DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 15 de abril de 2025 Páx. 22575

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 2 de abril de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-0735/2024-V e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-0735/2024-V e tres máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c) da mesma lei.

A Coruña, 2 de abril de 2025

A directora territorial da Coruña
P.A. (Resolución do 13 de maio de 2024)
Miguel Gómez Losada
Xefe do Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro da Coruña

ANEXO

Núm. expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-0735/2024-V

52930987Y

Resolución

R/ Visitación, 2, piso 3º B, 15970 Porto do Son (A Coruña)

PSC-CO-0790/2024-V

53304045G

Resolución

R/ Touriñana, 47, portal 1, piso 1º A, Meicende, 15140 Arteixo (A Coruña)

PSC-CO-0834/2024-V

34899725P

Resolución

Pza. Esteban Lareo Castro, 7, 9º A, 15008 A Coruña

PSC-CO-0847/2024-PPM

78790418P

Resolución

Piñeiro, 18, O Freixo, 15230 Outes (A Coruña)