DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 16 de abril de 2025 Páx. 22664

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de recursos naturais e forestais.

En sesión que tivo lugar o día 8 de abril de 2025, o tribunal nomeado mediante a Resolución do 26 de setembro de 2024 (DOG nº 191, do 3 de outubro), designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de recursos naturais e forestais, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG nº 221, do 21 de novembro),

ACORDOU:

De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición terá lugar o 22 de abril de 2025, ás 15.30 horas, en chamamento único, na aula 7 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.

A listaxe de persoas aspirantes convocadas para a realización deste exercicio pódese consultar no portal web da Xunta de Galicia (funcionpublica.xunta.gal).

As persoas aspirantes deberán ir provistas do DNI ou dun documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, e bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso á aula en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2025

Bran Casal Pereira
Presidente do tribunal