DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 15 de abril de 2025 Páx. 22588

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

San Antonio de Aro, S. Coop. Galega

ANUNCIO do balance final de liquidación e do proxecto de distribución do activo.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2 da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, faise público que na asemblea xeral ordinaria, que tivo lugar o día 15 de marzo de 2025, se acordou, por unanimidade, a liquidación e extinción da Sociedade Cooperativa San Antonio de Aro, S. Coop. Galega en liquidación (CIF F15023237), co seguinte balance final de liquidación e proxecto de distribución de activos:

Balance final

B) Activo corrente 174.138,97

(572) Bcos. e inst. créd. 174.138,97

Total activo 174.138,97

A) Patrimonio neto 130.725,15

A-1-Fondos propios

(112) Fondo de reserva oblg. 657,12

(113) Reservas voluntarias 124.068,03

(128) Dotacion gastos extinción 6.000,00

B) Pasivo non corrente 43.413,82

(148) Fondo educ. e form. 17.457,36

(150) Capital reembolsable 25.956,46

Total patrimonio neto e pasivo 174.138,97

Acórdase a seguinte distribución de activos:

– O Fondo de Formación e Promoción Cooperativa porase á disposición do Consello Galego de Cooperativas.

– Reintegraráselles aos socios o importe do capital reembolsable.

– Reintegraráselles aos socios a súa participación nos fondos voluntarios de libre disposición con carácter distribuíble conforme o aprobado na asemblea.

Negreira, 20 de marzo de 2025

Secundino Capeáns Tomé
Socio liquidador