DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 2025 Páx. 22814

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo ás persoas aspirantes seleccionadas no proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo na categoría de enfermeira/o especialista en saúde mental, convocado pola Resolución do 3 de xullo de 2023.

A Lei 2/2022, do 6 de outubro, de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario con título de especialista en ciencias da saúde do Servizo Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia núm. 196, do 14 de outubro), establece medidas extraordinarias e temporais en materia de emprego público dirixidas a garantir a adecuada atención sanitaria de toda a poboación galega.

O Decreto 32/2023, do 13 de abril, polo que se aproba a oferta de emprego público para a provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario con título de especialista en ciencias da saúde do Servizo Galego de Saúde para o ano 2023, incluíu a oferta de noventa e catro (94) prazas para a categoría de enfermeira/o especialista en saúde mental co obxectivo de levar a cabo as accións previstas no Plan de saúde mental de Galicia posCOVID-19 (período 2020-2024).

De acordo coas normas citadas anteriormente, e coa finalidade de garantir a continuidade asistencial e a calidade, a eficacia e a eficiencia dos servizos co fin de impulsar a incorporación urxente, estable e permanente de persoal aos postos de difícil cobertura, e atendendo á avaliación continua e á garantía de capacidade e coñecementos que outorga o Sistema de formación especializada en ciencias da saúde, convocouse o proceso selectivo, polo sistema de concurso, para acceder á condición de persoal fixo na categoría de persoal enfermeiro especialista na especialidade de saúde mental mediante a Resolución do 3 de xullo de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 132, do 12 de xullo).

Realizado o acto telemático de elección de destino convocado pola Resolución do 28 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia núm. 47, do 10 de marzo), adxudicáronse todos os destinos ofertados.

A base décima da mesma resolución establece que, unha vez adxudicados os destinos, se publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola cal, de ser o caso, se actualice a relación de seleccionados/as e se declare finalizado o proceso selectivo, co nomeamento como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde e a asignación de destino ás persoas aspirantes seleccionadas que acrediten o cumprimento dos requisitos exixidos.

Ao abeiro da dita resolución, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar a relación actualizada de aspirantes definitivamente seleccionados/as no proceso selectivo e nomear persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde na categoría de enfermeira/o especialista en saúde mental as persoas aspirantes que se inclúen no anexo desta resolución.

Adxudicarlles aos/ás ditos/as aspirantes, con carácter de destino definitivo, a praza que figura no indicado anexo e declarar finalizado para os/as ditos/as aspirantes o concurso de méritos para o ingreso na categoría de enfermeira/o especialista en saúde mental correspondente, convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 3 de xullo de 2023.

Segundo. De acordo coa base novena da convocatoria, quedaron sen efecto todas as actuacións dos/das aspirantes seleccionados/as que, no prazo e conforme o procedemento establecido, non seleccionaron os destinos que se ofertaron pola orde de prelación que consideraron, ou non resultaron adxudicatarios/as de ningún polos que optaron. Nestes supostos, esta dirección xeral procedeu á selección de novos/as aspirantes, no número que se correspondeu coas prazas ofertadas e non elixidas polos/as aspirantes seleccionados/as inicialmente. O nomeamento realizouse pola orde de prelación que resulta da lista definitiva entre aqueles/as aspirantes que elixiron os destinos non adxudicados, con independencia da quenda de acceso do/da aspirante que non resultou adxudicatario/a.

Terceiro. Este concurso de méritos tramitouse en execución da Lei 2/2022, do 6 de outubro, de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario, e a dita lei, como figura na súa parte expositiva, inclúe no seu artigo 2 unhas garantías para que o persoal seleccionado «se incorpore e permaneza varios anos no desempeño efectivo dos postos adxudicados».

Polo tanto, en cumprimento do que dispón ese artigo 2 e a convocatoria deste concurso de méritos:

a) As persoas aspirantes nomeadas disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse de modo efectivo e permanente ao servizo activo no destino elixido e adxudicado.

A falta de incorporación ao destino nesas condicións e prazo, sen causa xustificada, sobrevida no momento da solicitude de participación no concurso, ou de forza maior, impedirá a perfección do nomeamento e a adquisición da condición de persoal estatutario fixo do/da aspirante, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións no proceso.

b) Posteriormente poderán participar nos concursos de traslados da categoría de enfermeira/o especialista en saúde mental, ou nos sistemas de promoción interna ou provisión de prazas doutra categoría, cando cumpran os requisitos comúns deses procedementos e acrediten dous anos de permanencia na situación de servizo activo no centro elixido e adxudicado como destino nesta resolución.

Aqueles/as aspirantes que tomen posesión como enfermeira/o especialista en saúde mental serán excluídos/as dos procesos de selección temporal en que estean inscritos/as no Servizo Galego de Saúde.

Respecto a outros procesos de selección de persoal fixo na categoría de enfermeira/o especialista en saúde mental xa convocados e nos cales estean participando, serán excluídos/as deles no momento en que se produza a dita toma de posesión, dado que non se pode acceder posteriormente á mesma especialidade en que xa acredita a condición de persoal fixo. Trátase, en concreto, do concurso-oposición convocado pola Resolución do 15 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 3, do 4 de xaneiro de 2023) e do concurso de méritos de estabilización convocado pola Resolución do 26 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 4, do 5 de xaneiro de 2023).

Cuarto. En aplicación da base 10.3 da resolución de convocatoria do proceso, a non incorporación ao servizo activo no destino adxudicado e no prazo establecido impedirá a perfección do nomeamento e a adquisición da condición de persoal estatutario fixo do/da aspirante, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións no proceso. Neste suposto, o órgano convocante procederá a seleccionar e nomear persoal estatutario fixo da categoría novas persoas aspirantes, no número que corresponda e pola orde de prelación que resulte da lista definitiva da categoría entre aqueles/as aspirantes que teñan elixidos os destinos non adxudicados, con independencia da quenda de acceso do/da aspirante que non se incorporou ao servizo activo.

Quinto. De conformidade coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, os/as aspirantes seleccionados/as deberán realizar, con carácter obrigatorio e nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo no Diario Oficial de Galicia, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero que recolle o artigo 157 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.

Non terán que realizar esta actividade formativa as persoas aspirantes seleccionadas que a realizasen con anterioridade, conste rexistrada en Fides/expedient-e e fose debidamente validada.

Sexto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección xeral, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente, na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2025

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Definitivamente seleccionados, nomeamento e adxudicación de destino

DNI

Apelidos e nome

Centro directivo

Centro

Concello

Quenda

***1104**

ACEA LOPEZ, LORENA

A.S. da Coruña e Cee

Complexo Hospitalario Universitario A Coruña

Coruña, A

-

***8161**

ALONSO MOREIRA, DIANA

A.S. da Coruña e Cee

Complexo Hospitalario Universitario A Coruña

Coruña, A

-

***6361**

ALONSO PEREZ, NATALIA

A.S. de Vigo

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

Vigo

-

***7564**

ALVAREZ BARCIELA, MARTA

A.S. de Vigo

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

Vigo

-

***6438**

ALVAREZ DUARTE, AROA

A.S. de Vigo

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

Vigo

-

***6251**

ALVAREZ GOMEZ, TAMARA

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Hospital Público de Verín

Verin

-

***7646**

ANEIROS NARANJO, JENNIFER

A.S. da Coruña e Cee

Complexo Hospitalario Universitario A Coruña

Coruña, A

-

***0222**

BAÑA SANMARTIN, ALICIA

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

Santiago de Compostela

-

***9601**

BAQUEIRO VALLADARES, MARIA DOLORES

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

Pontevedra

-

***9028**

BARCALA AMORIN, BEATRIZ

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

Santiago de Compostela

-

***6351**

BARREIRO PESADO, ANA

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

Pontevedra

-

***5011**

BELLIDO PASTRANA, OSCAR MARIA

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

Santiago de Compostela

-

***8868**

BENAVENTE GAJATE, ELENA

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

Ourense

-

***7773**

BERDION MARCOS, VANESA

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

Ourense

-

***6403**

BORJA ANDRES, HECTOR

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Complexo Hospitalario Universitario de Lugo

Lugo

-

***5053**

CABALLERO BELLO, KARLA ALEXIS

A.S. da Coruña e Cee

Complexo Hospitalario Universitario A Coruña

Coruña, A

-

***5386**

CARBALLO OTERO, JUAN JOSE

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

Ourense

-

***5156**

CASTRO SANCHEZ, LUCIA

A.S. da Coruña e Cee

Complexo Hospitalario Universitario A Coruña

Coruña, A

-

***8635**

CID DORRIBO, ALMUDENA

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

Ourense

-

***3432**

COCHON IGLESIAS, CARLA

A.S. de Vigo

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

Vigo

-

***7649**

CORREA SOTO, NOA

A.S. de Vigo

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

Vigo

-

***3491**

COUTO VARELA, SILVIA MARIA

A.S. da Coruña e Cee

Complexo Hospitalario Universitario A Coruña

Coruña, A

-

***4195**

DIEZ MARTINEZ, REGINA

A.S. da Coruña e Cee

Complexo Hospitalario Universitario A Coruña

Coruña, A

-

***9864**

DOMINGUEZ MARTINEZ, ANA MARIA

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

Ourense

-

***8351**

ESLAVA NODAR, NOELA

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

Pontevedra

-

***6192**

ESPIÑO LAMAS, ELENA

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Complexo Hospitalario Universitario de Lugo

Lugo

-

***9640**

ESTEVEZ FOLGAR, NEREA

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

Santiago de Compostela

-

***4717**

FACORRO REGUEIRA, NEREA

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Complexo Hospitalario Universitario de Lugo

Lugo

-

***0173**

FEIJOO BARBEITO, MARINA

A.S. de Vigo

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

Vigo

-

***2893**

FERNANDEZ FERNANDEZ, CARLOS

A.S. de Vigo

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

Vigo

-

***0571**

FERREIRA GARCIA, ANXO

A.S. de Vigo

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

Vigo

-

***1591**

FERRO BUA, VERONICA

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

Pontevedra

-

***4663**

FORJAN GONZALEZ, ANA

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

Santiago de Compostela

-

***4231**

FUNGUEIRIÑO CASTRO, MARIA JOSE

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

Santiago de Compostela

-

***9146**

GARCIA ALVAREZ, AITANA

A.S. de Ferrol

Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide

Ferrol

-

***0265**

GARCIA ALVAREZ, MARIA VANESA

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Hospital Público de Valdeorras

Barco de Valdeorras, O

-

***4453**

GARCIA GARRIDO, SARA

A.S. da Coruña e Cee

Complexo Hospitalario Universitario A Coruña

Coruña, A

-

***9789**

GARCIA PRADOS, MARIA PILAR

A.S. de Ferrol

Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide

Ferrol

-

***5918**

GARCIA SURRIBAS, LUCIA

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

Pontevedra

-

***2901**

GOMEZ GARCIA, MONICA

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

Ourense

-

***1104**

GONZALEZ FERNANDEZ, DELIA

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

Ourense

-

***7440**

GONZALEZ LOPEZ, LUCIA

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Complexo Hospitalario Universitario de Lugo

Lugo

-

***9000**

GONZALEZ PEREZ, SORAYA MARIA

A.S. de Vigo

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

Vigo

-

***0737**

GONZALEZ ROADE, MARTA

A.S. de Vigo

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

Vigo

-

***4547**

GONZALEZ SANCHEZ, HECTOR

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Complexo Hospitalario Universitario de Lugo

Lugo

-

***9552**

GONZALEZ SANMIGUEL, SUSANA

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

Ourense

-

***3633**

HERNANDEZ PATIÑO, PALOMA

A.S. da Coruña e Cee

Complexo Hospitalario Universitario A Coruña

Coruña, A

-

***0415**

HIDALGO ALVAREZ, SOFIA

A.S. da Coruña e Cee

Complexo Hospitalario Universitario A Coruña

Coruña, A

-

***0685**

INSUA BARCA, JOSE ALEJANDRO

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

Santiago de Compostela

-

***7565**

JIMENEZ RODRIGUEZ, IRIA

A.S. de Ferrol

Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide

Ferrol

-

***9822**

LOPEZ HERMIDA, CESAR

A.S. de Vigo

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

Vigo

-

***7022**

LOPEZ LOPEZ, CARLA

A.S. da Coruña e Cee

Complexo Hospitalario Universitario A Coruña

Coruña, A

-

***2984**

LOPEZ VIGIL, ELIZABET

A.S. de Ferrol

Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide

Ferrol

-

***8507**

MACEIRA SOTO, OLALLA

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

Ourense

-

***9334**

MARIÑO GUEDE, MIRIAM

A.S. de Vigo

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

Vigo

-

***1142**

MARTINEZ FERREIRO, SARA

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

Pontevedra

-

***8461**

MOLEDO CARREÑO, MARIA

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

Santiago de Compostela

-

***6091**

MONTOYA ORTE, BEATRIZ MARIA

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

Ourense

-

***2786**

NOYA VARELA, RAQUEL

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

Santiago de Compostela

-

***1767**

PARADELO RODRIGUEZ, NOA MANUELA

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

Ourense

-

***8737**

PAZ PORTO, SARA

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

Pontevedra

-

***3349**

PAZOS SAINZA, LORENA

A.S. de Vigo

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

Vigo

-

***3408**

PEDREIRA FRAGA, GEMA

A.S. da Coruña e Cee

Complexo Hospitalario Universitario A Coruña

Coruña, A

-

***2101**

PENA DIAZ, JESSICA

A.S. da Coruña e Cee

Complexo Hospitalario Universitario A Coruña

Coruña, A

-

***4081**

PENAS BUSTO, SARA

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Complexo Hospitalario Universitario de Lugo

Lugo

-

***9476**

PEREIRA RODRIGUEZ, MARIA MAITE

A.S. de Vigo

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

Vigo

-

***9389**

PEREZ BALTAR, ALMUDENA

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

Ourense

-

***8701**

PEREZ DIAZ, ALMUDENA

A.S. de Ferrol

Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide

Ferrol

-

***8162**

PINTIEL ARRUEGO, MARIA PILAR

A.S. de Ferrol

Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide

Ferrol

-

***7366**

PINTOS BAILON, SARAI

A.S. de Vigo

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

Vigo

-

***0811**

PIÑEIRO OTERO, SILVIA

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

Pontevedra

-

***8251**

PIÑEIRO VAZQUEZ, EVA

A.S. de Vigo

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

Vigo

-

***8251**

PIÑEIRO VAZQUEZ, SARA

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

Pontevedra

-

***6227**

POTEL VILLAR, MARIA

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

Santiago de Compostela

-

***0686**

RODRIGUEZ CARREIRA, CARLOTA

A.S. da Coruña e Cee

Complexo Hospitalario Universitario A Coruña

Coruña, A

-

***4560**

RODRIGUEZ GOMEZ, MARTA

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

Santiago de Compostela

-

***0706**

SALAS CASTRO, MARTA

A.S. da Coruña e Cee

Complexo Hospitalario Universitario A Coruña

Coruña, A

-

***4509**

SEIJAS ALFONSO, MARIA JOSE

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Complexo Hospitalario Universitario de Lugo

Lugo

-

***8587**

SUAREZ ROSALES, NATALIA

A.S. da Coruña e Cee

Complexo Hospitalario Universitario A Coruña

Coruña, A

-

***0214**

TABEAYO PREGO, LIDIA

A.S. da Coruña e Cee

Complexo Hospitalario Universitario A Coruña

Coruña, A

-

***9439**

TAPIA JARA, IRATXE

A.S. de Vigo

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

Vigo

-

***7064**

TORRES PRIETO, ANA

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

Ourense

-

***0761**

TUÑAS GESTO, PATRICIA

A.S. de Vigo

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

Vigo

-

***0876**

VARELA BETOLAZA, MARTA

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

Pontevedra

-

***3650**

VAZQUEZ GONZALEZ, ALEXIA

A.S. de Vigo

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

Vigo

-

***5401**

VAZQUEZ LOPEZ, NEREA

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

Santiago de Compostela

-

***1083**

VEIRAS VEIRAS, TANIA

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

Santiago de Compostela

-

***9210**

VICENTE GONZALEZ, SANDRA

A.S. de Vigo

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

Vigo

-

***3883**

VIDAL TARELA, CRISTINA

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

Pontevedra

-

***9112**

VILA ESPIÑO, MARIA JOSE

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

Santiago de Compostela

-

***6273**

VILARIÑO BARREIRO, MARIA DEL CARMEN

A.S. da Coruña e Cee

Complexo Hospitalario Universitario A Coruña

Coruña, A

-

***4880**

VILARIÑO RODRIGUEZ, ANA MARIA

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

Santiago de Compostela

-

***2005**

VILLAMANDOS GARCIA, DIANA

A.S. da Coruña e Cee

Complexo Hospitalario Universitario A Coruña

Coruña, A

-

***6461**

ZURRON MADERA, PAULA

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Complexo Hospitalario Universitario de Lugo

Lugo

-

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.