DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 14 de abril de 2025 Páx. 22428

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 1 de abril de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, de convocatoria de actas previas, para os efectos de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello da Pastoriza (expediente IN407A 2021/109 ATE) (P. 114).

Para cumprir o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, consonte o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando a persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas a convocatoria de actas previas á ocupación do proxecto que se inclúe no anexo.

Lugo, 1 de abril de 2025

Gustavo J. Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: N407A 2021/109 ATE) (F. 114) .

Incremento dun circuíto na LAT 132 kV Mondoñedo-Meira, entre o apoio 22 e a subestación de Meira, nos concellos de Mondoñedo e A Pastoriza (Lugo).

Predio

Titular

Data

Hora

114

Fiscal Audiencia Provincial de Lugo (rpta. Gumersindo Castro Ledo)

29.5.2025

10.00

Fiscal Audiencia Provincial de Lugo (rpta. hros. Lisardo Castro Ledo)