DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 14 de abril de 2025 Páx. 22429

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 1 de abril de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2023/292-1.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócanse a todas as persoas interesadas e, particularmente, as relacionadas no anexo que segue a este escrito ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Reglamentación LMTA VIM802-apoio nº 64-66-4, no concello de Zas (expediente IN407A 2023/292-1), acto que se realizará, en primeiro lugar, sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias municipais do mencionado concello, seguindo o calendario e o horario que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas titulares dos bens ou dereitos afectados por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, e amosarán o seu DNI/NIF así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 1 de abril de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/292-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: Regulamentación LMTA VIM802-apoio nº 64-66-4.

Concello: Zas.

Nº de predio

Concello

Lugar

Datos catastrais

Titular

Data

Hora*

1

Zas

O Pinal

15094A506050360000RD

Matilde Santos Amigo

23.6.2025

10.40

*A hora sinalada é aproximada e pode variar en función de sucesos imprevistos.