DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 16 de abril de 2025 Páx. 22679

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 2 de abril de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador CAZ-PO-0001/2025.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa relacionada no anexo o acto que se indica, logo de que fose devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecida ou porque, intentada dúas veces a notificación, esta non se puido efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, a persoa interesada dispón dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar estes actos na sede deste departamento territorial, situada na avenida María Victoria Moreno 43, 4º andar, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. O acto foi adoptado por quen se indica no anexo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 2 de abril de 2025

Nicolás Lorenzo Montes
Director territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto notificado

Acto adoptado

CAZ-PO-0001/2025

78804134Q

Incoación

Polo director territorial