DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 16 de abril de 2025 Páx. 22662

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2025 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de museos, da persoa aspirante que superou o proceso selectivo de acceso libre convocado mediante Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril).

Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de museos, convocado mediante Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril), e realizado o acto de elección de destino provisional previsto na Resolución do 12 de marzo de 2025 (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e nas demais normas concordantes,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de museos, a persoa aspirante aprobada que se relaciona no anexo desta resolución.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

NIF

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro de destino

Centro directivo

Concello

Subgrupo

Nivel

Observ.

1

***7848**

Pérez Dorado, Patricia

Excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público