DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 16 de abril de 2025 Páx. 22686

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT RED709 e substitución CT Reboreda Carambola, no concello de Redondela, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2022/436 modificado).

A instalación denominada LMT RED709 e substitución CT Reboreda Carambola foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 28 de febreiro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 18 de xuño de 2025, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación do ben e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Redondela.

A persoa interesada recibirá unha notificación individual coa debida antelación legal, en que se lle comunicará a data e a hora en que deberá presentarse no seu predio, e infórmase de que poderá ir acompañada por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o considera conveniente.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 25 de marzo de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

LMT RED709 e substitución CT Reboreda Carambola

Referencia catastral

Lugar

Titular

Nº apoio

m2 solo

ml sub.

m2 sub.

1

3222609NG3832S0001WG

Reboreda

Descoñecido/a

CT

16,81

10,90

54,86