Advertido un erro na citada resolución, a que fai referencia o anuncio da mesma data, publicado no Diario Oficial de Galicia número 66, do 4 de abril de 2025, é necesario facer a seguinte corrección:
Na base quinta, valoración da dedicación profesional (páxina 3), onde di: «Valorarase o compromiso de dedicación exclusiva á Xerencia da Área Sanitaria durante o desempeño da xefatura cunha puntuación adicional de 40 puntos», debe dicir: «Valorarase o compromiso de dedicación exclusiva á Xerencia da Área Sanitaria durante o desempeño da xefatura cunha puntuación adicional de 10 puntos».
Por tanto, amplíase o prazo de presentación de solicitudes en quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta corrección no Diario Oficial de Galicia.
Ourense, 10 de abril de 2025
José Santiago Camba Bouzas
Xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras
