DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 16 de abril de 2025 Páx. 22696

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 9 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, polo que se emprazan as persoas interesadas para ser notificadas por comparecencia no expediente de expropiación forzosa dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución da ampliación do parque tecnolóxico e loxístico de Vigo.

Mediante a Resolución do 14 de marzo de 2025, da Consellería de Economía e Industria, publicada no Diario Oficial de Galicia número 58, do 25 de marzo, acordouse aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución da ampliación do parque tecnolóxico e loxístico de Vigo. A beneficiaria da expropiación forzosa é a Zona Franca de Vigo e é a Administración expropiante a Consellería de Economía e Industria, Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos na dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio para seren notificadas por comparecencia.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do acordado deberá efectuarse no prazo de cinco días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, no Complexo Administrativo de San Lázaro, edificio Igape, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2025

Margarita Ardao Rodríguez
Directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial

ANEXO

Persoas ás cales se deberá notificar por comparecencia

Novoa Salgueiro, Nicanor

Leiras Fernández, Francisco

Leiras Fernández, Vanesa

Barreiro Barros, Gloria

Barreiro Barros, Guadalupe

Rodríguez Álvarez, Rodolfo

Davila Abalde, Concepción

Figueiroa Salgueiro, María Yolanda

Bastos Román, Pedro

Fernández Rodríguez, Manuel

Barreiro Abalde, María

Descoñecida, muíño (referencia catastral 54057A16800244)

Caride Alonso, Pacita

Fernández Vila, José Carlos

Davila Fernández, Cristina

Fernández Vila, Juan Manuel

Fernández Vila, Emilio

Carpintería Fernández Vila, S.L.

Descoñecida, muíño (referencia catastral 54057A17000110)

Novoa Costas, Soledad

Descoñecida, muíño (referencia catastral 54057A17000110)

Herdeiros de Palmira Vila Nieto

Rodríguez Leirós, Carmen

Novoa Salgueiro, Indalecio

Fernández González, María Rosa

Orge Costas, José Manuel

Barreiro Abalde, María

Descoñecida, presa

Leiros Figueroa, Rosario

Iglesias Estévez, Carmen

Comesaña Abalde, Antonio

Costas Abalde, Mercedes

Rodríguez Bastos, Engracia

Davila Abalde, Concepción

Fernández Pérez, Fernando

Da Concepción Barcia, José Manuel

Herdeiros de José Pequeño Alonso

Novoa Abalde, Beatriz

González Iglesias, Paula

Pérez Vila, Carmen

Fernández Pérez, Rosa