De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 1 de abril de 2025 do proxecto de renovación de explotación de vacún de leite na parroquia de Lagostelle, no concello de Guitiriz (Lugo), promovido por Agrocarfran, S.L.U.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 1 de abril de 2025
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
