De conformidade co disposto no artigo 19 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, anúnciase a aprobación e publicación por parte do Pleno, con data do 31 de marzo de 2025, dos informes de fiscalización que a seguir se relacionan:
– Informe de fiscalización da Conta Xeral da Comunidade Autónoma, exercicio de 2023. Actuación [1602024-01].
– Informe de fiscalización da Conta Xeral do Servizo Galego de Saúde, exercicio de 2023. Actuación [1802024-01].
– Informe económico-financeiro das entidades instrumentais autonómicas, exercicio de 2023. Actuación [1902024-01].
Ligazón para acceder aos textos completos dos informes:
https://www.ccontasgalicia.es/gl/menus-consello/fiscalizacion/informes
Santiago de Compostela, 8 de abril de 2025
Juan Carlos Aladro Fernández
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia
