De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando sexa necesario efectuar unha notificación e se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puido practicar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
Na tramitación do expediente de aprobación do proxecto dunha planta de produción de fibras téxtiles a base de celulosa en Palas de Rei (Lugo), promovida por Greenfiber, S.L., recibíronse solicitudes por parte de persoas que solicitan que se lles recoñeza como parte interesada no procedemento. Nalgúns dos casos, ou ben non se indicou adecuadamente o lugar de notificación, ou ben non foi posible practicala, polo que, por medio deste anuncio, e de conformidade co establecido na Lei 39/2015, procédese á seguinte notificación:
A persoa relacionada no anexo I presentou escrito de alegacións durante a fase de información pública do proxecto dunha planta de produción de fibras téxtiles a base de celulosa en Palas de Rei (Lugo), promovida por Greenfiber, S.L., declarado proxecto industrial estratéxico (PIE) polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 29 de decembro de 2022.
No devandito escrito de alegacións, a persoa relacionada no anexo I solicitaba o seu recoñecemento como parte interesada no expediente en tramitación.
Á vista da dita solicitude, é preciso realizar as seguintes consideracións:
1º. O artigo 4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, establece o seguinte:
«1. Considéranse interesados nun procedemento administrativo:
a) Aqueles que o promovan como titulares de dereitos ou intereses lexítimos individuais ou colectivos.
b) Os que, sen iniciar o procedemento, teñan dereitos que poidan resultar afectados pola decisión que nel se adopte.
c) Aqueles con intereses lexítimos, individuais ou colectivos, que poidan resultar afectados pola resolución e comparezan no procedemento en tanto no recaese resolución definitiva.
2. As asociacións e organizacións representativas de intereses económicos e sociais serán titulares de intereses lexítimos colectivos nos termos que a lei recoñeza.
3. Cando a condición de interesado derivase dalgunha relación xurídica transmisible, o habente dereito sucederá en tal condición calquera que sexa o estado do procedemento».
2º. Por todo o indicado, requírese a persoa afectada por esta notificación que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no taboleiro de edictos único do BOE, acredite os requisitos sinalados para o recoñecemento como parte interesada no procedemento sinalado, tendo en conta o indicado no artigo 4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
De non darse cumprimento a este requirimento, teráselle por desistida da súa petición, logo de resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
Santiago de Compostela, 15 de abril de 2025
Nicolás Vázquez Iglesias
Secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético
ANEXO I
|
DNI |
Nome e apelidos |
|
***5475** |
Mª Soledad Ovalle Orallo |
