internacionais organizados por terceiros non vinculados á empresa solicitante nin empresarial nin comercialmente, de duración limitada. Quedan incluídos nesta definición actuacións tales como: xornadas técnicas e demostracións, pases de produtos audiovisuais (screenings), participación en concursos ou certames, catas, degustacións, encontros b2b, e outras de similar natureza. A presenza como expositor obedecerá a un obxectivo comercial preestablecido ou responderá a unha oportunidade de negocio previamente identificada, relacionadas directamente cos bens ou servizos que producen ou prestan o sector representado polo organismo ou as empresas.

Están excluídos deste punto:

– Os mercados de época, os mercados festivos e os mercados ambulantes artesáns.

– Aqueles espazos expositivos ou promocionais que se utilicen como puntos de venda directa.

– As xiras, festivais, concertos e outros eventos de similar natureza.

6. Misións comerciais directas: viaxes de carácter comercial a un país obxectivo organizadas cunha axenda concertada de reunións co fin de establecer contactos, promocionar produtos ou servizos e crear oportunidades de negocio con socios potenciais, distribuidores, clientes ou aliados estratéxicos.

7. Misión comercial inversa: viaxes de clientes, compradores, importadores, distribuidores, medios de comunicación ou outros prescriptores con sede no estranxeiro co fin de dar a coñecer o organismo intermedio ou as pemes e os seus produtos e explorar formas de cooperación internacional. Inclúense tamén visitas ás localizacións dos proxectos executados polas empresas beneficiarias en Galicia que poidan servir como modelos a potenciais clientes. As viaxes poderán realizarse tanto ás instalacións do organismo intermedio e/ou das empresas situadas na Comunidade Autónoma de Galicia, como aos lugares onde o organismo solicitante e/ou as pemes teñan executado ou estean a executar proxectos que desexen presentar como modelo a clientes potenciais.

8. Campañas conxuntas de publicidade: accións publicitarias conxuntas en televisión, radio, prensa, revistas ou outros medios, tanto en formato impreso como dixital, sempre que a súa difusión se realice no estranxeiro. Estas campañas deberán estar orientadas á promoción dun sector empresarial galego ou de varias empresas galegas do mesmo sector ou de sectores complementarios con intereses comúns nos mercados obxectivo.

9. Elaboración de material promocional conxunto: catálogos, contidos audiovisuais, e similares, en calquera soporte, e que contribúan á divulgación e coñecemento no estranxeiro, sempre que se realice para un sector empresarial galego ou para varias empresas galegas do mesmo sector ou sectores complementarios con similares intereses nos mercados obxectivo.

10. Licitación internacional conxunta: convocatorias de subministracións de bens e servizos, proxectos e execución de obras, instalacións etc., lanzadas por autoridades públicas e as súas empresas de países de destino, ás cales concorren polo menos dúas empresas galegas, directamente.

Artigo 3. Procedemento e réxime de aplicación

1. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido na Lei 9/2007 que, no seu artigo 19.2, establece que as bases reguladoras das convocatorias de axudas poderán exceptuar o requisito de fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e a finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento ata o esgotamento do crédito orzamentario, coas garantías previstas no artigo 31.4 desta lei.

As solicitudes resolveranse atendendo á súa prelación temporal ata o esgotamento do crédito, do cal se dará a correspondente publicidade.

Para os efectos da determinación da prelación temporal, a data para ter en conta será a data e hora de presentación da solicitude completa. No caso de presentación de achegas ou de que a solicitude requira emenda, terase en conta a data e a hora en que a persoa solicitante presente correctamente toda a documentación e a información requirida. No caso de que máis dunha solicitude teña a mesma data de presentación, prevalecerá a solicitude cuxa data e hora de presentación fose anterior segundo conste no Rexistro Electrónico Xeral e, en último caso, prevalecerá aquela á cal o sistema lle asignase automaticamente o número de entrada máis baixo.

2. Non se poderán outorgar subvencións por contía superior á que se determine na presente convocatoria, salvo que se realice unha nova convocatoria, ou se produza un incremento de créditos derivados dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo, ou dunha transferencia de crédito, ao abeiro do disposto no artigo 31.2 da Lei 9/2007.

3. As axudas recollidas nestas bases incardínanse no réxime de axudas de minimis establecido no Regulamento (UE) nº 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis; no Regulamento (CE) nº 717/2014 da Comisión, do 27 de xuño, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L 190, do 28 de xuño) e no Regulamento 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro), ou as normas que os modifiquen.

4. A convocatoria de axuda proposta ten unha dotación de 1.500.000 € no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, cunha taxa de cofinanciamento Feder do 60 %, computándose como cofinanciamento nacional polo 40 % restante, parte de cofinanciamento público do Igape e o investimento privado elixible dos beneficiarios.

En particular, esta convocatoria enmárcase en:

Obxectivo político 1: unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións.

Prioridade P1A: transición dixital e intelixente.

Obxectivo específico 1.3: reforzar o crecemento sustentable e a competitividade das pemes e a creación de emprego nestas empresas, tamén mediante investimentos produtivos.

Actuación 1.3.03: axudas á internacionalización das empresas galegas.

Subtipo de acción 1.3.3.3: axudas ao programa Galicia Exporta Organismos Intermedios.

Ámbito de intervención 021: desenvolvemento empresarial e internacionalización das pemes, incluídos os investimentos produtivos.

Os indicadores do programa Galicia Feder 2021-2027 correspondentes a estas axudas son os seguintes:

– Indicador de realización RCO01-Empresas apoiadas (das cales, micro empresas, pequenas, medianas, grandes).

– Indicador de realización RCO02-Empresas apoiadas a través de subvencións.

– Indicador de resultado RCR02-Investimentos privados que acompañan ao apoio público.

5. Nesta convocatoria incorpórase o establecemento de métodos de custos simplificados conforme o disposto no artigo 54.a) do RDC.

6. En cumprimento do artigo 9.4 do RDC todos os proxectos financiados ao abeiro destas bases reguladoras deben respectar o principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (principio DNSH, polas súas siglas en inglés, do no significant harm).

Artigo 4. Concorrencia con outras axudas ou subvencións públicas

1. Estas axudas son incompatibles con calquera outra axuda para os mesmos gastos subvencionables.

2. Ao estar este réxime de axudas suxeito ao réxime de minimis, deberase garantir que de recibir a persoa beneficiaria outras axudas baixo o réxime de minimis non se supera o límite de 300.000 euros nos tres anos previos á concesión da axuda. Para as empresas do sector da pesca e a acuicultura as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 40.000 euros e para as empresas do sector agrícola o límite de minimis redúcese a 50.000 euros.

3. A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Instituto Galego de Promoción Económica tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente a documentación xustificativa do proxecto realizado. En todo caso, antes de conceder e pagar a axuda, requirirase da persoa solicitante unha declaración sobre calquera outra axuda pública ou privada recibida e/ou solicitada para o mesmo proxecto e/ou para os mesmos conceptos para os que solicita esta subvención e sobre calquera outra axuda de minimis recibida e/ou solicitada nos tres anos previos á concesión da axuda. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

Artigo 5. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas os organismos intermedios empresariais de Galicia.

2. Consideraranse, así mesmo, beneficiarias as empresas que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014 da Comisión, incluso autónomos, que teñan un centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia con polo menos un traballador no momento da presentación da axuda e que participen directamente nas accións subvencionadas e ás cales se lles imputará a axuda de minimis que lles corresponda segundo o gasto subvencionado. Cada peme participante deberá declarar o cumprimento dos requisitos de peme e as axudas de minimis solicitadas e/ou concedidas nos tres anos previos á concesión da axuda.

As empresas deben estar dadas de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir do 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización deberá facerse antes do final do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192.

3. Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias:

a) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

b) As empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada lei.

c) As agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade (agás empresarios autónomos), que careza de personalidade xurídica propia, aínda que realice actividade empresarial.

As persoas solicitantes da axuda cubrirán no formulario electrónico de solicitude unha declaración responsable de non atoparse en ningunha situación que as exclúa de ser beneficiarias conforme a este artigo.

d) Para subvencións de importe superior a 30.000 €, as empresas que incumpran os prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, e as súas posteriores modificacións, cando os solicitantes sexan unicamente suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei 3/2004.

Artigo 6. Condicións dos proxectos

1. Serán subvencionables os proxectos de internacionalización en que se executen unha ou varias das seguintes accións:

a) Promoción.

– Participación como expositor en feiras comerciais de carácter internacional organizadas por terceiros.

– Participación como expositor noutros eventos expositivos de carácter internacional organizados por terceiros non vinculados ao organismo nin as empresas solicitantes nin empresarial nin comercialmente.

– Misións comerciais directas.

– Misións comerciais inversas.

– Visitas conxuntas a feiras ou a outros eventos expositivos con carácter internacional.

b) Márketing e comunicación internacional.

– Campañas conxuntas de publicidade en medios de comunicación impresos ou dixitais, sempre que a súa difusión se realice no estranxeiro.

– Elaboración de material promocional conxunto.

c) Prospección de mercados internacionais.

– Accións cooperativas en destino para identificación de oportunidades, implantación promocional e exploración de mercados.

d) Operatividade da internacionalización.

– Accións destinadas a facilitar e optimizar a expansión das empresas galegas nos mercados exteriores, reforzando a súa competitividade e garantindo unha operatividade eficiente, mediante a adaptación a normativas internacionais, a homologación de produtos ou outras iniciativas que favorezan a súa consolidación no ámbito global.

2. Deberá haber unha participación mínima en función do tipo de acción:

• Accións sectoriais: o organismo intermedio solicitante.

• Accións grupais: deberán contar coa participación do organismo intermedio acompañado de, polo menos, unha peme ou, no caso de non participar o organismo, un mínimo de dúas pemes.

O número máximo de pemes participantes por acción será de 20, ademais do organismo intermedio. Este poderá estar representado por un máximo de dúas persoas, mentres que cada peme poderá contar cunha única persoa representante.

3. O período de execución dos gastos subvencionables denomínase prazo de execución do proxecto e abarcará desde o día 1 de xaneiro de 2025 (polo que a solicitude de axuda poderán incluír accións que se leven a cabo previamente á súa presentación, ben que o proxecto para o que se solicita a axuda non poderá estar executado integramente –data da última factura– no momento de presentar a solicitude de axuda) ata o derradeiro día do prazo de execución establecido na resolución de concesión para os efectos de cumprir todas as condicións nela establecidas.

Excepcionalmente, serán considerados subvencionables os gastos relacionados coas reservas de espazos, viaxes e aloxamentos realizados antes do inicio do período de execución ordinario, sempre que a solicitude inclúa accións de participación como expositor nas ditas feiras ou eventos expositivos internacionais, e se xustifique que estes gastos son imprescindibles para garantir a participación na actividade prevista.

4. Cando o importe do tipo de gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público para o contrato menor (importe igual ou superior a 15.000 € no caso de prestación do servizo ou adquisición do ben, no momento de publicar estas bases), a persoa beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación da execución da obra, da prestación do servizo ou da adquisición do ben, salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude de subvención ou que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de provedores que os presten ou subministren. Neste último caso, presentarase un escrito acreditativo desta circunstancia asinado por un experto independente.

As tres ofertas ou orzamentos de provedores deberán reunir, como mínimo, os seguintes requisitos:

a) Comparabilidade: deberán referirse á mesma tipoloxía de elemento obxecto de investimento, con prestacións similares e conter conceptos análogos e comparables e co detalle suficiente para a súa comparación.

b) Non vinculación: os provedores das tres ofertas non poderán ser vinculados entre si nin coa empresa solicitante. Para estes efectos, enténdese que existe vinculación se se dan as circunstancias previstas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e o artigo 43.2 do decreto que desenvolve a citada lei; así mesmo, tomarase en consideración a definición de empresas asociadas ou de empresas vinculadas establecida nos puntos 2 e 3, respectivamente, do artigo 3 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

c) Identificación do ofertante e do destinatario: deberán conter a razón social, o domicilio e o número ou código de identificación fiscal. Excepcionalmente, poderán admitirse ofertas ou orzamentos en que se omita algún dos elementos identificativos do emisor ou do destinatario cando, ao criterio dos servizos técnicos do Igape, se considere que están clara e inequivocamente identificados o ofertante e o destinatario.

d) Data: todas as ofertas deberán mostrar unha data de emisión.

Non serán admisibles as ofertas emitidas por provedores que non teñan a capacidade para a subministración do ben ou servizo ou que semellen de compracencia (contido e formato idénticos ou extremadamente similares entre ofertas, erros idénticos ou aparencia non habitual, entre outros).

Con carácter xeral, para cada elemento será subvencionable o importe correspondente á oferta de menor prezo de entre as comparables. Excepcionalmente, cando a solicitante non escolla a oferta de menor prezo, poderá considerarse subvencionable o importe da oferta elixida cando acredite que se trata da oferta economicamente máis vantaxosa tras a valoración de diferentes criterios adicionais ao prezo.

Excepcionalmente, poderase autorizar a contratación con provedores vinculados, con carácter previo á concesión, cando se xustifique a necesidade por parte da persoa solicitante e se acredite que a contratación atende a prezos de mercado.

5. En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

6. Todos os gastos deben ser facturados ao organismo intermedio solicitante e pagados polo dito organismo. Non se admiten pagamentos en efectivo.

7. Non se subvencionarán os servizos contratados relacionados coa actividade empresarial da persoa solicitante da axuda.

8. Cando a persoa beneficiaria da subvención sexa unha empresa, os gastos subvencionables nos que incorrese nas súas operacións comerciais deberán ter sido aboados nos prazos de pagamento previstos na normativa sectorial que lle sexa de aplicación ou, na súa falta, nos establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

Artigo 7. Gastos subvencionables e intensidade da axuda

1. Serán subvencionables aqueles gastos que correspondan de xeito indubidable á natureza da actuación subvencionada e resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento do plan para o cal foron concibidos.

Os gastos subvencionables clasifícanse en:

Custos directos: determinados con base no seu custo real que se corresponden cos descritos no punto 2 deste artigo.

Custos indirectos: son aqueles custos distintos dos custos directos subvencionables, que non poden vincularse directamente á actividade subvencionada pero resultan necesarios para a súa realización, nos cales se inclúen os gastos administrativos (tales como xestión administrativa e contable), subministracións (comunicacións, auga, electricidade, calefacción, teléfono), seguros, mantemento ou limpeza.

2. Custos directos:

a) Promoción.

1º. Gastos asociados á participación e visitas a feiras, outros eventos expositivos internacionais e misións comerciais directas:

– Billetes de avión, tren, autobús, barco e viaxes internos que sexan necesarios para o desenvolvemento da acción. No caso de proxectos que impliquen viaxar a máis dun país, tamén serán subvencionables os desprazamentos entre eses países. Son subvencionables os gastos de facturación de equipaxe e elección de asentos.

– Taxas de viaxe, seguros de viaxe, visados e gastos de xestión da axencia de viaxe.

– Aluguer de vehículos sen condutor.

– Aloxamento en réxime de aloxamento e almorzo, na cidade de celebración da feira ou evento expositivo ou da misión comercial, ou nos seus arredores, cun máximo de 5 pernoitas. Polo menos, unha das pernoitas debe coincidir coas datas de celebración da feira ou evento en que se participa. No caso de accións en máis dun país, poderanse engadir un máximo de 2 pernoitas máis por país cun máximo total de 10 pernoitas. Un máximo de dúas pernoitas poden realizarse in itinere.

Límite de gastos:

Os indicados no anexo III.

Gastos non subvencionables:

◦ Viaxe e aloxamento para feiras comerciais e eventos expositivos que teñan lugar na Comunidade Autónoma de Galicia.

◦ Taxis e VTC.

– Alugamento de espazos e/ou stand, e servizos relacionados coa participación na feira ou evento internacionais: son subvencionables os gastos de alugamento de espazos e ou stand, entradas, cotas de inscrición, deseño, construción, montaxe e desmontaxe de stand, alugamento de mobiliario, equipamento, decoración ou personalización do stand, alugamento de equipamentos audiovisuais, participación en actividades paralelas organizadas no marco da feira; contratación de intérpretes, modelos ou de persoal de apoio e outros servizos de natureza similar debidamente xustificados.

Límite de gastos:

Admítense como máximo 22 entradas por evento, con un importe máximo por entrada de 1.500 €.

– Elaboración de axendas de reunións de carácter presencial vinculadas coas anteriores accións: son subvencionables os gastos de servizos de consultoría.

Non é subvencionable a simple elaboración da axenda se non se realizan as reunións correspondentes dentro do prazo de execución do proxecto. Inclúense as axendas virtuais.

As empresas que presten este tipo de servizos descritos deberán estar dadas de alta na base de datos de axentes comerciais mediadores no exterior do Igape. Este requisito non se requirirá cando o servizo sexa prestado polas oficinas comerciais ou cámaras de España no estranxeiro, ou polas oficinas comerciais ou organismos públicos españois ou estranxeiros que presten este tipo de servizos.

Límite de gasto:

3.000 € por acción.

2º. Gastos por participación como expositor en feira ou evento virtual:

– Alugueiro de stand virtual e dos servizos relacionados co alugamento; gastos de intérpretes, e as cotas de inscrición en feiras e eventos expositivos virtuais cun máximo de 2 persoas por empresa.

Límite de gasto:

1.500 € por evento.

3º. Gastos asociados a misións inversas:

Para que o gasto sexa subvencionable é necesario que na misión participen un mínimo de tres empresas ou prescriptores visitantes, cun máximo de 20 participantes por acción.

Gastos subvencionables:

– Billetes de avión, tren, autobús e barco. Son subvencionables os gastos de facturación de equipaxe e elección de asentos.

– Taxas de viaxe, seguros de viaxe, visados e gastos de xestión da axencia de viaxe.

– Desprazamentos en Galicia mediante servizo contratado: autobús, minibús, taxi ou vehículo con condutor.

– Aloxamento en Galicia en réxime de aloxamento e almorzo cun límite de 5 pernoitas por persoa.

– Asistencia externa para a realización de axendas, detección de oportunidades ou outros de natureza similar.

– Alugamento de salóns e espazos.

– Intérpretes.

Límites de gasto:

Os mencionados no anexo III.

Os gastos de asistencia externa teñen un límite máximo de 2.000 € por acción.

Os gastos en intérpretes teñen un límite máximo de 1.500 € por acción.

b) Márketing e comunicación internacional.

– Gastos para a realización de campañas conxuntas de publicidade: compra de espazos publicitarios e insercións en medios. As campañas deberán ser realizadas dentro do prazo de execución do proxecto.

– Gastos para la elaboración de material promocional conxunto: deseño, elaboración, edición, montaxe, produción, tradución e impresión do material promocional.

Límite de gasto:

O límite máximo de gastos subvencionables para as accións deste punto é de 50.000 € para a totalidade das solicitudes presentadas polo organismo intermedio dentro do marco desta convocatoria.

Gastos non subvencionables:

– Os custos de mailing.

– Os convites.

– Folletos, material de papelaría, tarxetas, sobres, carpetas, listas de prezos e calquera outro material que non estea dirixido estritamente a fins promocionais.

– Carteis, dípticos e trípticos, manuais de instrucións, flyers, displays, roll up, ou outros elementos de similares características.

– Produtos de merchandising e outros agasallos promocionais.

c) Prospección de mercados internacionais.

Alugueiro de locais promocionais para actividades de prospección ou exploración en mercados internacionais.

Gastos non subvencionables:

O alugueiro de locais que se utilicen como puntos de venda directa.

Límite de gasto:

O límite máximo de gastos subvencionables para este punto é de 14.500 € por solicitude.

d) Operatividade para a internacionalización.

– Bases de datos de intelixencia competitiva internacional sectorial: cotas de bases de datos de intelixencia competitiva internacional sectoriais.

– Xestión de tramitación de acordos de joint-ventures, contratos, certificacións, homologacións e rexistros de marca e patentes para o estranxeiro (inclúese o rexistro de códigos fonte): asistencia xurídica ou técnica e servizos para a tradución de documentación.

– Xestión de licitacións internacionais conxuntas: asistencia xurídica ou técnica e servizos para tradución de documentación.

3. Custos indirectos:

Fíxanse nun tipo fixo do 7 % sobre os custos directos subvencionables indicados no punto 2 anterior, ao abeiro do disposto no artigo 54.a) do RDC.

4. Non son subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación ou calquera outro gasto que non estea directamente vinculados coa realización da acción subvencionable.

5. A contía da axuda será dunha subvención do 70 % dos custos directos subvencionables relacionados no punto 2 do artigo 7. Ademais, engádese a subvención dos custos indirectos do proxecto, correspondente a un tipo fixo do 7 % sobre os custos directos subvencionables ao abeiro do disposto no artigo 54.a) do RDC.

6. O organismo intermedio e as empresas que participen directamente nas accións subvencionadas serán consideradas persoas beneficiarias para os efectos de imputación da axuda de minimis que lles corresponda.

Nas accións grupais, cando participen conxuntamente o organismo intermedio e as pemes, os gastos serán divididos de forma equitativa entre todas as partes implicadas. No caso de que só participen pemes, o minimis correspondente á totalidade do gasto subvencionado será repartido entre elas.

7. O importe máximo de subvención será de 400.000 €, custos indirectos incluídos por beneficiario e convocatoria para o conxunto de solicitudes presentadas.

O gasto mínimo subvencionable do proxecto, excluídos os custos indirectos, será de 3.500 € (IVE excluído).

En ningún caso, a suma total das subvencións concedidas poderá superar o importe máximo establecido nas bases reguladoras nin os límites específicos definidos para cada tipo de acción.

Ademais, todas as solicitudes estarán condicionadas á existencia de crédito suficiente no momento da resolución.

Artigo 8. Forma e lugar de presentación das solicitudes

1. Dentro do prazo establecido na convocatoria para presentar a solicitude de axuda, os organismos interesados definidos no artigo 2 deberán cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias da persoa solicitante e das accións para as que solicita a subvención, a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual

Os organismos intermedios poderán presentar máis dunha solicitude sempre que cada unha delas inclúa acciones distintas e non recollidas noutras solicitudes previamente presentadas no marco da presente convocatoria.

Deberán cubrirse necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios.

No formulario electrónico o solicitante deberá cubrir unha memoria xustificativa das accións para as cales solicita subvención que incluirá os mercados obxecto das accións e, para cada acción, detalle de: tipo, título, descrición, datas estimadas de inicio e fin, orzamento e lugar de celebración (se procede).

No devandito formulario o organismo interesado realizará as seguintes declaracións:

a) Que asumirá a aplicación de medidas anticipadas eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeita de fraude.

b) Que non está suxeita a unha orde de recuperación de axudas como consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

c) Que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións, así como a normativa vixente sobre accesibilidade de persoas con discapacidade.

d) Que as empresas cumpren cos criterios de definición de peme, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no Regulamento (UE) nº 651/2014.

O Igape realizará as comprobacións documentais necesarias para garantir que as entidades para as que se propón a concesión da axuda teñen a condición de peme.

e) Que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

f) Que conservará os libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á persoa beneficiaria en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos subvencionables durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que o Igape efectúe o último pagamento á persoa beneficiaria.

g) Declaración das axudas concorrentes para os mesmos gastos subvencionables, solicitadas ou concedidas.

h) Declaración sobre calquera outra axuda de minimis recibida e/ou solicitada nos tres anos previos á concesión da axuda.

i) Para as entidades suxeitas a inscrición no Rexistro Mercantil (persoas xurídicas): que cumpriu coa obrigación de depósito no Rexistro Mercantil das contas anuais correspondentes ao último exercicio coa obrigación de depósito, segundo os artigos 366 e 368 do Regulamento do Rexistro Mercantil (Real decreto 1784/1996, do 19 de xullo) e o artigo 279.1 do texto refundido de lei de sociedades de capital.

j) Que cumpre o principio de non causar prexuízo significativo ao ambiente (principio do no significant harm-DNSH), segundo o anexo V a estas bases.

k) Que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal se solicita a axuda e garantir a sustentabilidade financeira do proxecto.

l) Que os provedores non están asociados nin vinculados coa empresa solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, entendéndose que existe vinculación se se dan as circunstancias previstas no artigo 27.7 da Lei 9/2007 e o artigo 43.2 do decreto que desenvolve a citada lei; así mesmo, tomarase en consideración a definición de empresas asociadas ou de empresas vinculadas establecida nos puntos 2 e 3 respectivamente, do artigo 3 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

2. A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que se realizou a emenda.

3. Os solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos para presentar a solicitude por medios electrónicos:

a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade do solicitante.

b) A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma @firma da Administración xeral do Estado, que son os que figuran nesta relación: http://administracionelectronica.gob.es/PAe/aFirma-Anexo-PSC

c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dunha única persoa solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dunha persoa solicitante (por exemplo, solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada etc.), deberá necesariamente anexar un documento en que se deixe constancia de que todas as persoas asinantes autorizan a unha delas para presentar a solicitude. Este documento deberá estar asinado electronicamente por cada un dos autorizantes.

Unha vez asinado o formulario de solicitude, mediante certificación dixital do presentador, e transferidos estes ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.

No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo en que quedará constancia do feito da presentación.

As persoas solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da presentación na oficina virtual do Igape (https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual).

Artigo 9. Documentación complementaria

1. Os organismos interesados deberán achegar, xunto coa solicitude, a seguinte documentación:

a) No caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil, as persoas interesadas deberán achegar acta e estatutos de constitución debidamente inscritos no rexistro competente, modificacións posteriores destes, e acreditación da representación con que se actúa, no caso de non atoparse inscritas no Rexistro Xeral de Apoderamentos de Galicia (REAG).

b) As tres ofertas que, se é o caso, en aplicación do artigo 29.3 da Lei 9/2007, deba ter solicitado, de acordo co establecido no artigo 6 das bases reguladoras, agás as excepcións previstas nestas bases reguladoras.

c) Para subvencións de importe superior a 30.000 €, as persoas beneficiarias deben cumprir coa normativa en materia de prazos a provedores, o que se acreditará polos seguintes medios de proba:

1º. As persoas físicas e xurídicas que, de acordo coa normativa contable, poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante certificación subscrita pola persoa física ou, no caso de persoas xurídicas, polo órgano de administración ou equivalente, con poder de representación suficiente, na que afirmen alcanzar o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na citada Lei 3/2004, do 29 de decembro. Poderán tamén acreditar a dita circunstancia por algún dos medios de proba previstos no punto 2º e con suxeición á súa regulación.

2º. As persoas xurídicas que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante:

i. Certificación emitida por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que conteña unha transcrición desagregada da información en materia de pagamentos descrita na memoria das últimas contas anuais auditadas, cando delas se desprenda que se alcanza o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, determinado neste punto, con base na información requirida pola disposición adicional terceira da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, do 29 de decembro.

Esta certificación será válida ata que resulten auditadas as contas anuais do exercicio seguinte.

ii. No caso de que non sexa posible emitir a certificación de auditor a que se refire o número anterior, «Informe de procedementos acordados» elaborado por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que, con base na revisión dunha mostra representativa das facturas pendentes de pagamento a provedores da sociedade a unha data de referencia, conclúa sen a detección de excepcións ao cumprimento dos prazos de pagamento da Lei 3/2004, do 29 de decembro, ou, no caso de que se detectasen, estas non impidan alcanzar o nivel de cumprimento requirido no punto segundo da letra d) da disposición derradeira sexta da Lei 18/2022, do 28 de setembro, de creación e crecemento de empresas.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os devanditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos u outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, excepto que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa presentación.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que se realizou a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias presentadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición da documentación ou da información orixinal.

Artigo 10. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, excepto que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa representante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) NIF da entidade representante.

d) Certificado da AEAT de alta no imposto de actividades económicas (IAE).

e) Consulta de información do imposto de actividades económicas ampliado.

f) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.

g) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

h) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda e Administración Pública.

i) Documentación depositada no Rexistro Mercantil segundo o artigo 9.1.a) destas bases.

j) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

k) Consulta de concesións pola regra de minimis.

l) Consulta de concesións de subvencións e axudas.

m) Consulta ao Rexistro Central de Titularidades Reais (RCTIR), en aplicación do disposto no artigo 69.2 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberano indicar no recadro correspondente habilitado no anexo I de solicitude e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 11. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán realizarse electronicamente accedendo a través da dirección da internet: https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual

Artigo 12. Órganos competentes

A competencia para a instrución do procedemento de concesión da subvención correspóndelle á Área de Internacionalización do Igape e a competencia para ditar a resolución, que poña fin ao procedemento na vía administrativa, correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral do Igape, por delegación do Consello de Dirección do Igape.

Artigo 13. Instrución dos procedementos

1. As solicitudes avaliaranse por orde de entrada de solicitudes completas ata a total utilización do orzamento da convocatoria, en réxime de concorrencia non competitiva. Cando se produza o esgotamento do crédito, as solicitudes pendentes de avaliación resolveranse denegando a solicitude.

2. Sobre a solicitude de axuda emitirán informe os servizos do órgano instrutor do Igape en función dos datos relativos á persoa solicitante e ao proxecto declarados na solicitude de axuda e no formulario e na documentación presentada.

3. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, se a solicitude ou o formulario non reúnen algunha da documentación ou información previstas nas bases, requirirase a persoa interesada para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos.

Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixese, se considerará por desistido na súa petición e arquivarase o expediente, logo da correspondente resolución.

4. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de denegación, en que se indicarán as causas desta.

Artigo 14. Resolución e notificacións

1. A Área de Internacionalización ditará a proposta de resolución en base a este procedemento. A continuación, elevaraa á persoa titular da Dirección Xeral do Igape, quen emitirá a resolución de concesión das subvencións, por delegación do Consello de Dirección do Igape.

2. A resolución de concesión da subvención comprenderá a identificación das persoas beneficiarias, contía da subvención e obrigas que correspondan ás persoa beneficiarias, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse con ela, o plan financeiro e o calendario de execución, con indicación do método que se aplica para determinar os custos da operación, así como os demais requisitos previstos na normativa comunitaria para a selección da operación que debe conter o documento polo que se establecen as condicións de axuda (DECA).

Na resolución constará a información sobre o cofinanciamento pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 e as correspondentes porcentaxes, con indicación do obxectivo político, obxectivo específico, actuación e ámbito de intervención.

Tamén incluirá a comunicación de que a aceptación da axuda implica a aceptación da inclusión das entidades beneficiarias na lista de operacións, que se publicará no portal da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Facenda, co contido previsto no punto 3 do artigo 49 do Regulamento (UE) nº 2021/1060.

Informarase a persoa beneficiaria sobre o carácter de minimis da axuda, facendo unha referencia expresa e completa ao regulamento de minimis que corresponda.

3. Na resolución denegatoria de axuda farase constar o motivo da denegación.

4. As notificacións das resolucións e actos administrativos do procedemento practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

As notificacións por medios electrónicos entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e entenderanse rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, o Igape practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

5. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será o establecido na resolución de convocatoria, transcorrido o cal se poderá entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión da axuda.

Artigo 15. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro destas bases porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Potestativamente, recurso previo de reposición, ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, por delegación do Consello de Dirección do Igape, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da resolución, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo co establecido nestas bases reguladoras, se produza o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 16. Modificación da resolución

1. Unha vez ditada a resolución de concesión, observarase o establecido no artigo 35 do Decreto 11/2009, admitíndose, dentro dos límites xerais establecidos nestas bases, modificacións relativas ao orzamento subvencionable á baixa, ao traspaso orzamentario entre partidas de gasto, á modificación do prazo de execución, ao cronograma de execución, á tipoloxía de accións a acometer e tipoloxía de gasto, e ao/aos país/es obxectivo, sempre e cando estes cambios non desvirtúen o proxecto. Non se admitirán modificacións que supoñan unha maior subvención para o beneficiario.

Non se considerarán modificacións:

– Feiras ou eventos expositivos internacionais: modificación das datas.

– Misións comerciais directas: cambio de datas ou substitución do destino ou destinos previstos na misión.

– Misións comerciais inversas: modificación das datas ou do lugar de procedencia dos visitantes.

2. Cada solicitude poderá ser modificada unha única vez, e a modificación deberá presentarse, como máximo, dous meses antes da data de finalización do prazo de execución do proxecto.

3. A persoa beneficiaria deberá comunicar ao Igape a modificación das condicións establecidas na resolución. O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado, por delegación do Consello de Dirección do Igape, pola persoa titular da Dirección Xeral do Igape, tras a instrución do correspondente expediente, no cal se dará audiencia ás persoas interesadas. Con todo, poderase prescindir deste trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin se teñan en conta na resolución outros feitos, alegacións ou probas que as aducidas polas persoas interesadas.

Artigo 17. Obrigas das persoas beneficiarias

Son obrigas das persoas beneficiarias:

1. Executar as accións que fundamentan a concesión das subvencións no prazo establecido na resolución de concesión.

2. Xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e das condicións establecidos na resolución de concesión da subvención, así como a realización das accións e o cumprimento da finalidade que determine a resolución de concesión da axuda.

3. Someterse ás actuacións de comprobación e/ou de control financeiro que deba efectuar o órgano concedente, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, a Intervención Xeral da Administración do Estado, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, ou en xeral as comprobacións e verficacións a realizar polo organismo intermedio, a autoridade de xestión e, de ser o caso, os órganos de control da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo ou outras instancias de control, en particular ás verificacións previstas no artigo 74 do RDC, as auditorías do organismo de auditoría do programa Galicia Feder 2021-2027 ou das distintas instancias comunitarias de control sobre os fondos europeos, e achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento á persoa beneficiaria (artigo 82 do RDC).

4. Durante o período citado no punto anterior, as entidades e as empresas participantes nas accións estarán obrigadas a subministrar, por requirimento do Igape, os datos relativos á evolución da súa actividade exportadora (volume de facturación, servizos ou produtos exportados, países, etc.) e resultados concretos obtidos gracias ás accións financiadas en que participan, para os efectos de realizar as avaliacións oportunas sobre o resultado das accións financiadas.

5. Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas con gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

6. Comunicar ao Igape a solicitude e/ou obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien os investimentos subvencionados, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, coa solicitude de cobramento da subvención.

7. Cumprir os requisitos de comunicación do financiamento público do proxecto polo Igape, a Xunta de Galicia e a Unión Europea, segundo o establecido no anexo VI das bases reguladoras, durante o período de execución.

8. Comprometerse a evitar os impactos negativos significativos no ambiente na execución das actuacións, respectando o principio de «non causar prexuízo significativo» (principio do no significant harm-DNSH), no sentido establecido no artigo 9.4 do RDC.

9. Facilitar os datos do titular real dos perceptores do financiamento da Unión, no caso de que, requirida a dita información ás autoridades competentes, non poida disporse dela.

10. Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007.

11. No caso de non ser quen de realizar as accións para as que se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución e, en todo caso, sempre con anterioridade ao vencemento do prazo de execución concedido para o proxecto.

12. Todo o anterior sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007.

Artigo 18. Xustificación da subvención

1. Para a xustificación do proxecto subvencionable e o cobramento da subvención concedida, o organismo beneficiario, dentro do prazo establecido na resolución de convocatoria, deberá cubrir previamente o formulario electrónico de liquidación a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual

Deberá cubrir, necesariamente, todos os campos establecidos como obrigatorios. O dito formulario conterá os requisitos establecidos no artigo 48 do Decreto 11/2009 para a presentación da conta xustificativa, incluíndo unha relación detallada dos outros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada.

2. O organismo beneficiario deberá presentar a solicitude de cobramento mediante o formulario normalizado (anexo II) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

3. Unha vez xerada a solicitude de cobramento na aplicación informática, a persoa beneficiaria deberá presentala obrigatoriamente por vía electrónica.

4. No caso de que a solicitude de cobramento non se presentase en prazo ou a xustificación fose incorrecta, requirirase a persoa beneficiaria para que corrixa os erros ou defectos observados no prazo de dez días hábiles. A falta de presentación da xustificación no prazo improrrogable establecido comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a esixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, segundo o disposto no artigo 45.2 do seu regulamento. A presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá a persoa beneficiaria das sancións que, conforme a lei, correspondan. A xustificación cumprirá, en todo caso, os requisitos establecidos nos artigos 28 e 30 da devandita Lei 9/2007.

5. Xunto coa solicitude de cobramento a persoa beneficiaria da axuda presentará a seguinte documentación:

a) Documentación xustificativa do gasto: documentos acreditativos dos gastos consistentes en facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, segundo o establecido no artigo 28.3 da Lei 9/2007 e no artigo 48 do Decreto 11/2009.

As facturas deberán incluír información suficiente para vinculalas co gasto xustificado. No caso das facturas de viaxes e aloxamento, deberán especificar as datas e os nomes dos viaxeiros ou hospedados.

b) Documentación xustificativa do pagamento, conforme este se realizou efectivamente dentro do prazo de execución, por algún dos seguintes medios:

1º. Xustificante de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario, ou xustificante electrónico de transferencia bancaria en que conste o código de verificación na sede electrónica da entidade bancaria ou outro mecanismo que garanta a veracidade do xustificante. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento e o importe da factura. En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor, nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

2º. Informe de auditor de contas inscrito como exércente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que deberá manifestarse sobre o período de realización (facturación) e pagamento dos gastos alegados, así como sobre a existencia ou non de aboamentos ou devolucións posteriores que poidan supoñer unha redución no valor patrimonial dos bens alegados como subvencionables no expediente.

No suposto de que o xustificante de pagamento inclúa varias facturas, deberase achegar unha relación delas, asinada polo representante legal.

No suposto de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ás accións subvencionadas, a xustificación do pagamento débese realizar sempre mediante algún dos medios sinalados nos puntos anteriores para as facturas alegadas nas accións e, ademais, algún dos seguintes documentos: unha relación emitida polo banco dos pagamentos realizados, unha orde de pagamentos da empresa selada polo banco ou recibo asinado polo provedor, para os efectos de identificar as facturas non referidas ás accións subvencionadas.

As facturas en moeda estranxeira deben presentarse coa copia dos documentos bancarios de cargo en que conste o cambio empregado.

c) Declaración sobre calquera outra axuda recibida e/ou solicitada durante os tres anos anteriores ao da concesión da axuda, que se deberá cubrir no formulario electrónico de liquidación.

d) As tres ofertas que deba solicitar o beneficiario, de acordo co establecido no artigo 6 das bases reguladoras, no caso de non achegalas coa solicitude de axuda.

e) Calquera soporte dos establecidos no anexo VI das bases onde se aprecie que se cumpriu a obrigatoriedade de publicidade do financiamento público.

f) Unha breve memoria explicativa que inclúa, como mínimo, un índice das accións realizadas, as datas de execución e os gastos realizados. Os detalles específicos serán desenvolvidos posteriormente en cada informe de execución.

g) Informe de execución específico para cada acción segundo o modelo do anexo IV, que inclúe un resumo das accións realizadas, obxectivos acadados, lugar de execución e datas e a numeración da documentación específica para cada tipo de acción.

h) Documentación específica segundo o tipo de acción subvencionada:

1º. Accións de promoción.

– Fotografías do stand na feira onde se identifique claramente o nome do expositor e o número de stand.

– Fotografías ou copia dixital do catálogo expositor, ou certificado do expositor.

– Fotografías do espazo de celebración do evento expositivo internacional.

– No caso de gastos de asistencia externa en destino para a detección de oportunidades, a realización de axendas, seguimento de contactos ou clientes iniciais ou existentes: achegar informe asinado polo provedor en que se indique, como mínimo, situación –antes e unha vez realizada a acción– polo que se refire ao servizo contratado, servizos prestados e resultados. E, de ser o caso, detalle das axendas elaboradas con identificación das contrapartes, lugar e datas das reunións realizadas.

2º. Accións de márketing e comunicación internacional.

– Para anuncios en prensa escrita: fotos das insercións e detalle dos medios, datas das publicacións e países.

– Para cuñas radiofónicas ou spots audiovisuais: certificados de emisión.

– Para publicidade en catálogos: fotografías ou copia dixital do catálogo.

– Para insercións publicitarias dixitais: capturas de pantalla ou enlaces operativos.

– Para elaboración de catálogos: fotografías ou copia dixital do material realizado.

3º. Accións de prospección.

– Fotografías do espazo alugado.

4º. Accións de operatividade.

– Informe asinado pola empresa provedora, en que se indique, como mínimo, situación da persoa solicitante da axuda –antes e unha vez realizada a acción– polo que se refire ao servizo contratado, servizos prestados e resultados.

O Igape poderá solicitar as aclaracións pertinentes á documentación presentada ou informes relativos á xustificación do proxecto que consideren convenientes.

A persoa beneficiaria deberá cubrir na ficha resumo de facturas do formulario electrónico de liquidación os seguintes datos relativos á contabilidade nos que se reflictan os custos subvencionados para acreditar a obriga establecida no artigo 17.5: número de asento, data do asento e número de conta contable, xunto cunha declaración responsable da persoa beneficiaria de que estes datos reflicten a realidade contable da operación subvencionada.

A persoa beneficiaria deberá presentar a documentación xustificativa obrigatoriamente por vía electrónica.

A persoa beneficiaria responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. A achega das copias dixitalizadas implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

6. En todos os casos, as persoas beneficiarias deberán estar ao día nas súas obrigas coa Facenda Pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social. No caso de que a persoa beneficiaria se opoña á consulta ou non preste o consentimento expreso, deberá achegar as certificacións xunto co resto da documentación xustificativa.

7. Advírtese que calquera discrepancia entre a documentación xustificativa e as declaracións da solicitude de axuda poderá ser motivo de perda de dereito ao cobramento da axuda total ou parcial e, de ser o caso, o reintegro das cantidades previamente aboadas.

8. O Igape poderá aceptar variacións entre os importes aprobados para cada unha das accións, coa dobre condición de que a oscilación, en máis ou menos, non supere o 20 % de cada acción e que, no seu conxunto, non varíe o importe total do gasto aprobado nin da axuda concedida, nin desvirtúe as características do proxecto e condicións que fosen tidas en conta para resolver a concesión.

Artigo 19. Aboamento das axudas

1. Poderase realizar o pagamento anticipado, como financiamento necesario para levar a cabo as actuacións inherentes á subvención, de ata o 50 % do importe da subvención concedida, sempre que a persoa beneficiaria o solicitase marcando esta opción no anexo I de solicitude, co límite da anualidade prevista no exercicio orzamentario correspondente. A concesión do anticipo, se é o caso, incluirase na resolución de concesión da axuda. A persoa beneficiaria queda eximida da obriga de constituír garantías conforme o disposto no artigo 67.4 do Decreto 11/2009.

2. O pagamento final realizarase polo resto do importe da subvención concedida, unha vez cumprido o obxecto para o cal foi concedida, que se xustificará mediante a presentación, na forma e nos prazos previstos nestas bases, da documentación xustificativa do pagamento final establecido no artigo 18.5. Non se poderá realizar, en ningún caso, o pagamento da subvención mentres a entidade beneficiaria non figure ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias –estatais e autonómicas– e da Seguridade Social, sexa debedora en virtude de resolución declarativa da procedencia de reintegro ou teña algunha débeda pendente, por calquera concepto, coa Administración da Comunidade Autónoma.

3. O réxime de pagamento deberá cumprir o establecido no artigo 31 da Lei 9/2007 e no título IV do seu regulamento.

Artigo 20. Perda do dereito á subvención e reintegro das axudas

1. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación do cumprimento das accións subvencionadas, das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigas contidas nestas bases reguladoras, de concorrencia das causas establecidas no artigo 33 da Lei 9/2007, ou na demais normativa aplicable, o que dará lugar, se é o caso, ao deber de reintegrar total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de mora correspondentes.

2. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de cobramento da subvención e para facer efectivo o reintegro a que se refire o punto anterior será o establecido no título II da Lei 9/2007.

3. Procederá a perda total do dereito ao cobramento da axuda concedida, sen prexuízo da incoación do oportuno expediente sancionador, nos seguintes casos:

a) Obter a subvención sen reunir as condicións requiridas.

b) Non xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.

c) Non facilitar os datos requiridos sobre a actividade exportadora ou non permitan someterse ás accións de comprobación que efectúe o Igape, así coma calquera outra acción, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, nomeadamante a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, a Intervención Xeral da Administración do Estado, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, ou en xeral as comprobacións e verficacións para realizar polo organismo intermedio, a autoridade de xestión e, de ser o caso, os órganos de control da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo ou outras instancias de control, en particular ás verificacións previstas no artigo 74 do RDC, as auditorías do organismo de auditoría do programa Galicia Feder 2021-2027 ou das distintas instancias comunitarias de control sobre os fondos europeos. Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento á persoa beneficiaria (artigo 82 do RDC).

d) Non dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á persoa beneficiaria en cada caso.

e) Non acreditar que se atopa ao día nas súas obrigas fiscais, coa Seguridade Social e coa Comunidade Autónoma.

f) En relación con outras subvencións e axudas, suporá a perda ou, se é o caso, o reintegro, do 100 % da subvención concedida:

– A non comunicación ao Igape da súa obtención, cando estas financien as actividades subvencionadas.

– A percepción doutras subvencións públicas incompatibles coa subvención prevista nestas bases reguladoras.

g) Non comunicar ao Igape a modificación das circunstancias que fundamentaran a concesión da subvención.

h) Cando, a consecuencia do incumprimento, o gasto subvencionable quede por debaixo do mínimo establecido nestas bases reguladoras para o acceso ás axudas ou supere os criterios para a determinación da perda parcial do dereito ao cobramento da axuda establecidos no artigo 20.4.

i) Non darlle publicidade ao financiamento do proxecto, de acordo co establecido no anexo VI destas bases.

4. Perda parcial do dereito ao cobramento: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomadas en conta na concesión das axudas, o Igape poderá declarar a perda parcial do dereito ao cobramento, debendo resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión e, se e o caso, establecendo a obriga de reintegro co seguinte criterio:

a) No caso de incumprimento das condicións referentes á contía ou conceptos dos gastos subvencionable, o seu alcance determinarase proporcionalmente a aqueles deixados de practicar ou aplicados a outros distintos dos considerados subvencionables debendo, se e o caso, reintegrarse as cantidades percibidas na dita proporción.

b) Non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados co Feder, suporá a perda ou, se é o caso, o reintegro, dun 2 % da subvención concedida.

Con carácter xeral, se o incumprimento supera o 50 % dos costes directos subvencionables, entenderase que o devandito incumprimento é total, e deben reintegrarse todas as cantidades percibidas e os seus xuros de demora.

5. Devolución voluntaria da subvención.

De acordo co establecido no artigo 64 do Decreto 11/2009, as persoas beneficiarias poderán realizar, sen requirimento previo da Administración, a devolución total ou parcial da subvención concedida, mediante o seu ingreso na conta ES83 2080 0388 2731 1000 0584 en concepto de devolución voluntaria da subvención.

En todo caso, a persoa beneficiaria deberá presentar ante o órgano concedente copia xustificativa da devolución voluntaria realizada, na cal conste a data do ingreso, o seu importe e o número do expediente e denominación da subvención concedida.

Artigo 21. Réxime sancionador

Ás persoas beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007.

Artigo 22. Fiscalización e control

As persoas beneficiarias destas subvencións someteranse ás actuacións de comprobación e/ou de control que realice o Igape para o seguimento dos proxectos aprobados e ás de control financeiro que correpondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, á Intervención Xeral da Administración do Estado, ao Tribunal de Contas, ao Consello de Contas, ou en xeral as comprobacións e verficacións para realizar polo organismo intermedio, a autoridade de xestión e, de ser o caso, os órganos de control da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo ou outras instancias de control, en particular ás verificacións previstas no artigo 74 do RDC, as auditorías do organismo de auditoría do programa Galicia Feder 2021-2027 ou das distintas instancias comunitarias de control sobre os fondos europeos. Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento á persoa beneficiaria (artigo 82 do RDC).

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puidesen ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria poderá poñer ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través do canal habilitado para o efecto:

https://www.igae.pap.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/denan.aspx

Artigo 23. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións teñen a obriga de subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, á que se atopen vinculadas, previo requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 24. Remisión normativa

Para todo o non previsto nestas bases aplicarase o previsto en:

a) Regulamento (UE) nº 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE do 15 de decembro); Regulamento (UE) nº 717/2014 da Comisión, do 27 de xuño, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura; Regulamento (UE) nº 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola.

b) Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e a Política de Visados (DOUE L 231, do 30 de xuño de 2021).

c) Regulamento (UE) nº 2021/1058 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e ao Fondo de Cohesión (DOUE L 231, do 30 de xuño de 2021).

d) Na normativa comunitaria de desenvolvemento dos citados regulamentos.

e) Orde HFP/1414/2023, do 27 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas financiados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Fondo de Transición Xusta para o período 2021-2027.

f) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

g) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o seu regulamento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

h) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

i) Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais; Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos).

j) No resto da normativa que resulte de aplicación.

Artigo 25. Desenvolvemento normativo

Facúltase a persoa titular da Dirección da Área de Internacionalización para que dite, no ámbito das súas competencias, as resolucións, instrucións, aclaracións ou interpretacións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento destas bases reguladoras.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO III

Límites gastos de viaxe e aloxamento

Gastos máximos de viaxe subvencionables por persoa e por tramos de distancia entre o país de orixe e o país ou países de destino (terase en conta só unha cidade de destino por país ou países obxecto da actuación).

Distancias cidade de orixe e destino

Importe ida

Importe volta

Entre 100 e 499 km

110,00 €

110,00 €

Entre 500 e 1.999 km

290,00 €

290,00 €

Entre 2.000 e 2.999 km

345,00 €

345,00 €

Entre 3.000 e 3.999 km

570,00 €

570,00 €

Entre 4.000 e 7.999 km

625,00 €

625,00 €

8.000 km ou máis

795,00 €

795,00 €

Fonte límite: distancia desde a cidade de orixe á cidade de destino de celebración das accións calculada en quilómetros segundo o calculador establecido pola Comisión Europea para o aboamento dos desprazamentos nos proxectos europeos.

http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/resources_en

Gastos máximos de aloxamento e almorzo subvencionables:

Fonte: per diem Comisión Europea. Detalle país na ligazón:

https://international-partnerships.ec.europa.eu/document/download/167fc5d8-015b-4a51-85b1-266891fbcc21_en?filename=per-diem-rates-20241108_en.pdf

(Tarifas publicadas a 8.11.2024).

Nos per diem establécense os límites máximos de aloxamento: 80 % do importe total indicado per diem.

ANEXO IV

Informe de execución

1. Accións de promoción.

1.1. Feiras e outros eventos expositivos internacionais presenciais.

Nº expediente:

Solicitante:

Aléganse gastos cun mesmo provedor de importe igual ou superior a 15.000 €? (si/non).

Feira/evento 1.

Título feira/evento expositivo:

Feira/evento incluído na solicitude da axuda (si/non):

Breve descrición feira/evento: (no caso de eventos novos non incluídos na solicitude da axuda: alcance do evento e interese para a empresa, mercados e sectores a que se dirixe, obxectivos concretos e resultados esperados).

Breve resumo do desenvolvemento e resultados da acción:

Organizador:

Data inicio:

Data fin:

País celebración:

Cidade celebración:

(Replicar cando sexa necesario por empresa participante máis organismo).

Razón social empresa/organismo participante no evento expositivo presencial:

Nome da persoa que viaxa e posto na empresa/organismo: (ou relación con esta/s):

Aloxamento:

– Nome hotel:

– Data entrada:

– Data saída:

– Cidade hotel:

Per diem país:

Fonte: http://ec.europa.eu/europeaid/work/procedures/implementation/per_diems/index_en.htm

Per diem aloxamento por pernoita (80 % per diem país):

– Nº pernoitas realizadas:

Viaxe:

– Data saída:

– Data regreso:

– Cidade orixe:

– Cidade destino:

– Cidade regreso:

– Distancia entre cidade orixe/regreso e destino: fonte: http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/resources_en

– Gasto máximo subvencionable:

No caso de gastos de asistencia externa en destino para a detección de oportunidades, a realización de axendas, seguimento de contactos ou clientes iniciais ou existentes: achega do informe asinado polo provedor en que se indique, como mínimo, situación –antes e unha vez realizada a acción– polo que se refire ao servizo contratado, servizos prestados e resultados. E, de ser o caso, detalle das axendas elaboradas con identificación das contrapartes, lugar e datas das reunións realizadas.

Fotografía/s ou copia dixital do catálogo expositor: (parte que mostre o ano e o título da feira comercial e o nome do organismo intermedio como expositor ou das empresas participantes na acción grupal como expositoras).

Foto/s do stand/evento, en que se identifique claramente o nome do organismo intermedio participante e/ou as empresas participantes e o número de stand: (no caso de gastos de construción de stand, decoración ou similares deben apreciarse, ademais, os elementos correspondentes a estes gastos para os que se solicita subvención):

– Acción sectorial: fotografías do stand (posto) que permitan verificar a presencia do organismo intermedio no evento con stand.

– Acción grupal: fotografías do stand das empresas participantes na acción conxunta no evento expositivo en que se identifique claramente os nomes das ditas empresas o dos seus produtos/marcas.

1.2. Feiras e outros eventos expositivos internacionais virtuais.

Participación como expositores en feiras ou outros eventos expositivos virtuais (no caso de participación en varios eventos presentar un informe de execución por cada feira/evento):

Feira/evento 1.

Título feira/evento:

Feira/evento incluído na solicitude da axuda (si/non):

Breve descrición feira/evento: (no caso de feiras/eventos novos non incluídos na solicitude da axuda: alcance do evento e interese para a empresa, mercados e sectores a que se dirixe, obxectivos concretos e resultados esperados).

Organizador:

Data inicio:

Data fin:

País celebración:

Cidade celebración:

Nome da/das persoa/s inscrita na feira evento e posto na empresa:

Breve resumo do desenvolvemento e resultados da acción:

Enlace operativo ao catálogo virtual ou captura de pantalla na que se acredite a participación da empresa como expositor.

1.3. Misións directas ou visitas a feiras ou eventos expositivos.

Nº expediente:

Solicitante:

Aléganse gastos cun mesmo provedor de importe igual ou superior a 15.000 €? (si/non).

Misión/visita 1.

Título da misión directa ou da feira o evento visitado:

Misión, feira ou evento incluído na solicitude da axuda (si/non):

Breve descrición misión, feira ou evento: (no caso de misións, feiras ou eventos novos non incluídos na solicitude da axuda: alcance da misión, feira ou evento e interese para a empresa, mercados e sectores aos que se dirixe, obxectivos concretos e resultados esperados).

Breve resumo do desenvolvemento e resultados da acción:

Organizador:

Data inicio:

Data fin:

País celebración:

Cidade celebración:

(Replicar cando sexa necesario por empresa participante máis organismo).

Razón social empresa/organismo participante na misión directa empresarial ou na visita á feira/evento:

Nome da persoa que viaxa e posto na empresa/organismo (ou relación coa/s mesma/s):

Se é o caso: razón social e datos de contacto das entidades ou empresas visitadas na misión directa:

Axenda da misión:

No caso de gastos de asistencia externa en destino para a detección de oportunidades, a realización de axendas, seguimento de contactos ou clientes iniciais ou existentes: achegar informe asinado polo provedor en que se indique como mínimo: situación –antes e unha vez realizada a acción– polo que se refire ao servizo contratado, servizos prestados e resultados.

De ser o caso, detalle das axendas elaboradas con identificación das contrapartes, lugar e datas das reunións realizadas.

Aloxamento:

– Nome hotel:

– Data entrada:

– Data saída:

– Cidade hotel:

Per diem país:

Fonte: http://ec.europa.eu/europeaid/work/procedures/implementation/per_diems/index_en.htm

Per diem aloxamento por pernoita (80 % per diem país):

– Nº pernoita realizadas:

Viaxe:

– Data saída:

– Data regreso:

– Cidade orixe:

– Cidade destino:

– Cidade regreso:

– Distancia entre cidade orixe/regreso e destino: fonte: http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/resources_en

– Gasto máximo subvencionable:

Fotos que permitan verificar a participación na misión directa ou da asistencia como visitante á feira ou evento por parte do organismo intermedio e/ou das empresas asistentes: (exemplo: dossier fotográfico na feira/evento ou das empresas/entidades estranxeiras visitadas na misión, identificando claramente lugares e participantes...).

1.4. Misións inversas.

No caso de varias misións, presentar un informe de execución por cada unha.

Nº expediente:

Solicitante:

Aléganse gastos cun mesmo provedor de importe igual ou superior a 15.000 €? (si/non).

Misión inversa 1.

Título misión inversa:

Breve descrición da misión/visita recibida:

Breve resumo do desenvolvemento e resultados da acción:

Organizador:

Data inicio:

Data fin:

País/es de orixe:

Localidade/s galega/s destino:

Aloxamento:

– Nome hotel:

– Data entrada:

– Data saída:

– Cidade hotel:

Per diem país:

Fonte: http://ec.europa.eu/europeaid/work/procedures/implementation/per_diems/index_en.htm

Per diem aloxamento por pernoita (80 % per diem país):

– Nº pernoita realizadas:

Viaxe:

– Data saída:

– Data regreso:

– Cidade orixe:

– Cidade destino:

– Cidade regreso:

– Distancia entre cidade orixe/regreso e destino: fonte: http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/resources_en

– Gasto máximo subvencionable:

(Replicar cando sexa necesario por empresa participante máis organismo).

Razón social empresa/organismo receptor da misión inversa presencial:

Razón social e datos de contacto da/das empresa/s ou prescriptores estranxeiros visitantes na misión inversa:

Nome da persoa que viaxa e posto na empresa/entidade estranxeira visitante:

Axenda da misión inversa realizada:

Fotografías que permitan verificar inequivocamente a presenza da/das empresa/s ou prescriptores visitantes tanto no interior como no exterior da/das instalacións do organismo intermedio solicitante, ou doutros centros visitados (portos, parques tecnolóxicos, etc.); e, se é o caso, nas sedes das pemes galegas participantes na acción. Deberán identificarse claramente o/os nome/s da/das empresas/centros ou eventos visitados.

2. Accións de márketing e comunicación internacional.

2.1. Campañas conxuntas de publicidade:

Nº expediente:

Solicitante:

Aléganse gastos cun mesmo provedor de importe igual ou superior a 15.000 €? (si/non).

Título da campaña:

Breve descrición:

Medio/s:

Data inicio:

Data fin:

Calendario das insercións:

País/es de difusión:

Breve resumo da execución:

Fotos das insercións ou enlaces operativos: (para efectos de relacionar cada foto coa inserción correspondente, indicar como título cada inserción antes de cada foto ou grupo de fotos).

No caso de insercións en televisión ou radio: pode xuntarse ligazón ou copia dos arquivos dixitais cos vídeos ou cuñas radiofónicas.

2.2. Elaboración de material promocional conxunto.

Nº expediente:

Solicitante:

Aléganse gastos cun mesmo provedor de importe igual ou superior a 15.000 €? (si/non).

Breve descrición (alcance e interese para o organismo e/ou as empresas, mercados e sectores a que se dirixe, obxectivos concretos e resultados esperados):

Breve resumo da execución:

Data inicio da difusión do material promocional:

Data fin:

Calendario da difusión do material promocional:

Modo de difusión (indicar, de ser o caso, si se utilizou en accións de publicidade, promoción ou prospección):

País/es de difusión:

Fotos, copia dixital ou enlace operativo a copia do material promocional: (para efectos de relacionar cada foto coa factura correspondente, indicar –como título– cada factura antes de cada foto ou grupo de fotos).

3. Prospección en mercados internacionais.

Documento/informe de consultoría que debe vir asinado polo provedor/es do servizo.

Nº expediente:

Solicitante:

Descrición da acción de prospección:

Período alugamento:

Localización:

Breve resumo do desenvolvemento e resultados obtidos.

Fotografías onde se poda verificar a execución da acción no espazo alugado.

4. Operatividade da internacionalización.

4.1. Xestión de tramitación de acordos.

Nº expediente:

Solicitante:

Aléganse gastos cun mesmo provedor de importe igual ou superior a 15.000 €? (si/non).

Descrición dos servizos prestados:

Informe de execución asinado polo provedor, no que se indique, como mínimo: situación da persoa solicitante da axuda –antes e unha vez realizada a acción– polo que se refire ao servizo con tratado, servizos prestados e resultados.

Data inicio prestación dos servizos:

Data fin prestación dos servizos:

Resumo dos resultados obtidos:

4.2. Licitacións internacionais.

Nº expediente:

Solicitante:

Aléganse gastos cun mesmo provedor de importe igual ou superior a 15.000 €? (si/non).

Descrición dos servizos prestados:

Informe de execución asinado polo provedor, en que se indique, como mínimo: situación da persoa solicitante da axuda –antes e unha vez realizada a acción– polo que se refire ao servizo con tratado, servizos prestados e resultados.

Data inicio prestación dos servizos:

Data fin prestación dos servizos:

Resumo dos resultados obtidos:

missing image file
missing image file

ANEXO VI

Requisitos de comunicación do financiamento público

Responsabilidade da persoa beneficiaria.

As axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas son cofinanciadas con fondos da Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027. En relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto nos artigos 47, 50 e anexo IX do Regulamento (UE) nº 2021/1060, do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, a persoa beneficiaria, durante o período de execución do proxecto, recoñecerá a axuda dos fondos europeos a través do Feder, e para iso:

a) No seu sitio web oficial, cando o dito sitio web exista, e nas súas contas nas redes sociais fará unha breve descrición da operación, de xeito proporcionado en relación co nivel de axuda, cos seus obxectivos e resultados, destacando a axuda financeira da Unión Europea.

Para cumprir con este requisito pode utilizarse a seguinte imaxe:

https://igape.gal/images/01-pemes-autonomos/01-03-internacionalizacion/Cartel_Ayudas_Igape_OOII.pdf

missing image file

b) Nos documentos e materiais de comunicación destinados ao público e relacionados coa execución da actuación, proporcionará unha declaración que destaque a axuda da Unión Europea de xeito visible.

O formato que se deberá utilizar é o seguinte:

missing image file

c) Exhibirá nun lugar ben visible para o público polo menos un cartel de tamaño mínimo A3 ou unha pantalla electrónica equivalente con información sobre a actuación onde se destaque a axuda dos fondos europeos; nos casos en que a persoa beneficiaria sexa unha persoa física, asegurará, na medida do posible, a dispoñibilidade de información axeitada onde se destaque a axuda dos fondos europeos, nun lugar visible para o público ou mediante unha pantalla electrónica.

O formato que se deberá utilizar é o seguinte:

https://igape.gal/images/01-pemes-autonomos/01-03-internacionalizacion/Cartel_Ayudas_Igape_OOII.pdf

missing image file

Cando varias actuacións teñan lugar na mesma localización só é preciso colocar unha placa ou cartel.

Durante o período de obrigatoriedade de conservación da documentación, a persoa beneficiaria deberá conservar, preferentemente en formato dixital, unha copia de todos os materiais de comunicación e publicidade que elabore no marco da actuación. Este material deberá ser posto á disposición do organismo intermedio ou das institucións da Unión Europea se así llo solicitan.

A persoa beneficiaria deberá respectar, en todo momento, as orientacións recollidas no documento «Uso do emblema europeo no contexto dos programas da UE 2021-2027» (https://commission.europa.eu/system/files/2021-05/eu-emblem-rules_es.pdf) e as características técnicas descritas no anexo IX do Regulamento (UE) 2021/1060.