Primeiro. De conformidade co establecido no artigo 21.4 do Decreto 16/2024, do 18 de xaneiro, polo que se regula o réxime xurídico e o Rexistro de Montes de Varas, Abertais, de Voces, de Vocerío ou de Fabeo, acórdase someter a información pública a solicitude de inscrición do monte abertal de Buisán, do concello da Fonsagrada, por un prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Segundo. A documentación da citada solicitude de inscrición pódese consultar en:
– Lugar: Servizo de Montes de Lugo. Rolda da Muralla, 70, baixo 2º.
– Horario: das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres
–Teléfonos de contacto: 982 88 92 56 ou 982 88 92 22.
Terceiro. As persoas físicas e xurídicas interesadas, e a cidadanía en xeral, poden facer as suxestións que consideren oportunas a través do procedemento PR004A, para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema específico e que está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica
Así mesmo, as persoas físicas poderán presentar as súas suxestións por escrito en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dirixido ao Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo.
Lugo, 4 de abril de 2025
Mª Olga Iglesias Fontal
Directora territorial de Lugo
