DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 14 de abril de 2025 Páx. 22431

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 7 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, polo cal se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente de expropiación forzosa dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución da ampliación do parque empresarial de Palas de Rei-fase III.

Mediante a Resolución do 7 de marzo de 2025, publicada no Diario oficial de Galicia núm. 63, do 1 de abril, a Consellería de Economía e Industria acordou aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa para a ampliación do parque empresarial de Palas de Rei-Lugo (fase III). A beneficiaria da expropiación forzosa é Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.

Mediante a Resolución do 17 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, realízase a convocatoria para o levantamento das actas de pagamento e ocupación do proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos terreos que se precisan ocupar para a execución da ampliación do parque empresarial de Palas de Rei-fase III.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos na dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio para seren notificadas por comparecencia.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do acordado deberá efectuarse no prazo de cinco días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial no Complexo Administrativo de Sán Lázaro, edificio do Igape, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2025

Margarita Ardao Rodríguez
Directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial

ANEXO

Predio

Referencia catastral

Titular

Data de

citación

Hora de

citación

2

27040A001000130000UD/

27040A001000130001IF

Manuel Pereiro Orozco

29.4.2025

10.30

8

1875602NH9417N0000IS/

1875602NH9417N0001OD

María Jesús Quintas Ouro

29.4.2025

12.30

9

1875603NH9417N0001KD

Rosa María Vázquez García

29.4.2025

13.00