DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 2025 Páx. 22823

IV. Oposicións e concursos

Valedor do Pobo

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2025 pola que se resolve o procedemento de libre designación do posto de xefe/a do Servizo de Apoio da institución, convocado pola Resolución do 13 de decembro de 2024.

Mediante a Resolución do Valedor do Pobo, do 13 de decembro de 2024, aprobouse a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de xefe/a do Servizo de Apoio da institución.

A convocatoria publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 246, do 23 de decembro, e no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia nº 135, do 2 de xaneiro de 2025.

Finalizada a tramitación do procedemento, no exercicio das funcións que me atribúe a Lei 6/1984, do 5 de xuño, do Valedor do Pobo, e o artigo 7.l) do seu Regulamento de organización e funcionamento,

RESOLVO:

Adscribir a Rosa Ana Prada Queipo ao posto de xefa do Servizo de Apoio.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o Valedor do Pobo, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2025

María Dolores Fernández Galiño
Valedora do pobo