En cumprimento do previsto nos artigos 109 e 163 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Comunidade de Usuarios Fontaíñas.
Expediente: DH.A36.102286.
Volume total anual: 8.343,90 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,98 l/s.
Destino: abastecemento.
Orixe: dous (2) mananciais na parc. 10033, pol. 217 do catastro de Caldas de Reis.
Lugar: monte comunal.
Parroquia: Godos.
Concello: Caldas de Reis.
Descrición:
A auga das captacións reúnese para conducila a caseta depósitos na parc. 23, pol. 207, que contén 55 depósitos individuais desde os cales se distribúe ás vivendas que abastece a comunidade.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Vigo, 9 de decembro de 2024
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur
