DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 14 de abril de 2025 Páx. 22433

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2025, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo PO 4342/2024 interposto polo Concello de Muras en relación co Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 25 de xaneiro de 2024, polo que se aproba o trámite de información pública sobre o proxecto de trazado de mellora da capacidade e seguridade da estrada LU-540 (Viveiro-Cabreiros).

Este centro directivo recibiu un oficio da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo PO 4342/2024, mediante o cal se nos solicita a remisión do expediente administrativo, así como o emprazamento das persoas interesadas no expediente correspondente.

Para os efectos de formalizar o solicitado no citado oficio, a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas acordou remitir o expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2025

Yago Borrajo Sánchez
Secretario xeral técnico da Consellería de
Vivenda e Planificación de Infraestruturas