Na sesión que tivo lugar o día 18.3.2025, o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Lugo, por unanimidade, acordou aprobar os seguintes deslindamentos entre montes veciñais e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes correspondentes:
– O MVMC Queixadoiro (exp. 75/79), pertencente aos veciños de Queixadoiro, parroquia de Triacastela; MVMC Biduedo (exp. 79/79) pertencente aos veciños de Biduedo, da parroquia de Lamas. Ambos os montes no concello de Triacastela.
O 28.9.2022 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.
Tras detectar un erro na asignación errónea das coordenadas e trasladada a dita información ás comunidades, o 27.1.2025 presentan unha acta adicional conxunta na que se fai constar o erro detectado e a correcta relación de puntos coas súas coordenadas ben asignadas. Procedemento con número de expediente 2022_194.
O 6.2.2025 o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:
• MVMC Queixadoiro: 337,62 hectáreas.
• MVMC Biduedo: 91,88 hectáreas.
Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.
Este deslindamento correspóndese co plano do anexo I, ao final deste anuncio.
– O MVMC Xestaca e Grandavella (exp. 29/79), pertencente aos veciños da parroquia de San Tomé de Recaré; MVMC Esculca, Barreira Moura, Cabaleiros e Rego do Madeiro (exp. 31/79), pertencente aos veciños da parroquia de Vilacampa. Ambos os montes no concello do Valadouro.
O 29.9.2022 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. A solicitude foi emendada o 11.12.2022. Procedemento con número de expediente 2022_241.
O 20.2.2025 o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:
• MVMC Xestaca e Grandavella: 282 hectáreas. Esta modificación ten en conta a revisión de esbozo acordada no procedemento 2022_102.
• MVMC Esculca, Barreira Moura, Cabaleiros e Rego do Madeiro: 993 hectáreas.
Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.
Este deslindamento correspóndese co plano do anexo II, ao final deste anuncio.
– O MVMC de Rubián (exp. 48/78-8/2015), pertencente aos veciños da parroquia de San Fiz de Rubián; e MVMC Mexacas, Poste, Teso, Penedo, Serra de Rubián e Devesela (exp. 3/2009), pertencente aos veciños da parroquia de Santiago de Rubián. Ambos os montes no concello de Bóveda.
O 29.9.2022 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2022_258.
O 24.9.2024, o Servizo de Montes emitiu un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:
• MVMC Rubián: 187,46 hectáreas.
• MVMC Mexacas, Poste, Teso, Penedo, Serra de Rubián e Devesela: 52,56 hectáreas.
Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.
Este deslindamento correspóndese co plano do anexo III, ao final deste anuncio.
– O MVMC Serra de Auga Levada (exp. 30/73), pertencente aos veciños de Castí, Freixeiro, San Pedro e Santa Andrea, da parroquia Quintá do Lor, concello de Quiroga; e MVMC Pedriñeira e Costa (exp. 49/75), pertencente aos veciños da parroquia de Vilachá, no concello da Proba do Brollón.
O 1.7.2024 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2024_36.
O 22.9.2024, o Servizo de Montes emitiu un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:
• MVMC Serra de Auga Levada: 483,24 hectáreas.
• MVMC Pedriñeira e Costa: 595,60 hectáreas.
Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.
Este deslindamento correspóndese co plano do anexo IV, ao final deste anuncio.
– MVMC Serra de Auga Levada (exp. 30/73), pertencente aos veciños de Castí, Freixeiro, San Pedro e Santa Andrea, da parroquia Quintá do Lor, no concello de Quiroga; MVMC Liñares (exp. 47/75), pertencente aos veciños da parroquia de Liñares, no concello da Pobra de Brollón.
O 1.7.2024 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2024_37.
O 22.9.2024, o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:
• MVMC Serra de Auga Levada: 481,73 hectáreas. Esta modificación ten en conta o deslindamento previo co MVMC Pedriñeira e Costa 2024_36.
• MVMC Liñares: 245,72 hectáreas.
Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.
Este deslindamento correspóndese co plano do anexo V, ao final deste anuncio.
Contra estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
Lugo, 4 de abril de 2025
María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo
