DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 14 de abril de 2025 Páx. 22446

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 1 de abril de 2025, da Área Provincial de Lugo, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente LU-2/2025 e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Os actos adoptáronos o xefe da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo e o xefe da Sección de Inspección e Sancións da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos ditos actos deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, de Lugo, Edificio Administrativo sito na avenida de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 1 de abril de 2025

O xefe da Área Provincial de Lugo
P.S. (Resolución do 10.6.2024)
María Belén da Riva López
Xefa do Servizo Técnico de Lugo

ANEXO

Expediente

DNI/NIE

Acto obxecto de notificación

LU-2/2025

33996855L

Acordo de inicio de expediente de desafiuzamento administrativo.

LU-1/2025

34248131G

Proposta de resolución de expediente sancionador.

LU-56/2024

33317215J

Proposta de resolución de expediente sancionador.