DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 16 de abril de 2025 Páx. 22722

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 27 de marzo de 2025, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, pola que se lles notifican ás persoas relacionadas os prazos de ingreso, en período voluntario e en período executivo, polos servizos sanitarios prestados nesta área sanitaria.

Mediante a presente cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a seguir se insire non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintos motivos para non recibir as notificacións por parte das persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresar o importe da débeda na conta bancaria ES42 0081-5363-20-0001083113 do Banco de Sabadell nos prazos que se sinalan no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

Unha vez transcorrido o prazo indicado no citado artigo sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderase interpoñer no prazo dun mes, contado desde o día seguinte a esta notificación, recurso potestativo de reposición ante o órgano emisor ou, no mesmo prazo, reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Xunta de Galicia).

Para que conste, lle sirva de notificación ao interesado e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula; a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Pontevedra, 27 de marzo de 2025

José Flores Arias
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

DNI/NIF/NIE/nome

Concepto

Período

Débeda

Y8542136L

Fra. 202006342

23.11.2020

268,34

Y8542136L

Fra. 202006343

23.11.2025

805,02

Y04264110Q

Fra. 202406313

17.10.2024

952,12

53116297M

Fra. 202406315

17.10.2024

82,66

Y8542136l

Fra. 202500652

15.1.2025

268,34

077463137B

Fra. 202500689

23.1.2025

268,34

35315748F

Fra. 202500932

3.2.2025

401,94

Y07985731F

Fra. 202501130

12.2.2025

69,24

044464344P

Fra. 202530282

19.2.2025

361,59

035671127J

Fra. 202530284

19.2.2025

442,29