A Autoridade Portuaria de Vigo, ao abeiro do establecido no Real decreto 656/2024, do 2 de xullo, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2024, realiza convocatoria para cubrir as seguintes prazas de persoal laboral fixo suxeito a convenio colectivo, polo procedemento de concurso-oposición:
– 10 prazas de policía portuaria GIII BII N2.
As bases das convocatorias e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web da Autoridade Portuaria de Vigo, www.apvigo.es, na páxina web do organismo público Portos do Estado, www.puertos.es, e na páxina www.administracion.gob.es
Os/as aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG) para a presentación de solicitudes.
Vigo, 8 de abril de 2025
Carlos Botana Lagarón
Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo
