De conformidade co establecido no artigo 6.2 do Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local, unha vez convocado o proceso selectivo unitario para a provisión, mediante contrato laboral temporal, de postos de auxiliares de policía local, convocado mediante a Orde do 25 de febreiro de 2025, publicada no Diario Oficial de Galicia número 41, do 28 de febreiro, e por delegación do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, de conformidade coa disposición adicional única da dita orde do 25 de febreiro de 2025, a Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública
DISPÓN:
Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo unitario para a provisión, mediante contrato laboral temporal, de postos de auxiliares de policía local, coa composición que se relaciona no anexo.
A Estrada, 7 de abril de 2025
Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública
ANEXO
Proceso selectivo unitario para a provisión, mediante contrato laboral temporal, de postos de auxiliares de policía local
– Tribunal titular:
Presidenta: Paula Cajaraville Leiro, fiscal da Fiscalía Provincial de Pontevedra.
Secretaria: Mónica María Castro Pérez, xefa do Servizo de Formación en Seguridade Pública da Agasp.
Vogais:
Martina Marcos Mosquera, oficial do corpo da Policía Local do Concello de Ames.
Miguel Ángel Villasenín Grela, oficial do corpo da Policía Local do Concello de Santiago de Compostela.
Begoña del Río Martínez, policía local do corpo da Policía Local do concello de Santiago de Compostela.
– Tribunal suplente.
Presidenta: María Rey Rivera, fiscal da Fiscalía Provincial de Pontevedra.
Secretario: Manuel Castro Escariz, inspector do corpo da Policía Local do Concello de Caldas de Reis.
Vogais:
Juan José Lemos González, policía local do corpo da Policía Local do Concello de Ames.
Héctor Corgo Souto, policía local do corpo da Policía Local do Concello de Narón.
Diego García Fariña, policía local do corpo da Policía Local do Concello de Ordes.
