En virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, notifícanse a través deste anuncio os requirimentos de emenda e mellora das solicitudes que inician o procedemento ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases polas cales se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, nos supostos de xestación, nacemento, adopción, garda con fins adoptivos ou acollemento familiar permanente no ano 2024, e se procede á súa convocatoria (código do procedemento BS403B), publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 8, do 11 de xaneiro de 2024.
A través deste anuncio emprázanse as persoas interesadas que figuran no dito anexo, por si ou a través das persoas que as representen legalmente, para que comparezan no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Conciliación Familiar da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (Edificio Administrativo San Caetano, 8B, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e terán á súa disposición os expedientes para coñecer o contido íntegro dos actos que se notifican e efectuar a emenda e mellora das solicitudes, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Se as persoas interesadas non comparecen no dito prazo, a notificación entenderase producida o día do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírteselles que de non facer a emenda nun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da notificación do requirimento, efectuada por comparecencia, teranse por desistidas das solicitudes, logo da resolución ditada ao abeiro do disposto nos artigos 21 e 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Santiago de Compostela, 1 de abril de 2025
Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
ANEXO
|
Nº de expediente |
Persoa interesada DNI/NIE/Pasaporte |
Acto que se notifica e data |
|
BS403B-2024-00001542 |
AS109959 |
Requirimento de emenda de solicitude do 13.3.2024 |
|
BS403B-2024-00003240 |
L328709 |
Requirimento de emenda de solicitude do 18.4.2024 |
|
BS403B-2024-00003702 |
GD658473 |
Requirimento de emenda de solicitude do 29.4.2024 |
|
BS403B-2024-00005289 |
123351500 |
Requirimento de emenda de solicitude do 29.5.2024 |
|
BS403B-2024-00005303 |
FZ931649 |
Requirimento de emenda de solicitude do 30.2.2024 |
|
BS403B-2024-00009496 |
77186114T |
Requirimento de emenda de solicitude do 11.9.2024 |
|
BS403B-2024-00011292 |
79372457D |
Requirimento de emenda de solicitude do 23.10.2024 |
|
BS403B-2024-00012987 |
AU875420 |
Requirimento de emenda de solicitude do 2.12.2024 |
|
BS403B-2024-00013896 |
124477299 |
Requirimento de emenda de solicitude do 16.1.2025 |
