DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 16 de abril de 2025 Páx. 22649

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

EXTRACTO da Orde do 3 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras do VIII Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento CT143A).

BDNS (Identif.): 825277.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/825277

Primeiro. Beneficiarias

Pode participar no Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea calquera persoa física, maior de idade, que presente un texto inédito en galego, relacionado con labores de investigación e produción de pensamento en arte contemporánea.

Segundo. Obxecto e finalidade

Tendo en conta a escaseza actual de canles especializadas en Galicia para publicar textos sobre arte contemporánea, o Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea ten por obxecto contribuír á investigación e produción de pensamento en arte contemporánea a través da presentación de traballos que sexan inéditos e redactados en lingua galega.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 31 de marzo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras do VIII Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea, e se convocan para o ano 2025 (http://cgac.xunta.gal/).

Cuarto. Contía

Outorgarase un só premio por un importe de tres mil euros (3.000 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 1 de setembro de 2025.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude
P.D. (Orde 28.6.2024)
Elvira María Casal García
Secretaria xeral técnica da Consellería
de Cultura, Lingua e Xuventude