Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo os acordos de inicio ditados pola persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña nos expedientes sancionadores número XC-02273-O-2024 e tres máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro do acordo que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, encóntrase á disposición das persoas interesadas no Servizo de Mobilidade da Coruña.
Outórgaselles un prazo quince (15) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegar o que consideren conveniente, e presentarán ou proporán as probas que consideren oportunas.
No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días, contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.
A Coruña, 28 de marzo de 2025
O xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña
P.S. (Resolución do 29 de xuño de 2023)
María Aránzazu Díaz Valiño
Xefa da Sección Xurídica da Coruña
ANEXO
|
Expediente Matrícula |
DNI/CIF do/da denunciado/a |
Infracción denunciada Data-hora-estrada-p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
|
XC-02273-O-2024 7414-LZF |
47439117F |
Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. 3.5.2024; 11.36.00; AC-441; 6,2 |
Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT |
Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT |
801 euros |
|
XC-00400-O-2025 6870-GRY |
X2934704L |
Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. 11.7.2024; 7.50.00; AC-211; 0,517 |
Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT |
Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT |
801 euros |
|
XC-00485-O-2025 5040-BCG |
05398380G |
Realizar transporte público de mercadorías carecendo de título habilitante. 8.7.2024; 16.25.00; AG-55; 7,7 |
Artigo 140.1 da LOTT Artigo 197.1 do ROTT |
Artigo 143.1 da LOTT Artigo 201.i) do ROTT |
4.001 euros |
|
XC-00542-O-2025 3055-KYS |
32949490N |
Atenuante-Realizar transporte público en vehículo lixeiro ao abeiro dunha autorización caducada, revogada ou que por calquera outra causa perdese a súa validez. 5.8.2024; 10.49.00; VG-1.5; 62,612 |
Artigo 141.25 da LOTT Artigo 140.1 da LOTT |
Artigo 143.1.k) da LOTT Artigo 143.1.f) da LOTT Artigo 143.1 da LOTT |
801 euros |
