O Pleno da Corporación do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o 27 de febreiro de 2025, adoptou o seguinte acordo:
Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle do polígono de solo urbano non consolidado NC-19 (Torreira-O Avío), elaborado polos arquitectos Salgado e Liñares, por iniciativa particular de Promociones V Coruña, S.L., segundo o documento presentado o 19 de febreiro de 2025.
O ámbito obxecto de ordenación é a parcela con referencia catastral 7197212NH3479E0001JP, sita na rúa da Torreira, 2 (A).
Segundo. O acordo de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia, e a normativa urbanística publicarase no Boletín Oficial da provincia. Así mesmo, remitirase á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas a documentación exixida polo artigo 88.3 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, para os efectos de inscribir o estudo de detalle no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia.
En todo caso, e de conformidade co exixido polo artigo 199.4 do RLSG, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do Plan quedan condicionadas ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, en relación co 65.4 da mesma lei.
Consonte o disposto no artigo 212.3 do RLSG, o prazo do artigo 65.4, antes citado, non comezará a contar ata a recepción completa da documentación no rexistro da Consellería.
Terceiro. O acordo de aprobación definitiva notificaráselles ás persoas que figuran no Catastro como propietarias das seguintes parcelas catastrais:
7197212NH3479E0001JP.
79825C6NH3478D0001ZU.
79825C7NH3478D0001UU.
O estudo de detalle aprobado definitivamente pode consultarse na páxina web do Concello https://santiagodecompostela.gal/gl/transparencia/estudo-de-detalle-p-19-torreira
Contra o acordo de aprobación definitiva do citado estudo de detalle, poderase interponer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.
Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2025
A alcaldesa
P.D. (DEC/2023/8135, do 17 de xuño)
Iago Lestegás Tizón
Concelleiro delegado de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica
