Nas sesións que tiveron lugar o 19 de marzo e o 3 de abril de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 7 de novembro de 2023 (DOG núm. 220, do 14 de novembro; con corrección de erros no DOG núm. 222, do 18 de novembro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 222, do 22 de novembro; con corrección de erros no DOG núm. 79, do 22 de abril),
ACORDA:
Primeiro. Examinada a alegación presentada á listaxe de puntuacións do primeiro exercicio, publicada mediante o Acordo deste tribunal do 19 de febreiro de 2025 (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), e tras realizar a correspondente comprobación da folla de respostas e da revisión do cálculo da puntuación da persoa aspirante que alega, desestímase por ser correcta a puntuación publicada no dito acordo.
Segundo. Declarar exentas de realizar o segundo exercicio da fase de oposición do proceso selectivo todas as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio, por teren acreditado o nivel de coñecemento da lingua galega requirido neste proceso selectivo ante a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, ao abeiro do previsto na base II.1.1.2 da resolución de convocatoria.
Terceiro. Declarar rematada a fase de oposición do proceso selectivo.
Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da resolución da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 7 de abril de 2025
Luz Aguiar Vale
Presidenta do tribunal
