DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 16 de abril de 2025 Páx. 22656

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve a convocatoria de provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo no Instituto de Medicina Legal de Galicia, anunciada por Resolución do 21 de febreiro de 2025.

Mediante Resolución do 21 de febreiro de 2025, publicada no Diario Oficial de Galicia número 46, do 7 de marzo de 2025, e mais no Boletín Oficial del Estado número 57 na mesma data, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes no Instituto de Medicina Legal de Galicia.

De conformidade co establecido nos artigos 56 e seguintes do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, e mais no Decreto da Xunta de Galicia 119/2005, do 6 de maio, polo que se crea o Instituto de Medicina Legal de Galicia, a Dirección Xeral de Xustiza

DISPÓN:

Primeiro. Resolver, segundo se detalla no anexo, a convocatoria pública efectuada por Resolución desta dirección xeral do 21 de febreiro de 2025.

Segundo. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se non implica cambio de localidade da persoa funcionaria, de oito días se implica cambio de localidade dentro da comunidade autónoma, e vinte días se implica cambio de comunidade autónoma, con excepción da Comunidade Autónoma de Canarias, Comunidade Autónoma das Illes Balears, Cidade de Ceuta e Cidade de Melilla, en que será dun mes.

O prazo de toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; ou poderana impugnar directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2025

José Tronchoni Albert
Director xeral de Xustiza

ANEXO

Posto adxudicado

Adxudicatario/a

Nome do posto: subdirector/a.

Centro de destino: Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección territorial.

Localidade: Vigo.

Código do posto: XG9251820036560310.02.

Carla Sebastián García

Nome do posto: subdirector/a.

Centro de destino: Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección territorial.

Localidade: Pontevedra.

Código do posto: XG9251820036001306.02.

David Costas Piñó