Logo de aprobar inicialmente Plan especial de referencia mediante a Resolución da Alcaldía 2025-0406, do 1 de abril de 2025, de conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 186.1.a) do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde a última publicación no Diario Oficial de Galicia.
Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello, https://www.ribadeo.gal
Durante o devandito prazo, poderá ser examinado por calquera persoa interesada, nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes e para obter copias.
Así mesmo, suspéndese o outorgamento por un ano das licenzas urbanísticas na área afectada polo Plan especial e cuxas novas determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente.
Se, transcorrido o devandito prazo, non se presentaron alegacións, o documento será elevado para a súa aprobación definitiva, se procede.
Ribadeo, 2 de abril de 2025
Daniel Vega Pérez
Alcalde
