BDNS (Identif.): 826195.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS):
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/826195
Primeiro. Entidades beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias destas subvencións os concellos responsables de sistemas de abastecemento que dean servizo a unha poboación inferior a 20.000 habitantes.
Segundo. Obxecto
Establecer as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a execución de actuacións para reducir as infiltracións nas redes de saneamento municipais en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e convocar estas subvencións para o ano 2025 (código de procedemento AU300D).
Terceiro. Bases reguladoras
Publícase conxuntamente este extracto coa Resolución do 28 de marzo de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a execución de actuacións para reducir as infiltracións nas redes de saneamento municipais en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e convocar estas subvencións para o ano 2025 (código de procedemento AU300D).
Cuarto. Importe
As subvencións reguladas ao abeiro desta resolución financiaranse con cargo á conta financeira 6566 (subvencións de capital a corporacións locais) da entidade pública empresarial Augas de Galicia, por un importe dun millón de euros (1.000.000 €) con cargo á anualidade 2025 e un millón cincocentos mil euros (1.500.000 €) con cargo á anualidade 2026, con fondos procedentes do MRR, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola UE-NextGenerationEU.
O importe das subvencións será do 100 % do investimento da actuación proposta, excluído o imposto sobre o valor engadido, co límite máximo de corenta e cinco mil euros (45.000,00 €) por solicitude, ata esgotar o crédito dispoñible previsto na resolución.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 9.00 horas do día 23 de abril de 2025 e rematará ás 14.00 horas do día 23 de maio de 2025.
Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2025
Ángeles Vázquez Mejuto
Presidenta de Augas de Galicia
