O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2 a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.
O proxecto das obras que se citan no encabezamento foi aprobado o 20 de setembro de 2024, polo Presidencia de Portos de Galicia, que, de acordo coa súa normativa de creación, ten neste expediente a condición de beneficiaria coas facultades de impulso do expediente e, para tal efecto, elevou a correspondente proposta de expropiación á Consellería do Mar, que ten a condición de Administración expropiante.
A relación de bens e dereitos en que se concreta a declaración de urxente ocupación, que foi sometida á información pública, aparecen recollidos e valorados no devandito proxecto.
Por medio do Decreto 9/2025, do 20 de xaneiro, publicado no DOG núm. 25, do 6 de febreiro, o Consello da Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e de urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos necesarios para a execución das obras de estabilización de noiros no porto de Maniños-Barallobre (A Coruña).
Na súa virtude, logo do levantamento das actas previas á ocupación o pasado día 25 de marzo de 2025 e en cumprimento do disposto no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, a Subdirección Xeral de Coordinación Orzamentaria e Contratación da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, designada para actuar como representante da Administración expropiante, resolve convocar os titulares das parcelas parcialmente afectadas pola expropiación forzosa urxente que se reflicten no anexo a esta resolución, para que comparezan na Casa do Concello de Fene, ás 10.00 horas do día 23 de abril de 2025, para proceder ao levantamento das actas de pagamento do depósito previo e de ocupación.
A este acto deberán acudir os titulares afectados que se identifican no anexo persoalmente, ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuaren no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e o documento nacional de identidade, e poden comparecer, pola súa conta, acompañados polos seus asesores, peritos e/ou notario.
Así mesmo, poderanse formular por escrito, ante a Secretaría Municipal do concello ou a xefatura da Zona Norte de Portos de Galicia, ata o día sinalado para o levantamento das actas, cantas alegacións consideren oportunas para os efectos de emendar os posibles erros da mencionada relación.
Este anuncio notificaráselles individualmente aos interesados identificados, e será tamén obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, nun dos diarios de maior circulación da provincia respectiva e no taboleiro de anuncios do concello.
Xúntase a esta resolución como anexo a relación de parcelas e de persoas propietarias afectadas pola expropiación, así como a respectiva contía conxunta do depósito previo e a indemnización pola rápida ocupación, en caso de existir esta última.
Santiago de Compostela, 3 de abril de 2025
Roberto Corbal González
Subdirector xeral de Coordinación Orzamentaria e Contratación
ANEXO
Relación de bens e dereitos de necesaria expropiación e contía do depósito previo
|
Identificación parcela Ref. catastral |
Poboación e municipio |
Propietaria |
Domicilio |
Total depósito previo e indemnización por rápida ocupación |
Sup. catastral terreo e sup. afectada m2 |
|
5326854NJ6152N0000KF |
Maniños-Barallobre Fene |
Mercedes Crego López DNI: **614*** |
Calle Terra, nº 9, 4º, 15402 Ferrol (A Coruña) |
212,90 euros |
765 m2 |
|
53268A1NJ6152N0001HG |
Maniños-Barallobre Fene |
Aradas Carril, María Dolores; Freijomil Aradas, Laura y Freijomil Aradas, Adrián DNI: ***1999** ***1522** ***1522** |
Calle de la carretera de Castilla, 47, Es.: 1, Pl.: 04, Pt.: DR, 15403 Ferrol (A Coruña) |
35,77 euros |
128,50 m2 |
|
5326895NJ6152N0001RG |
Maniños-Barallobre Fene |
Rodríguez Meizoso, Adelaida DNI: |
CM Bouza da Pena, 1, 15500 Fene (A Coruña) |
15,92 euros |
147 m2 |
|
5326874NJ6152N0001UG |
Maniños-Barallobre Fene |
Lemos Montanet, María del Carmen DNI: ***1321** |
CR de A Palma, 113, 15528 (A Coruña) |
5,80 euros |
37 m2 |
|
5326894NJ6152N0001KG |
Maniños-Barallobre Fene |
Jorge Francisco Crego López DNI ***012*** |
Calle Sol, 84-j, 3º D, 15402 Ferrol (A Coruña) |
30,86 euros |
285 m2 |
