Unha vez convocado o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de inspectoras e inspectores de consumo, e do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de axentes de inspección, especialidade de consumo, mediante a Resolución do 6 de febreiro de 2024, á vista da proposta da comisión encargada de valorar os méritos alegados polas persoas concursantes e de conformidade coa base IX da convocatoria, esta dirección xeral, en uso da competencia delegada pola Consellería de Facenda e Administración Pública, en virtude do disposto no artigo 1 da Orde do 8 de xaneiro de 2020 (DOG número 16, do 24 de xaneiro),
RESOLVE:
Primeiro. Publicar as puntuacións provisionais das persoas concursantes admitidas para cada un dos postos solicitados no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, na epígrafe de concurso de traslados (https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/consulta).
Segundo. As persoas interesadas poderán formular reclamación contra as puntuacións provisionais no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, concretamente ata o 5 de maio. O formulario de reclamación estará á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal e deberá cubrirse e presentarse electronicamente segundo o establecido na base IV da convocatoria («Tramitación electrónica») (https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/xeracion-de-reclamacions).
A reclamación deberá especificar a alínea ou alíneas da base III sobre cales que se reclama, con indicación expresa daqueles méritos que se consideran erroneamente puntuados e a causa concreta obxecto de reclamación.
Santiago de Compostela, 14 de abril de 2025
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
