No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 53, do 19 de marzo de 2025, foron publicadas integramente as bases que van rexer as convocatorias para a cobertura en propiedade das prazas referidas a seguir:
– Unha praza de conserxe (departamento de educación), reservada para persoas con discapacidade, pertencente ao cadro de persoal laboral fixo, grupo V, nivel 14, código RPT 16.323.00.05, a través do sistema selectivo de concurso-oposición, e en desenvolvemento da oferta de emprego público do ano 2021.
– Unha praza de conserxe (departamento de educación), pertencente ao cadro de persoal laboral fixo, grupo V, nivel 14, código RPT 16.323.00.06, a través do sistema selectivo de concurso-oposición, e en desenvolvemento da oferta de emprego público do ano 2023.
– Unha praza de auxiliar administrativo (departamento de tesouraría e recadación), pertencente ao cadro de persoal de funcionarios/as de carreira, encadrada na escala da Administración xeral, subescala auxiliar, grupo C2, nivel 18, código RPT 02.931.02.05, a través do sistema selectivo de oposición, e en desenvolvemento da oferta de emprego público do ano 2023.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases da convocatoria.
Ribeira, 19 de marzo de 2025
Luis Antonio Pérez Barral
Alcalde
