En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Concello de San Sadurniño.
CIF: ****7700*.
Expediente: DH.A15.55041.
Volume total anual: 101.248 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 15,8 l/s.
Orixe: Río Aceiteiro. x= 575.011; y= 4.821.484.
Manancial Albeiro. x= 574.744; y= 4.823.140.
Manancial Camiño Arriba. x= 576.824, y= 4.823.353.
(Coordenadas UTM ETRS89, fuso 29).
Lugar: Rupiallo (río Aceiteiro), Albeiro (manancial Albeiro) e Camiño Arriba (manancial Camiño Arriba).
Parroquia: San Sadurniño (río Aceiteiro e manancial Albeiro) e Lamas (manancial Camiño Arriba).
Concello: San Sadurniño (A Coruña).
Destino: abastecemento municipal.
Lugar: Agra de Abaixo, Agra de Arriba, Os Currás, San Sadurniño, A Pernuda, O Albeiro,
Orxás, O Enxerto, Vilafiúnce, A Portela, Prospes, A Rubiña, Cornide, O Casal e O Outeiro
Parroquia: San Sadurniño.
Concello: San Sadurniño (A Coruña).
Descrición do aproveitamento:
Trátase de tres captacións, dúas procedentes de mananciais (nas referencias catastrais 15077A14700298 e 15077A50300272) e outra procedente do río Aceiteiro. Esta última conta cunha presa de derivación que favorece a derivación de auga por unha tubaxe cara a unha caseta cun bombeo que eleva a auga cara á ETAP situada no lugar de Agra de Arriba (referencia catastral 5514202NJ7251S). As augas das outras dúas captacións tamén chegan a esta ETAP, que conta cun depósito anexo de 713 m3 de capacidade. Desde este depósito distribúese a auga cara ás distintas poboacións indicadas, da parroquia de San Sadurniño.
A documentación pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, 15008 A Coruña. Para facilitar esta consulta poderán solicitar cita previa no teléfono 981 18 25 30.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.
A Coruña, 20 de marzo de 2025
Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte
