Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 34, do 19 de febreiro de 2025, procede realizar a seguinte corrección:
No anexo II das bases da convocatoria, nas páxinas 13248-13249 da citada resolución,
Onde di:
«2. Real decreto 3/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema nacional de seguridade no ámbito da administración electrónica. Política de seguridade da información na USC. Política xeral de protección de datos da USC. Normativa sobre utilización das tecnoloxías da información e das comunicacións na USC».
Debe dicir:
«2. Real decreto 311/2022, do 3 de maio, polo que se regula o Esquema nacional de seguridade. Política de seguridade da información na USC. Política xeral de protección de datos da USC. Normativa sobre utilización das tecnoloxías da información e das comunicacións na USC».
