De acordo co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, cando se ignore o lugar de notificación ou cando, intentada esta, non se poida efectuar a notificación, esta farase mediante un anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial del Estado e no taboleiro de anuncios do Concello, e conterá os datos catastrais da parcela.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Negociado de Medio Ambiente do Concello de Ferrol, sito na praza de Armas, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas.
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado.
As persoas interesadas poderán formular as alegacións que consideren oportunas no prazo de dez (10) días hábiles.
As persoas responsables dispoñen dun prazo de quince (15) días naturais para a realización dos traballos de xestión da biomasa nas parcelas indicadas.
Contra esta resolución de inicio de expediente, por tratarse dun acto de trámite, non cabe interposición de recurso. No obstante, poderán utilizar os que xulguen convenientes.
Ferrol, 27 de marzo de 2025
O alcalde
P.D. (Acordo do 11.12.2023; BOP nº 241, do 20 de decembro)
José Tomé López
Concelleiro delegado da Área de Medio Ambiente, Zona Rural, Servizos e Obras
ANEXO
|
Expediente núm. |
Ref. catastral |
Acto notificado |
Interesado/DNI |
|
INC 5/2025/834 2022009825 |
15037A50103564 |
Resolución do 17.1.2025 |
32621773E (herdeiros) |
|
INC 3/2024/1235 2024022473 |
15037A01100189 |
Resolución do 2.12.2024 |
32516608J (herdeiros) |
|
INC 1/2025/1320 2025001351 |
15037A50103643 |
Resolución do 15.1.2025 |
32627576Y |
|
INC 1/2025/834 2022009821 |
15037A50103643 |
Resolución do 15.1.2025 |
32627576Y |
|
INC 4/2025/834 2022009824 |
15037A50103563 |
Resolución do 17.1.2025 |
32583289V (herdeiros) |
|
INC 2/2025/1408 2025003441 |
15037A02200196 |
Resolución do 28.1.2025 |
En investigación artigo 47 da Lei 33/2003 |
|
INC 2/2024/1241 2024022495 |
15037A50104078 |
Resolución do 19.12.2024 |
32474950P |
